15.6.14

Botas

Grazas ao blog Perrunadas, mellor dito, á súa autora, merquei unha botas de trekking ou sendeirismo para ir ao monte. Tras probar de todo e comprobar que o medo a caer ou esvarar non marchaba, aterrei un bo día nunha tenda de deportes e pedín unhas; a moza que me atendeu tróuxome unhas Bestard, das que nunca oíra falar, feitas 100% en España, en concreto en Mallorca, nunha empresa familiar que, madía leva!, non usa man de obra escrava nin menor de idade. Son moi maniática con esas cousas, que lle imos facer!, e non me apetece nada levar algo enriba elaborado por alguén que non cobra o que debe polo seu traballo. Pasear con elas foi unha experiencia estupenda: agárranse de marabilla ao chan, manteñen os pés e nocellos ben amarrados, proporcionan seguridade e paso firme e, de propina, contribúen a que non se note tanto o cansazo. O primeiro día que volvín con elas postas esta Lúa iluminaba o ceo -hai unhas corenta e oito horas- e fun quen de continuar as tarefas sen dar as boqueadas. Sen dúbida, unha compra inmellorable.

4 comentarios :

paideleo dixo...

Uf !. Eu agora non apeo as chanclas. Non imaxino andar con botas.

mariajesusparadela dixo...

Todo aquelo ó que lle sacamos partido é unha boa compra.
Agora, a disfrutalas.

Chousa da Alcandra dixo...

Teñen motor?. Entre iso e o que dis delas...serían macanudas para min!

Paz Zeltia dixo...

Unha lúa impresionante. Como tamén esas botas que parecen as de 7 leguas!