Preguntoume o outro día B se lle dera algo verde a Melas e respondinlle que non. Explicoume que acababa de enterrar algo verde; primeiro fixo a coviña e logo, co seu fociño, tapouno ben tapadiño. Ao día seguinte repetiu a operación, a cuxo final puidemos asistir; á beira do eucalipto agachou algo baixo a terra e fixo o disimulado -daquela maneira-.
Pregunteille a B se non lle proía a curiosidade por saber e a súa resposta foi o colmo da consideración: "son os seus segredos; non temos por que indagar".
E aquí estamos, comestos pola curiosidade, pero discretos, respectando os segrediños da nosa cadela pequena; ela, tan riquiña, tan cariñosa e bicadora, ten cousas que agochar. Seguro, segurísimo, que cando as queira recuperar, non saberá onde están.
Amosando publicacións coa etiqueta Melas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Melas b>. Amosar todas as publicacións
24.3.15
8.2.15
Belezas
| Melas en actitude meditativa |
| Dona ollando pola "fiestra" |
Gústame a beleza que me rodea, ter a sorte de poder gozar dela e non desexar unha vida con máis acción. Creo que a acción que máis gorentei sempre é a que me contan os libros, acomodada no sofá, ao abeiro de perigos.
Claro que a vida nunha vila pequena ten algún que outro inconveniente: tarde ou cedo, chéganme comentarios que dan por certas cousas sobre min que son incorrectas ou mentiras e, cando iso ocorre, me pregunto como é posible que a xente invente con tanta
lixeireza. Será que non teñen mellores asuntos que atender. Mentres tanto, eu ao meu.
15.2.14
Para Jota
![]() |
| Dona repousando un chisco despois da carreira |
![]() |
| Dona coas orellas ao vento e a filla ao fondo |
![]() |
| Dona entre os fentos ou fieitos -como din aquí- |
![]() |
| Melas atacando |
![]() |
| Melas preparándose para atacar |
![]() |
| Dona osmando entre a herba |
![]() |
| Melas no seu tobo -día a día máis pequeno- |
![]() |
| Dona durmindo no seu recanto do sofá |
Acotío, cando volvo dos recados, recíbenme coma se houbese mil anos que non me ven e, así como me poño a abrir as ventás -actividade que realizo acompañada de Dona-, convídanme a saír á horta. Falar non falarán pero enténdeselles de marabilla. Unha vez fóra andan ao seu, coma se eu non existise, pero axiña notan a miña ausencia e véñenme buscar. Iso si, en canto me poño a cociñar, sentan moi serias e modosas ollando para min sen perder un só movemento; agardan, madía leva!, a que lles caian unhas pingas de salsa de tomate ou do que sexa, e son capaces de aturar con paciencia infinita o tempo que cumpra para recibir a propina. Como di miña nai, fan moita compañía. Eu engadiría: e non só iso.
4.2.14
Efectos domésticos de Petra
![]() |
| O enorme testo da suculenta caeu baixo o efecto do vento. |
![]() |
| O valado de madeira sobre o muro non aturou. |
![]() |
| Aquí outra vista do valado caído. |
![]() |
| E máis. |
![]() |
| E aínda máis. |
![]() |
| A terra enchoupada. |
25.1.14
A orquídea
Vai para sete anos que mercamos esta orquídea de exterior; seino porque Dona aínda non chegara á casa e a planta puido enraizar ben para resistir os "ataques" da cachorra. Despois, con Melas, tamén recibiu algúns empurróns, pero aí segue, florecendo todos os anos por estas datas.
Abráiame que logo de varios temporais, algúns con abundante sarabia, a boa da orquídea continúe viva. Aquí vola deixo para que gocedes dela.
Abráiame que logo de varios temporais, algúns con abundante sarabia, a boa da orquídea continúe viva. Aquí vola deixo para que gocedes dela.
