22.3.14

Veremos que pasa

A pavieira ten flores

A oliveira "anana", tamén

O marmeleiro non cabe en si de gozo

O pexegueiro silvestre semella feliz

Este aguacate está reservado

As súas floriñas prometen o conto da leiteira
As árbores da horta están preñadas de flores que prometen froitos, pero todo dependerá do tempo climatolóxico. O ano pasado non tivemos máis que mazás, que non se podían comer porque eran as primeiras que daba a maceira e seica esas deben caer de seu. Neste caso permaneceron na árbore unha morea de tempo e os paxariños non perderon a ocasión de peteirar nelas a pracer. Se non volve a haber temporais, quizais poidamos gorentar os resultados, mesmo regalar algúns, pero non convén poñer o carro antes dos bois nin soñar contos de leiteiras, porque o chasco sería tremendo.
Hai dous ou tres anos o aguacate estaba cheíño e B soñaba con ir ao mercado cunha gran cesta e colocarse nun recanto a vendelos. Un temporal de primavera varreu todas as flores e ollámonos sentíndonos coma parvos, igual que se debeu sentir a leiteira do conto. Veremos que pasa de aquí en adiante.

3 comentarios :

Chousa da Alcandra dixo...

Xa se sabe que as xeadas (que estan por vir) provocarán algún aborto. Nin Gallardón o vai dar parado!

mariajesusparadela dixo...

Eu teño as pereiras cheíñas e tamén empezan a aparecer algunhas flores nas cerdeiras.
Ti pode que libres, que no mar o clime é suave, pero eu moito me temo que a xeada me deixe sen nada.
Ise aguacate é unha provocación...

Brisa dixo...

Que haya mucha suerte guapa ¡

Felicidades por tu cumple blog :)
En nada yo también cumplo 10 añitos ;) y parece que fue ayer ¡¡¡¡

Besos