Desde hai un par de semanas mamá non xoga moito comigo e cheira diferente; debe de ser agradable para os cans porque tanto Roco coma Imbécil xa se meteron varias veces na nosa horta con intención de xogar con ela. B sácaos de moi má maneira e Peke bótalles caldeiros de auga por riba do portón, polo que sospeito que non lles fai graza ningunha que eses dous rolden a casa e se introduzan na leira sen seren convidados.
Agora estamos as tres no estudio, Peke aporrea teclas e nós as dúas agardamos deitadas detrás da súa cadeira; fóra, B pasa a máquina de rozar e controla, para iso é o macho alfa. Teño sorte de que sexamos catro, pois mentres mamá está así, tan rara e desapegada, podo xogar con eles dous, aínda que non é o mesmo; B dáme brasa, pero Peke é moito máis repousada e mesmo se afasta de min cando me poño a correr. Sospeito que non esquece que a lesionei sen querer hai un ano, non a podo culpar.
4 comentarios :
tes facilidade para poñerte nas cacholas perrunas...!
é un incordio cando as cadelas andan os cas. á miña pequena que tiña, inda levándoa no colo subían os cans por min arriba indo pola rúa
Aproveita agora, que a túa mamá vaille pasar o arrecendo en quince días e nin Roco , nin Imbécil lle han facer gracia. E vai volver contigo, con B e con Peke.
Entón, acabáronseche os xogos exclusivos...
Que va,Melinha,que va.
Os humans sonche bastante dèbiles e andan sempre un pouco como pisando en ovos,aparte de tenhen moi mala memoria e pra eles un ano son moitos,moitisimos dias,aseguroche que Peke xa non se acorda deso.
Ti deixaos andar a todos as suas e disfruta destes dias
encántame que os cans teñan a súa propia voz.
biquiños,
Publicar un comentario