1.1.14
Perrografías
Amparo Garrido é fotógrafa e tíñalle medo aos cans, coma min. Conseguiu vencelo psicanalizándose e descubrindo que provocaba ese pánico. Eu non acudín a esa panacea que seica din produce marabillas, quizais porque non me fixo falta ou porque son demasiado teimuda como para non intentar por min mesma atopar a orixe dos meus medos, probablemente porque me era máis doado ca a ela dar co dispositivo que se poñía en marcha cando vía un can.
Coñecina a través de FB e gustoume o seu proxecto; Dona e Melas xa estaban connosco e creo que foi por iso que o seu libro me atraía tanto: retratos de cans en primeiro plano que amosan toda a súa caninidade e a súa beleza e que lle axudaron a vencer definitivamente a súa fobia. Hai un par de días chegoume o seu libro, cunha sentida e fermosísima dedicatoria (para Peke, con todo el cariño del mundo, y también para Dona y Melas, quienes con su ternura, transformaron el miedo en amor. Amparo Garrido), que me fixo máis valioso o exemplar. E aí está, sobre a saba, a superficie máis cómoda que atopei. Encántanme as fotos, o resultado final e as palabras de Amparo; un precioso autoagasallo de Nadal.

29.12.13
Rochas
O monte da Garita queda moi preto da casa e a el imos acotío a pasear coas cadelas; elas dedícanse ás súas ocupacións favoritas, que consisten en osmar todo a fondo, buscar coellos e non pillalos nunca (do cal me alegro), choutar e correr con liberdade, roer piñas e paus e saudar a quen nos cruzamos. B goza coma un cosaco ollando as novidades que se produciron desde o día anterior e eu, basicamente, procuro non despegar moito os ollos do chan para non tropezar coas raíces e pedras; detéñome de cando en vez para mirar a contorna e descubrir cousas que non deixan de sorprenderme, coma ese piñeiro que medra no medio e medio das rochas. Porque a Garita está salferida de penedos enormes e un dos máis grandes é o miradoiro, que mesmo ten uns chanzos primitivos para agatuñar ao cume e contemplar as amplas vistas. Eu nunca subín pola sinxela razón de que logo hai que baixar e dubido moito da miña habilidade para facelo sen dano. A B, porén, encántalle imitar a Tarzán e emitir berros inconexos que o deixan coma novo.
Resulta rechamante este monte penedoso, dividido en leiras de distintos donos, cruzadas por unha morea de camiños, ao que acode xente de todo tipo: ionquis, amantes do botellón, amantes a secas, paseantes, deportistas, buscadores de setas e recolectores de piñas. O que non acabo de comprender é por que, se existen varios puntos limpos e recollida de trastes a domicilio, hai persoas que se molestan en levar alí colchóns, sofás, lavabos, bañeiras, persianas e restos varios. Sospeito que é un costume moi galego difícil de erradicar.

20.12.13
Selos
En USA é posible encargar selos co motivo que queiras e empregalos para franquear cartas e paquetes. O home de Maryland -amigo meu desde hai anos- mandou facer estes cunha foto de Dona e Melas (que figura no meu perfil de FB). Cando me chegou a súa postal de Nadal case non podía crer o que vía no sobre e sentinme moi alegre. Falei con el, agradecinllo, pero faltaba por chegar a plancha enteira con selos que aquí non son de curso legal. Gardareinos e, se podo, coareinos coma quen non quere a cousa nas escasas cartas que envío. Abofé que están guapas as nenas! Merecen divulgarse por todos os lugares do mundo. Espero que Correos non se mosquee.
