Cóntame B, mentres xantamos nun local de Vila Real, que a aspiración de moitas alumnas é casar de branco e pola Igrexa, non por crer nun sacramento, senón pola festa e o banquete; ante os seus argumentos, a máis pelexona retrúcalle un contundente e iso qué máis ten que racha calquera intento de proseguir. A maioría está convencida de que, desde ese momento, contarán coa liberdade de facer o que lles pete da súa vida.
Para o seu estupor, case todos os alumnos de Alternativa á relixión acoden ás charlas preparatorias á Confirmación, malia ignoraren en qué consiste ese acto; van porque alí se atopan cos amigos e botan uns risos, amais de gozar do viño que lle rouban ao cura, de quen se burlan sen ningún reparo.
Continúan as ameazas, insultos e batallas a golpes entre mociñas ás que lles gusta o mesmo rapaz -neste caso, repetidor de 1º de ESO, pendente na orella e actitude de castigador-, se cadra porque lle ven un atractivo irresistible sen o que non poden vivir. O xefe de estudos viuse obrigado por algúns pais a mediar no asunto antes de que chegase o sangue ao río.
Damos os últimos grolos ao tinto e machicamos os últimos bocados escollidos buscando explicacións ao que, quizais, non as necesita. A pesar de todo, seguimos buscando (polo menos eu).
18.2.05
17.2.05
Corpo
Un dos aspectos positivos de practicar ioga é que nos fai máis conscientes do corpo, até o punto de descubrirnos músculos cuxa existencia ignorabamos e revelarnos o mal que respiramos acotío.
O profesor, pequenote, peludo e indeciso á hora de escoller unha postura, insiste moito en que non forcemos, que vaiamos pouco e pouco e que cada un chegue até onde poida sen fixarse nos demais. A min, que son flexible case coma unha contorsionista, corríxeme os excesos inconscientes cun semisorriso difícil de interpretar.
Esta semana trasladámonos ao pavillón, pois no local onde adoitabamos practicar vai demasiado frío; agora, grazas a un teito máis baixo, a calor non foxe e podemos concentrarnos mellor en respirar polo abdome, manter a postura, activar as coxas e chantar mans e pés con firmeza no chan, todo ao mesmo tempo. Imposible pensar asemade no obreiro que non apareceu a pesar de xurar que viría, no cabreo provocado polos amables funcionarios locais ou na maldita billa da bañeira que se estragou outra vez. A mente vese incapaz de abranguer tanto.
Se cadra acho de menos unha relaxación final máis dirixida, aínda que non me chegasen todas as palabras; coa liberdade que nos dá para percorrer o corpo e soltalo, para observar como se espalla a distensión, corremos o risco de centrarnos nun xeonllo cando deberiamos ter chegado xa ás meixelas.
Sospeito que, dalgún xeito, consegue o esperable: que saiamos do recinto sentindo que a calma navega indolente polo noso corpo.
15.2.05
Creatividade
Leo un libro sobre este tema para min intrigante, tratado, máis ca con amenidade, coa curiosidade que inspira o funcionamento desa faceta nas persoas que a posúen. Malia estar aínda nos primeiros capítulos, quédanme claras unhas cantas características do creador: a obsesión por unha idea, a perseveranza para levala adiante e a paciencia para non deixarse achicar polos erros. Unha grande parte deles pensa que a sorte tivo moito que ver no seu éxito, mais, como afirma o psicólogo de nome impronunciable, a sorte cómpre procurala (pon exemplos moi ilustrativos).
Caio por casualidade nos comentarios ao último post de La coctelera e non podo evitar que se me desate unha fervenza de sensacións; non coñezo a Almu en persoa nin a ningún dos seus comentaristas, non son psicóloga nin psiquiatra, nin me vai nada persoal neste asunto, pero saco unhas poucas conclusións a partir do meu particular xeito de ver a vida.
Primeira: Vénme á cabeza a frase dun antigo compañeiro de traballo cando me comentaba, hai algúns anos, unha charla ofrecida por unha poetisa bastante nova: Nesta cidade de provincias, Peke, o que non se perdoa é o talento. Seguimos, deduzo asombrada, nunha cidade de provincias.
Segunda: Internet encerra un cúmulo de aspectos positivos sen conseguir desterrar os negativos. Como ben di B, só é un medio empregado polos mesmos humanos que nos cruzamos cada día; a posibilidade de permanecer ocultos ábrelles as bocas para trousar a mala baba que lles empezoña a alma.
Terceira: A letra impresa continúa sacralizada para unha gran maioría; dá igual de que trate; o feito de venderse en librerías abonda para coidar afortunado o autor e, se é o primeiro libro que publica, para envexalo e desexarlle todas as pragas de Exipto.
Cuarta: Unha vez máis, alédame non posuír nada que poida suscitar a envexa de ninguén. Mesmo teño a boa sorte de contar cunha saúde nefasta.
Quinta: ¿Conseguiremos algún día un mundo feliz?

13.2.05
Primeira cousa: a sandalia
Fíxenlle un calo no pé, si; ¿e que? Así aprenderá a limparme e a mirar onde me mete. Tenme até as mesmísimas fibelas de envorcarme nas merdas de can; alí onde hai unha, ¡zas!, o zoupón tripa con saña por moi miúda que sexa. Logo coida arranxalo todo refregándome na herba, coma se a humillación inflixida se borrase dese xeito. ¿E o meu orgullo ferido? ¿E a miña dignidade? O coiro que me conforma, ¿non padece?; ¿a goma da miña sola non merece un chisco de precaución? ¡Que se amole!
Como non sabe pisar, fun desgastando unha febra, con paciencia, sen que el se decatase. Pensaba terme domado cando empecei a actuar; amodiño, ¡eh!; tanto, tanto que aínda río lembrando a cara de desconcerto que se lle puña ao sacarme.
Agora estou de vacacións.

12.2.05
Praceres solitarios
A reflexión de Ferran sobre Una historia de la lectura de Alberto Manguel retrotráeme varios anos, cando descubrín este autor que durante un tempo leu en voz alta para Borges. Daquela eu tamén lía en voz alta para gravarlle a un alumno cego o que el non podía acadar de seu; era unha tarefa moi gratificante que multiplicaba a ledicia de ler, se cadra porque implicaba compartir un pracer acotío solitario.
Esas tardes de accidentada gravación facíanme recuperar aqueloutras xa remotas en que, ao abeiro de calquera mirada, rodeada de andeis con libros ou sentada no chan do meu cuarto, absorbía o ambiente dun sanatorio de tísicos, secaba as salpicaduras dun mar pirata que me mollaban a faciana ao ritmo da tormenta ou reprimía con dificultade os arrepíos provocados polas miñas primeiras escaramuzas co crime. Lecturas desde unha inocencia que a mesma lectura comezaba a gretar.
Durante unha época esvaeume ese intenso pracer case físico de percibir recendos, perseguir malvados, pasear por parques e, en suma, conmoverme ante uns mundos construídos con palabras, e unha indiferenza alarmante insinuou o temor de non recuperalo xamais. Coma adoito, o tempo non entende de premuras; trabucábame, claro, pero aínda o ignoraba.
Desde entón volvín sentir bastantes veces a emoción xenuína ante unha imaxe ben elaborada, un pensamento exposto con xusteza e unha acción que arrastra sen atrancos. A última, en Marte da man de Ray Bradbury, nunha moi digna tradución, hai apenas dous días. O mellor, sen dúbida: pechar o libro e preguntarte desnortado ónde estás en realidade.

