Amosando publicacións coa etiqueta doenzas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta doenzas b>. Amosar todas as publicacións
19.11.14
Proceso (non apto para sensibles e/ou nifrosos)
Supoño que non fan falta comentarios. Resultou un proceso abondo rápido, ou iso din cando menos os entendidos. Agora estamos coa rehabilitación e tampouco vai mal, aínda que hai días que doe máis ca outros.
Dentro do que foi, non podo queixarme.
1.5.14
Fibromialxia en primeira persoa
Cando
falamos de fibromialxia en xeral referímonos a uns síntomas bastante variados,
coa dor xeneralizada entre os que máis destacan. As teorías sobre a orixe desta
enfermidade son abundantes, aínda que, por fortuna, parece claro para os
médicos españois –por fin!- que non estamos ante unha enfermidade psíquica,
senón física e ben física. A desconfianza destes cando apareceron os primeiros
doentes sospeito que se debe á picaresca tan típica do país: como nas análises
non sae nada tanxible, calquera podería finxir os síntomas e aproveitarse do
sistema, de aí que se amosasen tan reacios a considerala unha doenza real e
seria. Triste pero probable.
Esta
actitude demorou aínda máis a diagnose e moitos enfermos desesperábanse porque
debían ir de médico en médico, realizar innumerables probas e tardar anos en
comprender o que lles ocorría. Iso, con algo de sorte.
A
fibromialxia resulta incapacitante en gran medida porque limita o enfermo; este
non pode levar a cabo multitude de accións porque o corpo non lle responde.
Coller unha pota con auga, por poñer un exemplo básico, pode supoñer un esforzo
tan grande que lesione un brazo ou un ombreiro; retorcer unha baeta pode
agarrotar os músculos das mans e dos antebrazos ao tempo que provoca unha dor
súbita; os xestos máis cotiáns (coller un vaso para beber, por exemplo) ás
veces producen molestias imprevistas nas mans que obrigan a soltar o obxecto
decontado; as aglomeracións de xente causan pavor e procuran evitarse porque
calquera pode tropezar contigo e mancarte; o costume tan masculino de
agarrarche un brazo polo cóbado resulta un suplicio se tes epicondilite, e non
digamos ese costume tan feminino de reafirmar o que se di cun toque no
antebrazo para crear complicidade. En fin. A lista de limitacións é bastante
longa.
Dos
dezaoito puntos de dor, abondan once para falar da doenza. Eu, en concreto,
teño os dezaoito. Que implica iso? Implica que tanto me poden fallar as pernas
coma os brazos, os ombreiros ou o lombo, as cachas ou a zona lumbar... Polo
momento nunca me doeu todo ao mesmo tempo, agás cando hai unha crise, que se
traduce nunha canseira infinita e unha ausencia total de forzas, amais da
sensación de que unha ducia de malvados mallaron nunha a pracer.
Como
en todos estes casos, en realidade, máis que doenza, hai doentes e cada unha experimenta o proceso segundo as súas características e os seus puntos máis
febles; non hai dous enfermos de fibromialxia iguais.
Xamais tomei calmantes fortes para as dores, pois outra medicación que debo inxerir coadxuva a paliar algo os síntomas, pero hai ocasións en que unha se pregunta cousas que non teñen resposta. En termos xerais, niso consiste a fibromialxia no meu caso, aínda que non menciono ningún dos outros síntomas que se asocian á doenza. Tampouco poño enlaces, por que para que? Se alguén ten curiosidade, que busque, porque a min só me saen enlaces repetidos que non me conducen a ningures. Ollo, non me queixo. Cadaquén padece o que lle toca ou o que merece. Tan só quería compartir.
12.7.13
Cadelas, calor e outras herbas
| Melas non deixaba a pelota por se alguén se animaba |
| Dona deitada na plaqueta, abafada por completo |
Dona e Melas buscaban conforto no interior da casa e, de cando en vez, achegábanse a min procurando caricias, ignorantes -miñas pobres- da calor que os seus corpos emanaban; imposible sacalas de paseo ata a noite ou a madrugada e, por riba, tiñan que durmir dentro porque Dona estaba en celo. Aínda así entrou na horta Rouco, un can veciño polo que esta cadela sente predilección, e non sabemos canto tempo estivo aquí; así que... dentro duns días cómpre facerlle unha ecografía e, se o anano ese deixou recado (espero que o seu cativo tamaño llo impedise) haberá que tomar medidas. En fin, unha delicia.