12.12.13
Reaccións
É a primeira vez en sete anos que o concello pon un adorno de luciñas de Nadal na nosa zona. Como Melas non ten moito percorrido nin demasiado horizonte (a pesar dos seus tres anos e medio), os primeiros días que viu tal trebello lanzouse a ladrar coma unha tola montando tal escándalo que daban ganas de poñerlle unha buceira. Que dano poden facerlle esas luciñas? Misterio. Supoño que o descoñecido, o nunca visto, a novidade, pero é matemático: ver o trebello aceso e ladrar coma unha posesa é todo un. De nada vale que intentes calmala ou engarguelala con algunha chuche; de súpeto ponse a rosmar e ten que saír a desafogar a gusto durante todo o tempo que lle pida o corpo. A nai mírame como dicindo: "Déixaa; non ves que non entende nada?". E así andamos, entre ladridos, rosmidos, procura de aloumiños e inseguridades varias. Desde logo que, seguros, estamos seguros.
12.7.13
Cadelas, calor e outras herbas
| Melas non deixaba a pelota por se alguén se animaba |
| Dona deitada na plaqueta, abafada por completo |
Dona e Melas buscaban conforto no interior da casa e, de cando en vez, achegábanse a min procurando caricias, ignorantes -miñas pobres- da calor que os seus corpos emanaban; imposible sacalas de paseo ata a noite ou a madrugada e, por riba, tiñan que durmir dentro porque Dona estaba en celo. Aínda así entrou na horta Rouco, un can veciño polo que esta cadela sente predilección, e non sabemos canto tempo estivo aquí; así que... dentro duns días cómpre facerlle unha ecografía e, se o anano ese deixou recado (espero que o seu cativo tamaño llo impedise) haberá que tomar medidas. En fin, unha delicia.
4.6.13
Cambio II
A-LU-CI-NAN-TE.
Xa non só porque a furgoneta está ben, é doada de guiar, ten unha visibilidade estupenda e unha capacidade que supera as nosas expectativas, senón tamén porque o home que ma vendeu resultou ser un amigo de B a quen este non vía desde había trinta anos.
O encontro foi conmovedor.
Iso si, as cadelas, polo momento, non quixeron entrar. Débelles cheirar demasiado a novo.

29.3.13
Indolencia
Cando os elementos se confabulan, non hai mellor cousa que botar unha soneca no tobo preferido, tranquilas por completo e en total abandono. Peke e B están aquí, á beira, así que todo en orde.
Sería moito máis divertido andar pola horta facendo covas, osmando e perseguindo lagartos, ou ir de paseo polo monte para descubrir coellos ou á praia para xogar co mar, pero os devanditos elementos non o facilitan. Na casa tamén se está ben, aínda que, quizais, se a gran ventá permanecese aberta, para entrar e saír a vontade, a situación sería perfecta, pero xa se sabe que aos humanos non lles gusta que entren o frío e a humidade e cómpre conformarse co que hai. Total, cada vez que unha delas quere saír, abonda con pedilo e a solícita e paciente Peke acode rauda a franquear o paso. Se o aburrimento cansa, aí está B para xogar a tirar e pelexar, e Peke para aloumiñar e procurar caricias -sempre benvidas-; incluso pode caer algunha chuche de consolo se se fan ben as cousas.
Que se son felices? Eu diría que si.
27.1.13
Dúas caras
Este é o acceso ao miradoiro da Garita, un penedo desde que o que se albisca un panorama impresionante. Eu nunca subín por eses chanzos porque son prudente e realista, non porque me asuste o ascenso, senón a baixada. O camiño que leva ata alí, cruzado por corredoiras, atravesa o monte cheo de piñeiros e eucaliptos, carballos, loureiros, castiñeiros e corticeiras en diferente proporción. As leiras que o conforman pertencen a distintos donos que limpan ou non de cando en vez a broza que se vai acumulando ao longo do ano. Non debería chocar ver unha acabada de rozar a carón doutra cuberta de fentos murchos e outras malezas. Algúns puxeron letreiros prohibindo botar lixo, pero xa se sabe que a prohibición dun particular non serve para nada -a pesar de que estea no seu perfecto dereito- cando non hai cancelas nin vixilantes. Somos bastantes os que levamos a pasear os cans e vemos as porcalladas que certa xente deixa en calquera recanto; ás típicas bolsas azuis e latas de refrescos, cómpre engadir botellas de plástico, colchóns, sofás, cascallos de obras, sanitarios rotos... E non faltan anacos de papel de prata, xiringas, condóns, merda humana co seu correspondente papel hixiénico, medicamentos caducados...
