Agradezo a formación que teño porque creo que, grazas a ela, son quen de apreciar a grandeza e pequenez do mundo; sospeito que tamén inflúe o meu talante para ver con claridade que ignoro moitas cousas importantes que, para outros, son o pan noso de cada día. Gústame esa ignorancia, non por compracerme nela, senón porque, ao recoñecela, estou abrindo a porta para emendala. Sen curiosidade o gato viviría, pero non aprendería nada novo e iso sería moi triste.
Pola mesma razón, non me gustan os fachendosos nin os pedantes que intentan por todos os medios deixar pampo o persoal, xa non amosando o que saben, senón facendo gala do cúmulo de coñecementos que atesouraron ao longo da vida, poñéndose por riba dos demais, do ben e do mal, e desprezando a quen non ve as cousas coma eles.
No chamado mundo intelectual é moi frecuente atopar elementos así, que non empregan a lingua para que os entendan con claridade, senón que, asemade, desexan deixar patente que están noutro nivel, máis excelso quizais, máis exquisito. Quizais por unha deformación nacida cando impartía clase, desde o primeiro momento en que me decatei de que, se empregaba determinadas palabras, non se me entendía, procurei comezar a casa polos alicerces e non polo tellado. Iso é traballoso? Abofé que si! Cómpre buscar termos que expresen algo semellante, esmiuzar a explicación para, a seguir, introducir a palabra precisa -unha vez constatado que se comprende o seu significado- e usala con naturalidade, sen esquecer lembrar de cando en vez o concepto ao que se refire. O coñecemento non serve de nada se non se comparte e para iso cómpre adecuar o léxico que se emprega a quen nos escoita. O demais é puro farelo.
Amosando publicacións coa etiqueta cultura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura b>. Amosar todas as publicacións
15.8.15
2.2.13
No Ateneo
Moi agradable onte a presentación do Diario da viaxe cósmica á Amazônia de Tonhito de Poi. Da man de Roberto Vilar o público asistente mergullouse no proceso de elaboración do diario dun xeito ameno e agarimoso; logo o autor contou parte das súas experiencias e remitiunos ao libro ou á conversa privada para entrar en detalles que, segundo el, eran difíciles de verbalizar. Cantou, claro, e gocei coma nunca coa súa representación de dúas cancións.
Hai pouco que volvín escoitar música e aínda menos que coñecín a súa voz e o seu xeito tan sentido de cantar; inevitable non conmoverse ante a actuación deste home bo e xeneroso que decidiu compartir cos demais unha experiencia tan forte e intensa.
Houbo un momento en que me sentín algo ridícula presentando, en nome do Ateneo, unha persoa que aquí non necesita presentación ningunha e menos ante os asistentes -moitos parentes e amigos-, pero tamén fun consciente do agasallo que se me fixo. Un verdadeiro pracer.

Etiquetas:
cultura
,
literatura
,
música
,
ribeira
,
vida
27.12.12
Presentación no Ateneo
Agradable, simpática e entretida foi a presentación d'A verdadeira historia da mosca da tele de María Solar. Francisco Castro, Quico Cadaval e Tonhito de Poi acompañárona no Ateneo de Ribeira contribuíndo a que o acto resultase ameno e mesmo emotivo. En primeira fila, coma adoito, puiden escoitar sen dificultades as palabras dos catro, comprobar como funciona un verdadeiro editor, divertirme coa habelencia dun home de teatro e gozar por primeira vez da fermosa voz dun músico; e, madía leva, quedar encantada coa autora e a súa simpatía.
Agora quédame ler o libro, asinado por María Solar, que ten unha pinta estupenda. Noraboa a ela e aos seus acompañantes!
Agora quédame ler o libro, asinado por María Solar, que ten unha pinta estupenda. Noraboa a ela e aos seus acompañantes!
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)