12.1.14
Raíces
Un dos últimos temporais deixou bastantes estragos na horta e no monte. O recipiente para facer fertilizante (argheiro, chámanlle aquí), non aturou a forza do vento e desfíxose por completo, ata o punto de quedar inutilizable, pois as pestanas que agarraban as distintas pezas racharon de vez. Algúns xeranios, antes mestos e rufos, apareceron desmaiados, coma se os azos non lles abondasen para recuperarse da noite. As follas do rícino semellan peneiras despois de recibir os golpes asañados da sarabia. Algúns piñeiros do monte da Garita, amais de perder pólas e follas, víronse desarraigados e caídos case sen decatarse. E, en xeral, semella que unha batalla campal tivo lugar entre os camiños pola cantidade de pólas, piñas e follas arrincadas. Porque non todas teñen raíces tan fortes coma a da foto, que asoma nunha corredoira e é un dos motivos que obriga a mirar acotío o chan. Hoxe o ambiente está calmo. Non sei canto durará.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
3 comentarios :
Todos os invernos repetimos desastres.
Xa parará.
Todos os invernos repetimos desastres.
Xa parará.
Na Coruña onde máis se notou foi no mar. Se un esquece as perdas, un pode quedar abraiado polo espectáculo.
Publicar un comentario