Cómpre andar con coidado e con mil ollos; non me gustou nada que Dona saíse dun pequeno clareiro sacudindo a pata e dela se desprendese unha xiringa sen protección, nin que Melas, de cativa, tragase un condón usado, nin que de cando en vez se afasten de nós para comer ás agachadas a devandita merda humana malia saber que non deben facelo. Son animais e non teñen moito sentidiño cando toca manter a boca pechada. Para iso estamos nós, os humanos, para intentar protexelas do que poidamos. E o monte, quen protexe o monte?

28.11.12
Reaccións
Unha amiga preguntoume unha vez se Dona e Melas tiñan caracteres diferentes, ao que eu contestei que por suposto, madía leva!; o feito de que pertenzan á mesma especie non implica que se comporten igual ao cento por cento, como tampouco o facemos os humanos. Agora que ando con tanto coidado a causa da dor, Dona óllame abraiada a certa distancia e procura non cruzarse moito no meu camiño, aínda que se me ve sentada e tranquila, achégaseme para recibir e dar aloumiños; en todo caso, procura non separarse moito de min e acompáñame decotío. Melas -xa teño dito que lle encanta dar bicos por todo- vén con moito meneo de rabo e lámbeme os nocelos, a única parte do corpo que levo ao aire.
Aínda que semelle amor de ama, estou convencida de que SABEN que adoezo e cada unha faise cargo e reacciona ao seu xeito.
A cousa vai lenta, demasiado para o meu gusto; xa falei co médico e non se pode facer máis do que se está facendo, así que continuarei cos malabarismos para sentar e erguerme ben aferrada a paredes e mobles, seguirei cos paseíños a ritmo de anciá e pedirei a quen haxa que pedir unha pronta recuperación.
Por certo, este é o post número 1000.

17.11.12
Mañá de sábado
O ceo está cuberto por completo e cae unha chuvia mansa; non se ve o mar nin moito menos Cambados ao outro lado da ría máis grande do mundo; os piñeiros dos arredores permanecen quietos porque non sopra vento que os axite; Dona, coma adoito, deitouse á miña beira e Melas meteuse na sala de lectura a mirar polo balcón; B arranxa e ordena a cociña poñendo a proba esa facilidade tan súa para colocar moito en pouco espazo, e eu lembro o axiña que pasou a semana e a cantidade de cousas que observei e das que me informei charlando con xentes diversas. Moitos contan a súa vida, os seus problemas económicos e persoais e o difícil que se puxo todo coa crise que nos aperta; todos intentan saír adiante como poden, manteñen a esperanza e o ánimo porque hai que vivir; a maioría procura facelo en paz, sen meterse con ninguén, respectando as peculiaridades dos demais. Cambiou a actitude de tendeiros e hostaleiros, dan as grazas por todo e non aforran sorrisos amables; de feito, xa non hai quen os aforre: á fin de contas, son de balde.
4.11.12
Bechocos
Na tenda de agrofauna tiven ocasión de ver de preto un dragón barbudo sobre a man do dono e sorprendeume comprobar o pacífico e tranquilo que semellaba malia o seu impoñente aspecto. Os hámsters e coellos non por cotiáns resultan menos interesantes e gústame observalos cando comen ou se acochan uns con outros, ou cando se erguen sobre as patas traseiras e ollan ao seu redor cheos de curiosidade.
E que dicir das cadelas? Á parte de seren de seu un espectáculo moi agradable, ás veces traen inquilinos do máis sorprendente, coma o diminuto caracol -a veciña chámao caramecha- que viña prendido nun rizo de Melas. Cando o coloquei no cinceiro e vin como se movía e intentaba zafar, non puiden evitar collelo con coidado e botalo ao xardín antes de que a súa caseira se interesase demasiado por el.