Cristal (cor)
Que me desculpe MH, pero creo que hai certa relatividade nos asuntos humanos. A desgraza pode adoptar moitas caras -ou se cadra perspectivas-, ao igual cá felicidade. O que sería no chamado terceiro mundo unha fortuna, no primeiro non pasaría de anécdota patética, e viceversa, que de todo hai.
Dóeme a cara por un implante que me debían ter feito anos atrás; grazas a el dentro duns meses poderei comer dese lado da boca. Digo poderei comer dese lado da boca con plena consciencia de que moitos non poden facelo de ningún; o que para min supón unha molestia pasaxeira -algo amolada- para outros sería síntoma dunha vida mellor, pois indicaría que ata ese momento podían comer dalgún lado.
Sen cinismo e con total sinceridade, estou convencida de que comer é un dos verbos máis fermosos de calquera lingua -e de calquera realidade.

10.2.05
Olladas
En realidade, iso carece de importancia; o malo é ollar deforme desde dentro e negarse a recoñecelo.
9.2.05
Aboiando
Unha catarreira incipiente auméntame a verza varios graos e diminúe outros tantos a miña capacidade de concentración. Neste estado son capaz de cometer os erros máis rechamantes e babecos sen decatarme; as ideas deciden revoar polos arredores do cerebro sen aterrar en ningures e, así como pretendo pillar algunha, desaparece sen deixar rastro; certa frouxeira melancólica instálaseme nos adentros malia o meu pesar, e desisto de facer algo de proveito no que resta de día.
Mañá despedireime do coche para sempre; un dos mecánicos do taller mércamo antes de levalo a despezar para sacarlle o motor e as portas, pois ten un modelo igual ao meu ex. Alédome por el, que lle tirará proveito, e por min, que deixarei de romper a cabeza co asunto.
Unha cousa máis da miña vida recente á que cómpre dicir adeus, aínda que o xeito non sexa o máis desexable. Ás veces sospeito que as circunstancias se encargan de soltar lastre para obrigarnos a tirar para adiante e non mirar cara atrás, se cadra porque queda xa moi pouco que mirar.
Será verdade que a mellor maneira de pasar páxina é rachala.

7.2.05
6.2.05
Corrección de probas
Remato a primeira corrección das probas coa certeza de que, se escribise o libro agora, sería bastante diferente, exploraría outras vías e, se cadra, tería outro remate. Porén, malia os anos transcorridos, lembro en que condicións o escribín, o alento que me animaba, a mestura de xéneros que empreguei con plena consciencia, curiosa por indagar qué sairía de aí.
Daquela a escritura supoñíame unha fuxida da rutina, unha febre liberadora de tensións que aproveitaba ao máximo durante as vacacións arredándome de todo. B tiña que avisarme de que cumpría comer ou saír a pasear, pois eu permanecía amarrada ao ordenador apreixando ideas e perseguindo personaxes, ignorante de cal deles se ía desmandar, pero sabedora de que, máis tarde ou máis cedo, algún destacaría (sempre o fan). Malia que remataba o día cansa, mesmo apampada, gozaba cada minuto coma se fose o primeiro da vida.
Cando lin Fluir de Mihaly Csikszentmihalyi comprendín que iso era o que me ocorría ao embeberme na elaboración dunha historia. Sen dúbida, un dos estados máis prezados e gratificantes que coñezo.

5.2.05
Crebadura
Crébame o ánimo por enésima vez desde que se me instalaron os acúfenos. Están a piques de cumprirse seis anos do momento en que as circunstancias me deixaron este agasallo envelenado. Acotío vounos soportando porque a vida é, en xeral, fermosa e teño moito que agradecerlle, mais dez días seguidos con eles a tope de volume acaban por romperme, por facerme desexar un presente distinto. Aférrome á intuición de que o que son, o que me conforma, lle debe algo importante a esta doenza menor que, hoxe en día, continúa sen garantía de solución, pero témoa un consolo para non desesperar.
A propia existencia aprendeume que as épocas veñen por ciclos, que a unha fase de tormentas a segue outra de calma; seino; lévoo comprobado ao longo dos anos porque case todo é circular, coma a cegoña de Karen Blixen, pero isto rebórdame. O esquerdo, constante desde o comezo, varía segundo os avatares que concorran; o dereito -moi moi agudo- flutúa e experimenta subidas entolecedoras sen saber moi ben a qué responden, malia as probas realizadas (o cansazo físico ten que ver). Hoxe comportouse de xeito intolerable.
Agardo. Sigo agardando a que regresen a un nivel máis aturable.

3.2.05
Patíns
O que máis me gusta das aventuras de Tintín é a variedade de escenarios en que se desenvolven, os detalles de ambientación de cuartos, vivendas e paisaxes e algúns personaxes, entre os que se non se conta o protagonista principal, quizais porque tal cúmulo de virtudes nunha soa peza me produce sarabullo; onde estean un ou dous defectiños que se quite a perfección.
Un aspecto semellante ao de Tornasol debino de ter eu a última vez que puxen uns patíns; non se me ocorreu mellor idea que lanzarme costa abaixo para coller carreira, despois de cinco anos sen usar ese medio de transporte. En canto me decatei de que non controlaba as marchas, intentei achegarme a un farol coa intención de frear polas bravas, mais non me deu tempo: o mozo coa que saía daquela montou no seu cabalo, cabalgou lixeiro e amarroume dun brazo antes de que eu chegase ao farol.
Aínda conservo a intriga de qué ocorrería se me tivese permitido salvarme a min mesma.
2.2.05
Rapazada
Nunca fixen tal, claro; non sería politicamente correcto e, se cadra, até me acusarían de acoso a criaturas indefensas ou de abuso de poder. Debía tragar os meus sentimentos, mais non podía evitar acariñalos coa voz, adozar o trato e esmerarme en explicar máis clariño o que lles custaba asimilar. Eles notaban que algo estraño sucedía e permanecían quietiños en silencio coma cachorros que reciben agarimos. Case sempre comezaba as clases léndolles un conto, debullando as palabras para eles, intentando darlles corpo aos personaxes para que, así, a aula se enchese coa presenza de Samba Bimbiri Baramba, a lingua cociñada por Orula para o poderoso Obatalá ou o doutor Sabelotodo que atinaba por azar; libros, cadernos e apeiros de escritura permanecía durmidos a unha beira mentres nós deambulabamos por África, Cuba ou Alemaña. As súas faces ávidas e relaxadas sabíanme a mel.
Ilusionábame a idea de que, durante uns intres, os nosos problemas se convertían en pequenas e remotas sombras, tan alleas, que non tiñan cabida no escenario; tan só estabamos nós, limpos de tristuras.
(Fotografía de Sebastião Salgado).
1.2.05
Última lectura
Mergulleime durante tres días nun mundo paralelo, ávida por saber qué ocorrería; Cornelia Funke e o seu Corazón de tinta foron os responsables. Malia determinados momentos nos que decae un chisco a intensidade, mantén o interese ao longo das súas case seiscentas páxinas.
Enganchoume a idea da que parte: algúns personaxes saen de Corazón de tinta pola voz dun lector. De cativa pasei unha tempada obsesionada coa posibilidade de que sucedese iso; ollaba os libros da casa con certo temor, preocupada por que de súpeto xurdise unha bruxa, un malvado ou -peor aínda- un orco pretendendo seguir a súa historia entre as nosas paredes. Eu estudaba na cociña, mais deixaba a porta aberta para controlar os ateigados andeis do corredor e asegurarme de que todo seguía en orde, de que ningún ousara traspasar as fronteiras de papel.
Volvinme ver cos deberes sobre a mesa de formica erguendo a vista de cando en vez cara á luz e sorrindo por dentro ao constatar que ningúns monstro horrendo me espreitaba para saltarme ao pescozo. Alédome de que aquela obsesión esvaese de seu, máis ca nada porque agora teño una sección abondo nutrida de asasinos e psicópatas.

