Chegou a min a triloxía dun italiano, Marco Malvaldi, composta por La brisca de cinco, El juego de las tres cartas e El rey de los juegos por obra e graza do Círculo de lectores. Novelas ambientadas no BarLume nunha viliña italiana, protagonizadas por Massimo -o dono do bar- e catro xubilados que o frecuentan, un dos cales é o avó. Comparan a Marco Malvaldi con Andrea Camillei, sospeito que por unhas características non exclusivas do mestre siciliano: humor latino, ocorrencias e fluidez discursiva. Sospeito, tamén, que cando se localiza novela negra nunha pequena vila italiana -por moita idiosincrasia que separe os habitantes dunha e outra-, hai cousas comúns (como, por exemplo, a picaresca en España). Son divertidas e entretidas, aínda que iso non é dicir moito. Unha ten a impresión de que ambos os autores soan semellantes, pero as voces, sen dúbida, son diferentes.
Gustáronme, tanto que traguei as tres seguidas, sen gana de intercalar entre elas outra lectura; prácenme a sorna dos personaxes, as sorpresas que deparan, as reviravoltas que vai adquirindo a acción. Ás veces afogaría de bo grao o avó e os seus amigos, pero non podo deixar de rir ante as reaccións que provocan en Massimo e as que este provoca nos vellos. Resultan máis que divertidas: resultan humanas.
5 comentarios :
É, para min, o mellor que se pode dicir de un libro
Grazas polas súas visitas e o afecto de sempre. A ver se desta voltamos (ou non)
Non sei se darías atopado outra compañía tan entretenida para pasar o verán...
Espero que todo vaia ben.
Hai tempo que non escribes.
Vin as liñas que escribiches no blog de Paideleo. Moito ánimo.
Por aquí agardaremos.
Publicar un comentario