19.1.14

Boa literatura

Aínda sigo cismando n'A lúa da colleita de Anxos Sumai, unha novela perturbadora e moi ben escrita que evoca un mundo en que a realidade non é só o que aparenta, senón bastante máis. Amólanme abondo os erros, que achaco ao corrector, pois nada hai que desluza máis un texto ca unha corrección descoidada, cousa da que deberían tomar boa nota os encargados da editorial.
Pero a novela non sofre demasiado por iso, no sentido de que a escrita de Anxos Sumai é tan poderosa que o atura sen grandes problemas. Realista, lírica, tenra, por veces brutal pero sen perder de vista a humanidade, poboada de personaxes cuxas vidas e sentires atraen e repelen asemade, se cadra porque están cheos de auténtica vida, de vida literaria, que é a que importa nunha obra de ficción.
O día 31 de xaneiro presentarase no Auditorio de Rianxo, ás 8'30 do serán, e eu espero estar alí co meu exemplar.

3 comentarios :

mariajesusparadela dixo...

Lereino, se ti o aconsellas.
Onte trouxéronme o teu marmeleiro.

peke dixo...

Aínda non teño aguacates, pero no me esquezo.

Anónimo dixo...

Xa lle lin a varias persoas que paga a pena a súa lectura. Anotado queda para próximas lecturas. Saúde!
Dúas Lúas