20.10.12
Día de reflexión
Desde hai un par de semanas mamá non xoga moito comigo e cheira diferente; debe de ser agradable para os cans porque tanto Roco coma Imbécil xa se meteron varias veces na nosa horta con intención de xogar con ela. B sácaos de moi má maneira e Peke bótalles caldeiros de auga por riba do portón, polo que sospeito que non lles fai graza ningunha que eses dous rolden a casa e se introduzan na leira sen seren convidados.
Agora estamos as tres no estudio, Peke aporrea teclas e nós as dúas agardamos deitadas detrás da súa cadeira; fóra, B pasa a máquina de rozar e controla, para iso é o macho alfa. Teño sorte de que sexamos catro, pois mentres mamá está así, tan rara e desapegada, podo xogar con eles dous, aínda que non é o mesmo; B dáme brasa, pero Peke é moito máis repousada e mesmo se afasta de min cando me poño a correr. Sospeito que non esquece que a lesionei sen querer hai un ano, non a podo culpar.

11.8.12
Tomando un respiro
Ben é certo que os cans non súan, que se refrescan a través da lingua, e velaquí están nai e filla facendo un alto no seu xogo preferido, ese que á vista dos estraños pode semellar unha pelexa brutal, pero para os que aprendemos a afacernos non pasa dun entretemento cotián que nunca chega a maiores.Sacoden pernas, apreixan orellas cos dentes, gruñen, rosman, tómbanse panza arriba, corren, perséguense... Un verdadeiro espectáculo para os miróns, divertido e cheo de enerxía. Iso si, cómpre manterse a unha prudente distancia, non vaia ser o demo que, nunha destas, unha dentada perdida pille un anaco de carne ou un empurrón inocente acabe con unha no chan. Á fin e ao cabo son máis de trinta quilos en movemento e a forza, considerable, non está controlada.
Ninguén diría que son as mesmas que se che achegan coa cabeza baixa e cariña de inocente a pedir aloumiños e caricias, que estiran a pata para que llela collas e lámbenche calquera parte do corpo non se sabe por que escuras razóns.
Si. Son Dona e Melas.
21.7.12
Saída en familia
A festa comezou pola tarde e continuou de noite, ignoro até que hora (se é que a houbo) porque nós os catro nos retiramos cara ás tres. Era a primeira festa da dorna de Melas, que observaba todo entre asustada e abraiada e por veces refuxiábase baixo a cadeira de B; Dona, ao meu lado, decidiu que se apoiaba na miña perna para sentirse protexida, pois había moito tempo que non permanecía nun ambiente tan ruidoso.
24.6.12
Club de lectura
O xoves pasado tivemos a sorte de contar no club de lectura coa presenza de David Rubín, que nos falou polo miúdo da súa última obra, do proceso de elaboración e distribución. B e mais eu xantamos con el e escoitamos de primeira man e en exclusiva detalles do segundo tomo, de como resolveu esta ou aquela dificultade; incluso nos amosou debuxos, aínda a lapis, que tiña no seu iPad. A pesar de que fervía por botarlle o ollo e as mans enriba, preferín agardar a decembro, cando saia en papel, para gozar plenamente da obra rematada.
Cando chegamos á casa pola tarde, Dona e Melas recibírono con grandes meneos de rabo e outras mostras de ledicia, coma se fose un habitual; Dona case non se despegou del, apoiou a cabeza no seu xeonllo mentres o miraba con cariña extasiada e estivo pendente en case todo momento dos seus movementos e acenos. Seguro que soubo o especial que era o visitante para nós.
Desde que o coñezo -hai case vinte anos- asistín á súa evolución como artista e persoa e alédame constatar canto medrou e o que conseguiu con esforzo e traballo, con paixón e perseveranza. Así se fan os heroes.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)