23.2.04

Cambio de vida
Urbanícola desde a máis tenra infancia, desde hai uns meses vivo no rural, á beira do mar. Xamais pensei que me fose afacer tan ben a un tipo de vida tan distinto. Cada fiestra da casa semella unha postal; cada cambio de luz imprime nos obxectos matices infinitos; a alma pouco e pouco vaise sosegando.
Conservo aínda tics antigos, pero xa perdín o vicio de correr, de acelerarme. B está feliz e o seu ánimo éncheo todo de ledicia, de xogo, de serenidade.
Cesare estivo o venres aquí e armoume este trebello; aínda non me manexo nada ben, pero todo se andará. O importante -din- é empezar. Pois ben, xa empecei.

Ningún comentario :