31.1.05
Collendo azos
Hai asuntos que nos resultan indiferentes, non nos producen frío nin calor e pasan ante os nosos ollos sen que en realidade os vexamos; outros, porén, actúan coma a pólvora á que se aplica un misto aceso converténdonos en foguetes indignados, entusiasmados ou multicolores. Imposible evitalo por moito que unha queira.
Cadaquén responde aos seus, unhas veces coincidentes cos nosos, outras non; ás veces seméllame unha mágoa, mais en xeral acepto esa evidencia -mesmo a celebro- porque a disparidade é o mollo da vida e sen ela enfastiaríanos o aburrimento.
O que de verdade me indigna é a impotencia, non ser quen de acelerar os procesos lentos, ignorar qué teselas contribuirían a completar o mosaico, cómo equilibralo. Decote defendín a actuación individual coma un exemplo que outros poden imitar, mais remar só acaba cansando e agradeceríase un ventiño mareiro para empurrar a barca.
Loce o sol desde hai moitos días; non viría nada mal unha tempadiña de choiva teimuda.
30.1.05
Labazada
Máis acotío do que me gustaría sacódeme a labazada da realidade coma se antes dese momento non estivese aí; nesas ocasións asoláganme o cansazo e a tristura mesturados e permanezo durante un tempo indefinido baixo os seus efectos, sen conseguir acelerar o regreso á normalidade, perdida perante a constatación da miña cegueira, apesarada por ela.
Entón doulle corda ao vicio de remoer até o esgotamento os motivos, coma se a forza de repensalos acadase esvaecelos, cando en verdade o que consigo é encistalos máis e máis. Impoñeríase un exercicio de distanciamento, difícil pero non imposible, para que as pezas do crebacabezas ocupasen os lugares habituais ou, de continuaren revoltas, non mancasen tanto.
Entrementres a realidade segue o seu curso.
28.1.05
Máquinas
Co tempo, acabei aborrecendo o continuo crepitar dos golpes que me levantaba dor de cabeza, as suxas fitas da tinta e as avarías que de xeito misterioso sufría o H, malia non ser a letra máis usada. A pesar de todo, resistinme con unllas e dentes a permitirlle ao ordenador entrar na miña casa, para abraio dos que abrazaran o invento desde o primeiro intre; pululábanme pola cabeza delirantes visións de pantallas engulindo a quen as miraba, gadoupas saíndo da mesma para aferrarlle o pescozo e esganalo e algunhas máis xurdidas de varios cruces erróneos de neuronas. Cando, por fin, non me quedou outra que admitilo, deixei pasar algúns días antes de aceptar que estaba perante unha máquina sen alma nin vontade propia, que era un aparello que me obedecería desde o momento en que aprendese a súa linguaxe e que, por suposto, non mordía.
Hoxe recoñezo as súas vantaxes mais non me sorprendo das miñas reticencias; ás veces continúo pensando que é un invento do diaño.
(Fotografía de Tina Modotti).
27.1.05
Remuíño de ideas
A situación de Amina abre portas que estaban entornadas, quizais porque Nixeria queda lonxe e outras barbaridades sonme máis inmediatas. Hai menos de cincuenta anos o adulterio da muller castigábase en España co cárcere e o ostracismo; un home que vingase a súa honra matando a pecadora-ofensora contaba con atenuantes tan calderonianas que hoxe farían rir se non fose porque carecen de graza. O silencio era case a única alternativa que tiñan as mulleres ante o maltrato, alternativa, por certo, aconsellada pola Igrexa da man dos conselleiros espirituais.
Sempre me rebelou que os asuntos privados se tratasen como delitos comúns; que calquera organismo relixioso pretenda indicar aos gobernantes cómo facer política ou lexislar; que a opinión duns cantos se erixa en verdade universal; que o fanatismo estea ancorado en palabras de séculos atrás esquecendo que nada permanece; que o sentido común sexa tan pouco común; que a liberdade individual inofensiva non se respecte; que se pase por alto a igualdade de sexos e razas; que se impoñan maneiras de pensar...
Vivo en Europa hoxe; teño sorte. Hai catro séculos, se cadra, teríanme queimado na fogueira só por ser muller rebelada contra o mundo.

Urxencia
Recibo un correo que reproduzo a seguir:
Difunde por favor:¡¡¡han llegado POCAS FIRMAS!!! El Tribunal Supremo de Nigeria ha ratificado la sentencia de muerte por lapidación de AMINA, y solamente ha retrasado la ejecución en dos meses para despedirse de su bebé. Transcurrido ese término será enterrada hasta el cuello y será apedreada a menos que una avalancha de firmas consiga disuadir a las autoridades nigerianas. Amnistía Internacional pide tu apoyo a través de tu firma en su página web.
Mediante una campaña de firmas como esta se salvó otra mujer en el pasado, Safiya, en la misma situación. Parece que por AMINA han recibido poquísimas firmas. Contacta enseguida y firma por AMINA. No pienses que no sirve de nada; a la otra mujer le salvó la vida. Haz circular este mensaje entre las personas que sabes son sensibles a esta amenaza de muerte horrible. Por favor, no dejes de hacerlo. Gracias.
26.1.05
Frío e solpores
Sentir o vento frío na face mentres se camiña a bo ritmo atráeme cada vez menos; pouco e pouco vaise impoñendo a miña faceta preguiceira, medio gatuna, e prefiro permanecer dentro da casa, ao abeiro, á caloriña, observando os rizos do mar máis e máis apertados e as pólas da palmeira veciña mexidas polo vento, coma se fosen a desordenada melena dun león engaiolado, furibundo.
O día languidece non sen agasallarnos outro solpor non adxectivable, alaranxado coma as lapas, benfeitor coma un bálsamo. Un montiño de Vila Real, o mesmo que as inmobiliarias destrúen sen dó, actúa de biombo impedíndonos contemplar o ritual nocturno do sol; se cadra este quere lavar os dentes na intimidade ou poñer o pixama sen que ninguén lle vexa os remendos. Á fin de contas, leva tanto tempo traballando que ben merece a nosa discreción.
Malia os solpores seren o máis publicitario do turismo, explotados até a náusea, confeso que nunca me cansan. ¿Quen podería cansar de encher os ollos con algo así?

