A pavieira ten flores |
A oliveira "anana", tamén |
O marmeleiro non cabe en si de gozo |
O pexegueiro silvestre semella feliz |
Este aguacate está reservado |
As súas floriñas prometen o conto da leiteira |
Hai dous ou tres anos o aguacate estaba cheíño e B soñaba con ir ao mercado cunha gran cesta e colocarse nun recanto a vendelos. Un temporal de primavera varreu todas as flores e ollámonos sentíndonos coma parvos, igual que se debeu sentir a leiteira do conto. Veremos que pasa de aquí en adiante.
3 comentarios :
Xa se sabe que as xeadas (que estan por vir) provocarán algún aborto. Nin Gallardón o vai dar parado!
Eu teño as pereiras cheíñas e tamén empezan a aparecer algunhas flores nas cerdeiras.
Ti pode que libres, que no mar o clime é suave, pero eu moito me temo que a xeada me deixe sen nada.
Ise aguacate é unha provocación...
Que haya mucha suerte guapa ¡
Felicidades por tu cumple blog :)
En nada yo también cumplo 10 añitos ;) y parece que fue ayer ¡¡¡¡
Besos
Publicar un comentario