21.2.15

... e once de blog

Foi coa axuda de Cesare que abrín este blog; logo viñeron outras axudas non menos importantes de persoas descoñecidas que chegaron a facerse coñecidas e coas que aínda me relaciono. Ten graza, non?
Había menos dun ano que me xubilaran e viviamos en Monte Lourido nunha casa alugada desde onde se contemplaban imaxes como as que figuran no enlace (por certo, a fotografía da pasionaria lémbrame moito a unha miña; é máis, creo que a única pasionaria que había alí era a nosa); excelente lugar para recuperarse e intentar levar unha vida normal e tranquila. Cesare e B animáronme -case me empurraron- a meterme neste mundo que me era alleo por completo. E aquí estamos, once anos despois, noutra casa noutra vila, pero co mar e o monte preto, e desde onde tamén se poden contemplar imaxes relaxantes. Xa choveu.

6 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Moitos anos para un blog. A maioría cánsase moito antes.
Hai xa once anos que non te vexo, a non ser pola foto que puxeches hai pouco. Nela vinte coma entón.

Paula G. dixo...

Noraboa, Uxía!

paideleo dixo...

Choveu e mudou todo.
E seguimos neste mundiño, bueno, eu vou por detrás túa.

Voz en off dixo...

Noraboa pois!

Paz Zeltia dixo...

Colle unha querencia ás cousas. Mesmo ás virtuais. Inda que mudou moito a maneira de estar na rede, eu tampouco abandonei o blog... no 2005 era outra plataforma, (non sei se xa existirá) outro blog só para min, por un bo tempo. No 1010 Mudei de blog e paseime ao galego. Caramba, van outros cinco anos! Igual me da por cambiarlle o nome e escribir en grego!

Noraboa

Paz Zeltia dixo...

E claro, feliz cumpre anos!