25.1.05
Fociños
Segundo B, púxoseme cara de preocupación; segundo eu, semello un coello co fociño inchado. A operación dental foi ben, porteime como unha campiona, tanto que os operadores me deron as grazas ao rematar de coser a enxiva por terlles permitido traballar sen interrupcións. Fixeron fotos do proceso e pretenden amosarmas; coido que os vou decepcionar, porque non me atrae nada ver ese tipo de imaxes.
Durante uns días falar resultará traballoso, non podo bicar nin sorrir e apenas me recoñezo nesta nova imaxe de nariz reducido e beizo saínte, entre coello e simio de planeta. O mellor de todo é que conservarei o dente uns aniños máis; a pesar da lata que me leva dado, téñolle cariño.
A malo é que, como me sigan fornecendo tantos agarimos, van facer de min o que non son: unha auténtica e repelente viciosa.

23.1.05
¿Outra mudanza?
Atopo na páxina da empresa a posibilidade de que se arranxe dunha boa vez a estraña situación laboral de B. De confirmarse, aterrariamos na Ítaca de Paleón. Busco páxinas que me informen sobre a zona e recibo un sobresalto ao ver o grande que é, máis que vila, cidade xa.
Cumpriría deixar isto, adaptarse ao cambio, buscar de novo o noso lugar. Se cadra signifique o acougo por unha tempada algo longa e para min iso estaría ben, porque me gusta sentir que pertenzo a algures, que non ando á deriva sen orde nin concerto, que teño un centro...
Mais, como dixen antes, polo momento estamos aquí e agora. Mellor non pensar demasiado no que aínda non chegou.

Cea e conversa
Chega Cesare a punto para a cea: un ollomol ao forno con setas, allo picado, rodas de cebola, dados de pataca e medias lúas de cabaza, acompañado dun viño moi semellante a este. Os dous homes encaran a sobremesa con chopos de licor café até que os bocexos do convidado nos indican que son as tres da mañá e cómpre durmir; non é caso que marche para Lisboa sen repararse un chisco de tanta trasfega.
Aínda me duran os efectos do cóctel de emocións experimentado nestes dous últimos días. Bicos, apertas, cambios de impresións, sinaturas ante notario, estrepitosa caída na bañeira do hotel e a noticia de que outro fillo da miña imaxinación verá a luz pública dentro dun par de meses conseguen converterme nun axóuxere atolado incapaz de acougar un segundo. Desbócase a tecedora de plans e xa me vexo na cervexaría que inspirou a novela facendo a presentación entre botellas de marcas exóticas e nacionais, rodeada de amigos, en familia.
Mais polo momento estamos aquí e agora. Mañá, a operación dental; nuns días, o Cromagnon acometerá a obra de reparación; entre mans, proxectos que avanzan e retroceden ao ritmo de arroutadas imprevisibles.
Necesito vagar; pídemo este meu dorido corpo.

20.1.05
Ausencia de raíces
Durante algúns anos funme preparando para sacar as raíces ao aire e recortalas, por se algún día cumpría; doíame pensar que non as tiña, quizais por iso puxen tanto empeño en falsificar unhas a medida.
Se tan falsas eran, ¿por que agora, ante a inminencia dunha liquidación definitiva, me sinto tan perdida?

Miserias humanas
O luns vanme facer unha apicectomía nun incisivo central que leva dándome a lata desde hai máis de vinte e cinco anos. O máis probable é que me acaben realizando un implante, xa que non confían en que quede óso abondo para conservar a miña raíz.
En abstracto a cousa non ten maior importancia, unha pequena cirurxía -como din eles- e listo; en concreto, cómpre ter en conta o medo do paciente (non esquezamos que é libre), os nervios, a súa tendencia a desencaixar a queixada se ten aberta a boca durante algún tempo, a sensación de afogar con tantos obxectos aí metidos, e unha serie de detalliños máis que, repito, carecen de importancia.
¿Por que será, entón, que me bate o corazón coma un tambor só de pensalo?

19.1.05
Frustración
O individuo veu -¡¡por fin!!- a mirar a fochanca que impide meter o coche no garaxe, a menos que queira aterrar nas profundidades insondables do descoñecido. Entrou con mal pé antes de entrar, ao contarlle ao dono da casa unha mentira; nada máis poñerme o ollo enriba, faime unha presunta broma de corte machista que me puxo máis tesa ca un poste e xa non houbo qué lle facer; de remate, empeñouse en falar co sogro do dono en vez de co dono, malia a miña insistencia de que o sogro non pintaba nada neste enredo. Imposible reproducir o diálogo cun mínimo de fiabilidade, pero quedei rabiosa, con ganas de morder a alguén ou darlle un meneo para sacudirlle as arañeiras do cerebro.
Non son de natureza violenta, pero a estupidez extrema pode comigo. E había moito tempo que non atopaba un exemplar tan puro de Cromagnon. Non quero pensar qué ocorrerá se se fai cargo do traballo; poño en dúbida poderme conter.

17.1.05
Xordos: manual de uso II
Os xordos podemos ser irritables, non tanto a causa dos demais, canto pola propia discapacidade, que nos fai sentir unha especie de impotencia por non entender. Bastantes pensan que, se cadra, se burlan deles aproveitando que andan noutro mundo e iso vai xerando unha progresiva desconfianza que os aílla máis e máis. Outros non somos desconfiados, mais si sentimos esa impotencia que chega a manifestarse como brusquidade, aparentes malas caras ou, sinxelamente, expresión de estúpidos. Non hai que nolo tomar en conta, malia que tampouco convén pasarnos todas, que algúns se aproveitan.
Eu non sirvo demasiado de modelo porque son rara de meu e nunca fixen da xordeira un problema, até que comezou a selo por esas doenzas colaterais das que falei aí embaixo. Con todo, resulta desagradable decatarte de que non respondes á pregunta que che fan ou intervir fóra de onda porque criches oír campás malia non soaren, sobre todo nunha aula con adolescentes; pero todo ten remedio se non ocultas o problema; por regra xeral, ninguén abusa doutro que confesa unha carencia (aínda que haber, hainos).
Os xordos temos dificultades para saber de ónde veñen os sons, por iso é conveniente estar alerta se se pasea á beira dun, non vaia ser o demo que o varra un coche. Tocalos con suavidade abonda para que sigan as indicacións precisas, sen maiores espaventos nin sobresaltos, e para que rectifiquen o camiño ou salven a vida.
Coma todos os discapacitados, somos susceptibles, mais se o noso interlocutor fala con sinceridade ou pregunta ou intenta facelo o mellor posible, adoitamos colaborar encantados da vida, e máis se a comunicación é importante para nós.

