24.2.04

De visita
Algúns blos (bastantes) son admirables; o deseño, a organización, os contidos, a orixinalidade... Claro que para facer algo así hai que saber algo máis que catro mariconadiñas.
¿Que agradezo nun blo? Primeiro e fundamental: que se lea ben. Nada de fondos negros, vermellos ou rechamantes que che deixan os ollos feitos unha pena. Segundo: que estea ben escrito, sen faltas de ortografía (¡por favor!), coa sintaxe coidada e coherente. Terceiro: que non sexa pedante. Cuarto e non menos fundamental: que transmita humanidade.

Ningún comentario :