4.2.14

Efectos domésticos de Petra

O enorme testo da suculenta caeu baixo o efecto do vento.

O valado de madeira sobre o muro non aturou.

Aquí outra vista do valado caído.

E máis.

E aínda máis.

A terra enchoupada.

O día transcorreu cunha ventada tremenda. Dona e Melas non se atreveron a saír nin sequera a mexar; cada vez que asomaban a cabeza volvían para adentro arrepiadas. Ventaba e chovía que daba medo e pola tarde, na sobremesa, oíuse un estrondo que fixo ladrar a Melas coma unha tola:  o valado de madeira sobre o muro de pedra non resistiu a forza do temporal e parte del veuse abaixo. Haberá que encargar outro, desta vez de aluminio, que atura o que lle boten. Por riba, volveunos entrar auga pola porta cambiada de orientación; creo que desta vez entrou pola parte baixa ancorada na lousa, así que a forza do vento xa se pode supoñer. Á parte da fartura do mal tempo, desfeitas que cómpre arranxar e pagar. Esperemos que o seguro da casa contribúa en algo, que para iso está.

3 comentarios :

paideleo dixo...

E non contamos os paraugas e as molladuras !.
A ver se pechan a billa as nubes !.

mariajesusparadela dixo...

E din que a samana que ven, mais...

Chousa da Alcandra dixo...

Suma e segue...
Veredes que primavera máis explosiva imos ter. Preparade as pituitarias para gozar e os ollos para capturar tanta policromía!