Xordos: manual de uso I
Os xordos temos tendencia ao illamento, non por misantropía, senón pola inseguridade que nos provoca a deficiencia. Dirixirse a nós dándonos as costas ou de medio lado é a mellor maneira de conseguir que amosemos a nosa grosaría non respondendo e que continuemos co que levabamos entre mans coma se oísemos chover. De entrada, e como mandan os bos modais, cómpre falarnos mirándonos á cara (aínda que sexamos feos ou moi feos), para que percibamos o máis claramente posible o movemento dos beizos.
Se non se trata dun xordo total, non está de máis alzar a voz un chisco e vocalizar; os foguetes tipo mil-palabras-por-minuto farían ben en moderar a velocidade, tan perseguida nestes tempos; de nada vale atrapallarse se de verdade se pretende una comunicación efectiva.
De o xordo conservar os nervios auditivos en regular estado, non ser coqueto e usar audífonos, non hai que berrarlle en exceso, pois é peor o remedio cá enfermidade; os audífonos actuais son máquinas de precisión nas que se programan as frecuencias baixas, medias e altas de xeito independente co fin de lograr unha audición o más semellante á natural. Semellante só, imposible igual. Abonda o tubo de escape dunha moto, unha súpeta aglomeración de xente ou a sirena dunha ambulancia para que decidan contrarrestar a molestia baixando a percepción sen previo aviso; o usuario pode tardar uns minutos en recuperarse do baile auditivo, mais queda desconcertado e molesto algún tempo máis. A min, en particular, atácanme tamén os nervios.
Acotío os nosos oídos padecen doenzas colaterais (dores, asubíos, ruídos varios e imprecisos...), así que paciencia e comprensión resultan boas aliadas en calquera conversa connosco.
O cariño nunca sobra no trato entre humanos; os xordos agradecemos a delicadeza -non a mágoa-, que non nos traten coma a imbéciles (hai xordos moi listos; Edison, Goya ou Beethoven poden servirnos) e que non nos estean fitando os aparellos auditivos sen afastar a vista, por moi rechamantes que resulten; a discreción e os bos modais -repito- soen ser excelentes conselleiros.

16.1.05
La coctelera/amqs
Entrei de novo por ver se Almu volvera. Fíxoo cunha sorpresa. ¡Parabéns! O 10 de febreiro nas librarías (espero).

Fochicando
Estou que non me colle un gran de millo no cu de tanto fochicar no meu novo xoguetiño. O libro de instrucións é tan groso que mete algo de medo, mais por unha vez, e sen que sirva de precedente, as indicacións son claras -case para parvos, diría eu-, sen demasiados erros de redacción e detalladas.
Despois de percorrer camiñando a cidade de punta a punta durante unha hora, atopamos pechada a tenda onde quería mercala, así que rematamos ao meu pesar nun dos peores antros de consumo que no mundo hai. Íanseme os ollos detrás das réflex, o mesmo B as sinalaba sabendo que me perden, mais a sensatez impúxose. ¿Para que quero outra réflex se non a podo manexar ben nin cargar enriba sen axudante?
Esta é pequena, lixeira, doada de transportar nun peto ou na man e espero afacerme axiña aos seus recursos. Míroa, remíroa, tócoa, acaríñoa e imaxino en qué se converterán os paseos canda ela, recuperarei o xeito de ollar con atención fixándome en miudezas coas que voltar á casa, para logo seleccionar, escoller, amosar quizais...
Cando iamos de volta ao aparcadoiro, unha marea de cabezas avanzaba en ondas cara a nós e, de súpeto, un trebón de vitalidade detivo os nosos pasos: era Descalza acompañada de Ciberernesto, mais novo do que coidaba. Conversa rápida no medio desa arteria urbana chamada Urzáiz, desexos de sentar ante un té e conversar devagar, atordamento debido ao ruído e á masa humana e unha fame crecente leváronnos a unha despedida un chisco apresurada.
Descalza está máis guapa do que lembraba, que xa é dicir, e Ciberernesto ten esas perfebas longas e curvadas que fan soñar; dentro quedáronme preguntas, curiosidades insatisfeitas e ganas, moitas ganas de máis.
Por incrible que semelle, nas tres horas e pico que estivemos alí, tivemos catro encontros máis con coñecidos, tres deles de Auria. O mundo é un pano do nariz; prefiro non pensar qué papel nos corresponde a nós.

14.1.05
A tía Rosalía
Poñamos que morreu hai setenta anos, por situarnos máis ca nada, pois non teño constancia da precisión dese número; era irmá do meu avó o comunista, morto en Venezuela dunha anxina de peito por non morrer fusilado en España.
Segundo as miñas escasas informacións, Rosalía era moi guapa, tanto que os moscóns non lle daban repouso; mais tamén era independente, tanto que nada se podía entremeter na súa liberdade. Tivo tres fillos de dous homes diferentes e negouse de vez a casar con ningún. A maior hoxe debe de andar polos noventa; o segundo rondará os oitenta, e a terceira morreu hai, cando menos, quince anos dun cancro cerebral. A filla desta última naceu canda min, mes arriba, mes abaixo. Só a vin unha vez, de preadolescentes, e o único que lembro dela é o seu tamaño, bastante meirande có meu, como boa mexicana.
Mais quería centrarme en Rosalía, esa muller que na prehistoria escolleu vivir como quería, á marxe do que se coidaba correcto ou desexable para unha muller; miña nai falábame dela cunha mestura de fascinación e pecado (así o lembro), sen decatarse de que as súas confidencias daban ás á miña alma rebelde.
Só coñecín a Rosalía polo que me contaron, pero son capaz de imaxinar o que sería a súa vida na Compostela pretérita ao abeiro da nai, a miña bisavoa (outra muller rara). Sempre me semellou admirable, tanto que escribín unha novela na súa honra aínda que ninguén se decate.

13.1.05
Pasos
O meu lado lémure semella querer espertar da súa letarxia, aínda que non me fío en exceso; rebuldeiro e brincador, amante da compañía, en ocasións sociable até meter medo, ten unha pega nada desprezable: como bo fedello é pouco constante.
Polo momento, ofreceuse a colaborar cos donos da libraría na que onte mesmo recollín o dicionario de inglés que contribuirá á miña maior independencia. O proxecto consiste na organización dun concurso de relatos, sen límite de idade nin discriminación de lingua, co fin de darlle vidiña ao Val Miñor (como se lle faltase); falou antes de eu me decatar, mais non llo reprocho. Nos últimos tempos o meu lado moucho adquirira
demasiado protagonismo e necesitaba manifestarse se non quería languidecer de vez.
Levaba algúns meses con ganas de implicarme na vida da zona, servirlle de algo a alguén máis ca a min mesma e poñer os coñecementos que teño ao servizo dos outros. Polo menos sei elaborar bases de concursos sen consultar modelos, ler de xeito crítico e valorar un texto para ben e para mal, por algo fun xuíza ao meu pesar.
O ofrecemento foi ben acollido -creo- por todas as partes, con promesas de chamadas telefónicas para continuarmos en contacto e poñérmonos á faena e, incluso, con algún sorriso esperanzado.
Arestora, lémure e moucho andan enleados nunha das súas interminables conversas que non quero escoitar. Sei que rexouban sobre min e prefiro continuar ignorando qué opinan do tema.

