25.1.05

Fociños
Segundo B, púxoseme cara de preocupación; segundo eu, semello un coello co fociño inchado. A operación dental foi ben, porteime como unha campiona, tanto que os operadores me deron as grazas ao rematar de coser a enxiva por terlles permitido traballar sen interrupcións. Fixeron fotos do proceso e pretenden amosarmas; coido que os vou decepcionar, porque non me atrae nada ver ese tipo de imaxes.
Durante uns días falar resultará traballoso, non podo bicar nin sorrir e apenas me recoñezo nesta nova imaxe de nariz reducido e beizo saínte, entre coello e simio de planeta. O mellor de todo é que conservarei o dente uns aniños máis; a pesar da lata que me leva dado, téñolle cariño.
A malo é que, como me sigan fornecendo tantos agarimos, van facer de min o que non son: unha auténtica e repelente viciosa.

Ningún comentario :