28.11.12
Reaccións
Unha amiga preguntoume unha vez se Dona e Melas tiñan caracteres diferentes, ao que eu contestei que por suposto, madía leva!; o feito de que pertenzan á mesma especie non implica que se comporten igual ao cento por cento, como tampouco o facemos os humanos. Agora que ando con tanto coidado a causa da dor, Dona óllame abraiada a certa distancia e procura non cruzarse moito no meu camiño, aínda que se me ve sentada e tranquila, achégaseme para recibir e dar aloumiños; en todo caso, procura non separarse moito de min e acompáñame decotío. Melas -xa teño dito que lle encanta dar bicos por todo- vén con moito meneo de rabo e lámbeme os nocelos, a única parte do corpo que levo ao aire.
Aínda que semelle amor de ama, estou convencida de que SABEN que adoezo e cada unha faise cargo e reacciona ao seu xeito.
A cousa vai lenta, demasiado para o meu gusto; xa falei co médico e non se pode facer máis do que se está facendo, así que continuarei cos malabarismos para sentar e erguerme ben aferrada a paredes e mobles, seguirei cos paseíños a ritmo de anciá e pedirei a quen haxa que pedir unha pronta recuperación.
Por certo, este é o post número 1000.
Aínda que semelle amor de ama, estou convencida de que SABEN que adoezo e cada unha faise cargo e reacciona ao seu xeito.
A cousa vai lenta, demasiado para o meu gusto; xa falei co médico e non se pode facer máis do que se está facendo, así que continuarei cos malabarismos para sentar e erguerme ben aferrada a paredes e mobles, seguirei cos paseíños a ritmo de anciá e pedirei a quen haxa que pedir unha pronta recuperación.
Por certo, este é o post número 1000.
25.11.12
8.9.12
Oír
Os aparellos non posúen a versatilidade do oído nin a súa capacidade de adaptación, por iso os ambientes ruidosos constitúen un auténtico suplicio, as sirenas das ambulancias, os berros agudos dos meniños, a música dun concerto en directo, mesmo o tráfico e as buguinas chegan a resultar case insoportables, xa que fan vibrar fisicamente os audífonos e os oídos. Molestias menores, se cadra, mais suficientes para limitarme en certas actividades, é dicir, para impedirme realizalas.
Porén, oír é unha auténtica marabilla; os rechouchíos dos paxaros, o zoar das pólas, a voz humana, a música non moi alta, a unión entre un movemento e o correspondente son, a profundidade que lle dá a audición ao mundo..., todo iso é impagable.
E si, confeso que me amolan os chistes sobre xordos. Tamén me amola que non me chamen xorda e si discapacitada auditiva. Por favor!
8.3.09
A Chus e Kaplan

Temo que vos vou decepcionar, no sentido de que iso de que os animais senten o malestar do(s) seu(s) dono(s) para min é moi relativo. Quizais Dona estea afeita a verme mover con rixidez, non facer demasiados alardes co corpo e, en xeral, comportarme fisicamente coma se tivese vinte anos máis. O feito é que cando estou nunha das miñas crises, non cambia de actitude. Como sempre pide aloumiños, nesas circunstancias non noto que pida máis do habitual; achégase a min meneando o rabo e ponse en plan que?, dásme uns mecos? Se non lle fago moito caso tómbase aos meus pés e agarda tempos mellores, pero nunca protesta. Hai que engadir que mentres eu estaba maliña ela tivo dous percances estomacais que a mantiveron baixo mínimos e pouco atenta ao que a rodeaba. Non comía, trousaba e manifestábase inquieta ou apagada, tanto que a min me preocupaba máis o seu benestar có meu, que á fin de contas xa é familiar e sei que tarde ou cedo acabará pasando.
As primeiras veces que Dona se puxo mal o primeiro que pensaba é que me ía morrer, algo que a B lle provocaba unha reacción alporizada: Claro que vai morrer. Todos imos morrer. Non lle falta razón, madía leva. Abondaron uns cantos días de reflexión para que se me fose da cabeza (bastante) esa idea traizoeira que non conduce a ningures. Porque, claro, todos imos morrer.
3.3.09
De volta á normalidade
Unha crise de fibromialxia tívome bastantes días fóra de combate; á parte das dores en todo o corpo, o cansazo sen motivo aparente é o peor de levar; o que en situación normal fago en media hora, cando me dan as crises (tres ou catro por ano, máis ou menos) tardo tres veces máis e teño que parar con frecuencia para recuperal o fol. O desánimo aparece de xeito inevitable, por moito que B me diga que xa sei o que hai e que non consigo nada deixándome levar por el. Como non te vas desanimar se che doe todo, non podes coa alma e o único remedio que che dan é descansar? E se ese descanso aliviase, moi ben, pero non, apenas consegue nada.
Por fortuna xa vai pasando e espero que dentro duns días acabe a crise. Cando menos poderei volver á miña normalidade, que non é como para botar foguetes, pero fai a vida máis soportable.
Por fortuna xa vai pasando e espero que dentro duns días acabe a crise. Cando menos poderei volver á miña normalidade, que non é como para botar foguetes, pero fai a vida máis soportable.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)