12.1.05
Ás voltas co Tarot
Agasalleime hai pouco con este monumento pesado coma un mundo; encargueillo ao libreiro de Vila Real que, con moito decoro, pronunciaba Llodorowsky cando me telefonou para avisarme de que chegara; logo puxo cara de póquer ante o meu Jodorowsky, pero noteille nun rápido palpebrexar que lle fería o oído. Síntoo, pero Alejandro é chileno, así que pronuncio o seu apelido á española.
Ten de atractivo que reconstrúe o primitivo Tarot de Marseille, do que a miña colección andaba coxa pola cantidade de reproducións distintas e pouco fiables que xerou. A baralla que acompaña os dous libros decepcionoume polo tamaño, tan cativo que me cabe na man pechada, pero engaioloume pola precisión e recuperación de detalles, o rexurdir dos toques morados ausentes nas outras e a viveza xeral das demais cores.
Vou lenta na lectura e altérnoa con outros libros e revistas para non estoxarme ou bloquearme, pois a maxia require grolos miúdos, non vaia ser que nos atragoe a gorxa ou o entendemento.
Como todos os libros de Siruela, estes están moi ben encadernados, o papel satinado é unha gozada e a letra lese ben. Creo que non chorarei os cartos investidos. Iso si, se atopo esta baralla nun tamaño meirande, pediréillela aos Reis de 2006 ou insinuareime a un amigo para o meu aniversario.

Sei Shonagon
Pensaba falar deste libro, mais atopeime con que xa está -case- todo dito. Relaxoume moito.
Grazas, Ferran, pola recomendación. Tardei un pouco, pero pagou a pena.

11.1.05
Visións
Necesito lentes novos, o que non me sorprende dadas as circunstancias. Desde que este trebello do diaño entrou na miña órbita, xa se ten sumado algunha dioptría á festa, e non me parece mal mentres haxa medios para paliar os seus inconvenientes.
Unha amable moza fíxome probar distintas lentes con ese aparelliño tan antiestético até atoparmos uns que me acaían coma anel ao dedo e dentro de tres días volverei descubrir a nitidez tras rañar o peto. Porque, ¡que prezos nos lentes progresivos de calidade!
Ao saír da óptica o meu contento minguou un tanto en canto me decatei de que tamén terei que poñer ao día os lentes de sol e os de reserva, que unha é previsora (cando lle cadra) e sabe que os incidentes axexan onde menos se esperan.
Comentando co corentón que vive comigo que xa me semellaba non gozar nos últimos tempos dunha visión clara, obsérvolle unha expresión ben coñecida, acompañada da pregunta ¿cando tiveches ti visión clara? Tal intervención non podo deixala pasar sen unha demanda de explicación, máis ca nada porque esa mesma pregunta ma fago eu acotío.Quizais se deba a que o mundo se complica máis e máis o non saber moi ben a qué carta quedarme ou qué opinar ou cómo enfocar determinados asuntos;cada vez menos un SI ou un NON resultan opcións correctas e irrebatibles; cada vez máis áchome sen saber qué pensar sobre cuestións que, se cadra, tampouco son eu quen de calibrar. E non se trata de indecisión -que tamén pode ser-, senón dunha dúbida constante sobre as capacidades dos que moven os fíos do planeta e dos que permiten que os manexen coma monicreques sen mover un dedo para evitalo.
Mais o meu corentón non ía por aí, senón por outro lado moito máis persoal que non vén a conto, mais mereceu como resposta pola miña parte un tenro bico na meixela.

9.1.05
Procesos
Desde que marchamos de Auria gañamos unha tranquilidade tan benfeitora que nos converte nun par de axóuxeres que deben envolver en algodón de cando en vez a bóla sonora para non chamar a atención.
Desde que vivimos aquí collo menos catarreiras e menos fortes; os oídos agradéceno.
Desde que marchamos de Auria coñezo un equilibrio que me marabilla, cando menos, oito horas ao día.
Desde que vivimos aquí o meu B relouca de contento, ri moito máis e bromea varias veces ao día.
Desde que marchamos de Auria e vivimos aquí fixemos novos amigos sen perder os que quedaron.
Comprobo unha vez máis que os procesos son lentos mentres transcorren, ás veces duros, mais sempre traen algo mellor có que tiñamos antes de inicialos..., a pesar de todos os pesares.

Cánidos
A miña relación cos cánidos caracterizábase polo conflito: gustábanme esteticamente pero non soportaba que me viñesen uliscar nin me puxesen as patas enriba, por non citar ese costume inquietante de fitarte coa boca aberta deixando ver todos os dentes como o lobo da carapuchiña vermella.
Na casa dos meus sogros sempre houbo cans; a última adquisición, un setter irlandés do tamaño dun becerro pequeno, na súa mocidade atopou en min cheiros motivadores até o extremo de non saírme de enriba cada vez que me vía, con gran alarma pola miña parte, non pouco noxo (as babas, puaf) e unha crecente angustia que estourou o día en que, na súa ansia por demostrarme a súa adoración, case me viola.
Unha graza, si, unha graza que me levou a non aparecer por aquela casa durante os dous anos seguintes, á espera de que o can madurase abondo para saberse comportar perante miña. Cheguei mesmo a usar a roupa de B os días previos a que el fose alí, por ver qué efecto suscitaban os recendos no bicho.
A fobia foi esvaendo paseniño con gran forza de vontade e traballiños pola miña parte, medicación axeitada e elevadas doses de paciencia e amor por parte dos achegados. Agora manteño unha relación distante e equilibrada con el, aínda que el ás veces esquece que non é un cachorro manexable e pretende xogar aos seus oito anos coma se fose de xoguete e, claro, non hai maneira porque no seu entusiasmo tira contigo a pouco que baixes a garda. Ten tanta forza coma unha leoa. Chámase Rex.
Segundo os datos que teño sobre as distintas razas, o que máis me atrae é o golden retriever, doado de educar, obediente e bo guía para os minusválidos, mais cunha pega importante: é carísimo. Por outro lado, coa cantidade de cans abandonados que agardan unha adopción consciente e sensata, bótame para atrás meter na caseta da casa seiscentos euros en forma de bóla peluda, por moi riquiña que sexa, e deixar na canceira algún co que me podería entender.
Superado o medo cara a eses animais, agora descúbrome con auténtica ledicia pasando sen maiores problemas á beira dos meirandes -se vai o dono preto- ou rindo coas parvadas que fan algúns para chamar a atención. Cesare insiste en que non me viría mal a compañía dun, pero B persiste en que aínda non é o momento. (Casualidades da vida, o da foto chámase César).

