2.11.14

Resumo

O verán transcorreu entre visitas recibidas e executadas por diversos motivos, entre eles unha operación materna que saíu ben, e rematou cunha operación propia para meterlle unha placa e dez parafusos ao pulso que rompín o día da patroa de Ribeira, ao enredarme cos cables do ordenador e caer coma un saco de patacas. Hai un mes que me quitaron a escaiola e os puntos e desde entón ando atarefada no proceso de rehabilitar a mobilidade da articulación; ben, eu e a miña fisioterapeuta, cuxo aspecto non fai pensar en ningunha forza maligna da Natureza, pero...
A pesar de que a inmobilización forzosa só durou dezaoito días, abondaron para converter pulso e antebrazo nunha especie de estaca que non parecía miña. Aínda hoxe, tras un mes completo de exercicios e manipulacións, cando esperto polas mañás, teño a sensación de que un anaco de madeira ocupou o lugar do antebrazo. Amais diso, teño/temos que mover a cicatriz en todas as direccións para que o proceso non sufra atrasos indesexados e, en fin... Ninguén dixo que ía ser un camiño de rosas. E niso andamos.

5 comentarios :

Chousa da Alcandra dixo...

Os camiños de rosas (ben sabes) son utopías doutros espazos interestelares. Con todo, unha Gradicela non vai ter problema para encauzar o atranco. Ti mesma o dis. No texto e no encabezado do blog...

Apertas de invernía

Sylvie Nogues dixo...

Me alegro de que tu mamá haya salido bien de la operación :)... y comprendo particularmente tu problema con el brazo, ya que yo misma llevo 6 meses con un brazo chungo y doloroso (capsulitis)... Espero que te vayas recuperando lo más pronto posible :)

paideleo dixo...

Pois con vagar has de millorar.
Benvida !.

mariajesusparadela dixo...

Sinto moito a túa caída, pero xa di chousa o que che corresponde como gradicela.
Por aquí, ímola indo.

Paz Zeltia dixo...

xa me estrañaba a min tanto tempo sin publicar nada...
alégrame que xa todo vaia collendo rumbo.

un bico