4.3.05

Soños estraños

Hai unha reunión importante á que acudirán persoas de varios lugares; momentos antes recibo un correo de Vendell, con foto incluída, que me explica a súa ausencia polo vento reinante. A chamada do surf non se pode desoír, e menos se vén dun lugar coma este. A foto móvese (sospeito que niso ten algo que ver a relectura do segundo libro de Harry para o foro de Akin).

Xanto co meu mellor amigo nun restaurante da Vila Real; na sobremesa, entre e café, cóntame que algo o desequilibra: unha compañeira de traballo está namorada del ou cre estalo e a súa ansia imperiosa é satisfacer ese desexo que lle proe os adentros. Para o meu amigo a fidelidade á súa parella -da que se sente fondamente namorado- está por riba de calquera outra cousa, pero saber que forma parte dos soños de alguén pono nervioso. Confésame que non lle importaría probar. ¿Que penso eu? ¡E eu que sei! (Aquí si que non sospeito nada de nada).

O único que sospeito é que a catarreira me fixo subir a temperatura habitual.

Ningún comentario :