8.1.05
Círculos
Onte pululaban grupos de mociñas intentando camiñar airosamente -sen excesivo éxito- sobre o calzado de tacóns vertixinosos que lles deixaran os Reis Magos. Seguro que de cativas non puideron practicar no corredor da casa derramándolle os zapatos a mamá, porque mamá calzaba, máis ben, algo así.
Outras fomos máis afortunadas e, cando a nai tiña a nosa actual idade (incluso menos) a moda empurrábaa a levar zapatiños de corte salón, punta de chuchar e tacóns de agulla, deses que embelecen as pernas e dan gráciles andares. Así, na miña primeira adultez, permitinme o luxo de alternar estes cantos contra a Natureza con calzado tan plano que compensaba os nocivos efectos do primeiro.
Logo, esa gran ditadora condenou ao ostracismo a graza a prol da comodidade, andou repartindo paus de cego e agora acepta case calquera cousa nun eclecticismo que axuda a respirar.
A min xa me colle rebelde de máis o retorno dos tacóns de agulla, con seis parafusos e unha placa no nocello dereito, desexosa de que sigan no seu sitio e práctica até o extremo de poñer nos pés só o que me serve para camiñar sen esforzo.
As solas grosas levábanse na adolescencia da miña irmá e na primeira mocidade de miña nai; os tacóns de agulla, na adultez da segunda e na primeira miña; agora rouban corazóns entre as adolescentes, cansas, quizais, de tanta deportiva e pantalón de elefante.
Recoñezo que cando vin aquelas mociñas en flor facendo equilibrios, collidas do brazo por seguridade, pensei en todas as torturas que as nosas bases padecen desde sempre porque é a moda.

7.1.05
Febre
B e mais eu estamos nun enoooorme hotel, onde compartimos suite cunha parella e os seus cinco fillos; cando estes por fin marchan, nós facemos a equipaxe collendo tubos, canos, plásticos e losetas do que semella unha obra. Cando lle preguntamos a un obreiro se podemos levar tamén unhas táboas de madeira, este dinos que de alí non pode saír nada e baleiramos as bolsas.
Un surfista aproveita a onda dun río para esvarar cara a un prado no que se apea da táboa, agárraa baixo o brazo e marcha camiñando. B xanta e eu miro á beira dunha mesa onde hai unha reunión de blogueiros, entre eles un cura (ehem); intentamos escoitar o que din, pero o oído de B non capta as palabras (eu, menos).
En escoitando os soños de B suxerinlle que puxese o termómetro e comprobase a temperatura. Agora xa está normalizada, despois de dous días de suores e fríos, toses e rabecheces. Xa comeza a bromear, síntoma inequívoco de que a gripe está pasando.
Estiven mirando coche novo. O defunto levarano a despezar. Hoxe volvino ver e semella que un xigante lle arreou cunha moca no teito ou que lle caeu unha árbore enriba ou que quedou panza arriba sobre un muro de pedra. Da impresión, treméronme de novo as pernas e debín durmir unha sesta. Todo o mundo fala marabillas del e do ben que se portou. Menos mal.

6.1.05
Recapitulando
Non se me dá demasiado ben facer balance, se cadra porque coido abondo artificial compartimentar a vida en parcelas, anos ou acontecementos, e desde hai máis ou menos unha década adoito non clasificar o que me ocorre como positivo ou negativo, senón como acontecementos sen máis. Caer, erguerse, tropezar de novo e de novo levantar cabeza non é bo ou malo per se, senón polo que nos achega, polo que nos obriga a aprender e nos forza a comprender, polas reaccións que suscita en nós e as conseguintes actuacións.
En Lonxe de África Karen Blixen conta un relatiño titulado 'Os camiños da vida' que reproduzo a seguir.
Cando eu era nena amosábanme uns debuxos, unha especie de debuxos animados que se ían formando ante os teus ollos e, entrementres, o artista contaba o seu relato. Este relato contábase sempre coas mesmas palabras.
Había un home que vivía nunha casiña redonda, que tiña unha xanela redonda e un xardín triangular diante. Non lonxe da casa había un estanque con moitos peixes. Unha noite o home espertou cun gran ruído e meteuse na escuridade para atopar a causa. Colleu o camiño cara ao estanque. Neste punto o narrador comezaba a debuxar, coma sobre un mapa dos movementos dun exército, un plano dos camiños que collía o home. Primeiro correu cara ao sur. Alí tropezou cunha pedra grande que había no medio do camiño e, un pouco más alá, caeu nunha gabia, ergueuse; caeu noutra gabia, ergueuse; caeu nunha terceira gabia, e saíu dela. Logo decatouse de que se trabucara e correu cara ao norte. Pero alí pareceulle outra vez que o ruído proviña do sur e de novo correu cara alá. Primeiro tropezou cunha pedra grande que había no medio do camiño, un pouco máis alá caeu nunha gabia, ergueuse; caeu noutra gabia, ergueuse; caeu nunha terceira gabia, e saíu dela. Agora escoitou claramente que o ruído procedía do fondo do estanque. Precipitouse cara alí e viu que fixera unha fenda grande no dique e que saía a auga xunto cos peixes. Púxose á faena e pechou o burato e só cando rematou marchou de volta á cama.
Cando á mañá seguinte o home se puxo a mirar a través da xanela redonda -o conto remataba da maneira máis dramática posible-, ¿que viu?
-¡Unha cegoña!
Karen Blixen remata cunha reflexión: Alédome moito de que me contasen ese conto. Lembreino en momentos de necesidade. O home do conto é cruelmente enganado e atopa toda clase de obstáculos no seu camiño. Podía pensar:"¡Cantas idas e vidas! ¿Que mala sorte!"
Podía terse preguntado cál era a causa de todas as súas tribulacións, non podía saber que era unha cegoña. Pero a pesar de todo seguiu tendo un propósito, nada o fixo abandonar e volver á casa, rematou o seu traballo, conservou a súa fe. Aquel home tivo a súa recompensa. Pola mañá viu a cegoña. Cánto debeu de rir.
O apuro no que me atopo, o pozo escuro en que agora estou sumida, ¿de que paxaro será o calcañar? Cando o debuxo da miña vida estea completo, ¿Verei eu, verá a xente, a cegoña?
Lin ese libro unhas seis veces en distintas épocas de tribulación e, ao chegar a este relato, un consolo balsámico acougábame o espírito. Había tempo que desexaba compartilo.

5.1.05
Os Reis Magos
Coido que nunca conseguín pillar un caramelo dos que lanzaban á rapazallada os Reis Magos desde as carruaxes, con grave risco de deixar algún torto dun disparo atinado, pero encantábame ir velos desfilar primeiro cos curmáns e as nais, logo cos amigos e aínda máis logo con B. Nada que ver os nervios e a excitación da nenez coa leve ledicia posterior, mais os rituais son iso, rituais.
Conservo gravadas a imaxe dun Baltasar nada semellante ao do ano anterior e a miña perplexidade; miña nai teimou en que era o mesmo, até que me confesou que eses non eran os reis verdadeiros, senón delegados, porque os primeiros non daban percorrido tantas e tantas cidades e precisaban axuda.
Se non me trabuco, aquel foi o derradeiro ano da crenza máis máxica de todas, grazas a unha compañeira de colexio que gozou o seu desvelándome o misterio, coa miña escandalizada negativa e, por fin, coa dúbida espetada en todos os trazos da miña face.
Arestora escoito os foguetes que anuncian a chegada de Súas
Maxestades a Nigrán confundíndoos por momentos coas toses de B (está na cama con febre, pero resístese con unllas e dentes a ir ao médico, con non pouca desesperación pola miña parte); tampouco este ano puidemos ir mirar a cabalgata nin as caras dos críos nin os seus sorrisos, pero eu continúo nunha praza da miña aldea contemplando alucinada un Baltasar transmutado sen saber qué pensar.

Ollos de saltón
Recibo un correo de Cesare encabezado por un anda que tes un ollo de mal agoiro. En efecto, Will Eisner morreu hoxe. Tiña moitos anos, compartiu a súa arte e creou escola(s). Sospeito que a iso lle chaman unha vida plena.
Cando menos, eu a homenaxe fíxenlla en vida.

4.1.05
Día estraño
Como B non anda ben (por unha vez, non son eu), fun xantar eu soa cuns amigos que viñeron visitarnos; sentinme rara sen el ao meu carón compartindo paseos, comida e momentos, pois, agás o tempo particular de cada un, adoitamos reunirnos para gozar da ledicia da amizade.
Pola tarde reuniu forzas para sumarse á conversa e agora, esgotado tras a cea, meteuse na cama a escoitar a radio mentres eu tecleo, miro o correo, axexo nos blos e intento dixerir as alegrías que me caen de aquí e de acolá.
Comprobo, unha vez máis, que a tenrura é un dos sentimentos menos interesados que existen, porque se experimenta de xeito gratuito, non espera nin pretende nada do suxeito paciente e, porén, enche o suxeito activo de todo o bo que ten a Humanidade.

3.1.05
Aclaracións
As fotos do anterior post non son da miña autoría. Qué máis quixera eu que ter a cámara xa no meu poder; pero todo está suspendido, á espera de que B se poña ben (catarreira con molestias estomacais; cousa leve pero molesta) e eu tome algunhas decisións, como, por exemplo, mercar un vehículo no que me sinta cómoda. O emprestado non me acaba de chistar, se cadra por ser demasiado grande para o meu tamaño e pouco cómodo para as miñas esixencias de benestar. Resulta incoherente ter tanta carcasa e tan pouca mobilidade interior, cando menos para min, que son a raíña da comodidade.
Que conste que fago fotos mellores (sí, mellores) cás que aparecen aí abaixo, e que son capaz de guiar calquera automóbil con dirección asistida, pero... non se trata diso. Trátase, máis ben, de identificarse co que guías ou co que disparas. E iso require un tempiño de reflexión (amais de cartos, claro).

1.1.05
Tradicións persoais
Desde que teño casa propia xamais comezo un ano sen flores; adoitaba mercalas a véspera para recibir xaneiro
coa casa en condicións e aínda obrigo a outros a compartir este meu costume enviándolles ramos ou centros floridos.
Este ano modifiquei un chisco a tradición, pois varias plantas estaban xa acuguladas de cor.
As violetas africanas reloucan na súa cesta máis louzás ca nunca, se cadra porque por fin caín da burra e non as afogo en auga coma outrora.
A schlumbergera truncata -tamén chamada zygocactus truncatus- está literalmente preñadiña até os topes, bastante máis do que se ve na foto, para ledicia de propios e estraños.
Os xeranios, fieis a pesar dos escasos aloumiños que reciben, continúan vizosos renovándose sen cesar, coma se agochasen a chave do misterio vital. Non deixa de abraiarme que continúen no balcón -e con tantas ganas- despois dos varios trebóns que padeceron; xa me indicaran que eran moi resistentes.
Tamén as azaleas saben portarse; unha está cheíña de abrochos que non tardarán en abrir e a outra -máis nova-, cuberta de algodón rosa que promete prolongarse durante unha boa tempada.
A segunda tradición persoal é ordenar o caos da miña cova o derradeiro día dun ano ou o primeiro do seguinte, se cadra coa va esperanza de que esa actividade contribúa a converterme nunha persoa máis organizada; ademais, gústame percibir orde e concerto no meu redor: din que acouga o ánimo e serena o espírito.
E así, co ánimo acougado, o espírito sereno e un chisco apampada polo que semella unha catarreira incipiente, comezo este 2005 a quen teño pensado obrigar a ser excelente.
Desde que teño casa propia xamais comezo un ano sen flores; adoitaba mercalas a véspera para recibir xaneiro
Este ano modifiquei un chisco a tradición, pois varias plantas estaban xa acuguladas de cor.
As violetas africanas reloucan na súa cesta máis louzás ca nunca, se cadra porque por fin caín da burra e non as afogo en auga coma outrora.
A schlumbergera truncata -tamén chamada zygocactus truncatus- está literalmente preñadiña até os topes, bastante máis do que se ve na foto, para ledicia de propios e estraños.
Tamén as azaleas saben portarse; unha está cheíña de abrochos que non tardarán en abrir e a outra -máis nova-, cuberta de algodón rosa que promete prolongarse durante unha boa tempada.
E así, co ánimo acougado, o espírito sereno e un chisco apampada polo que semella unha catarreira incipiente, comezo este 2005 a quen teño pensado obrigar a ser excelente.
31.12.04
Viaxeiros en tránsito
Algo máis apampada do habitual, por mor dun medicamento que me receitaron para as tripas, observo o lento avance da noitiña e penso con abraio o xa clásico un ano máis; ¡que axiña pasou!, case coma se fose a primeira vez que sentise esa especie de morriña esperanzada.
Lembro á perfección o tránsito de 1963 a 1964 -era moi cativa, pero gardo memorias moi vellas- porque me deu por cavilar no ano 2000; ¿cantos anos tería?, ¿como sería?, ¿en que me convertería? Ás dúas últimas non puiden responder, mais á primeira fíxeno cun ¡que maiooooor! alucinado.
Cando 2000 chegou, rinme un bo cacho daquela nena, pois non me notaba maior en absoluto, máis ben víame coma unha folerpa de neve caendo maina e con moito treito aínda por percorrer. Ás portas de 2005 véxome, porén, coma un foguete que sobe á cámara lenta cara ao alto, ascendendo sen pausa, sempre ascendendo.
O meu desexo para o ano que comeza é que todos os viaxeiros en tránsito atinen coa plataforma axeitada para coller ese tren voador.

30.12.04
Fatalidade
Desde ben cedo na historia do ser humano, a muller considerábase ou ben un ente etéreo e doce ao estilo mariano, libre de impurezas e de pensamentos autónomos, ou ben unha herdeira de Lilith, pozo das máis escuras perversidades, sobre todo -a peor- a de pensar de seu. Na última década escribíronse tratados bastante serios que analizan o fenómeno en profundidade, malia non conseguiren explicar de xeito claro o seu porqué.
Ávida por comprender, hai uns anos dediqueime a ler sobre o tema todo o que me semellaba interesante e abofé que atopei algúns libros esclarecedores do proceso que levou o home a establecer eses antagónicos tipos no mundo feminino. Porén, xamais aconteceu o mesmo no masculino, onde sempre se atopaban términos medios, flutuantes e variables -mesmo ambiguos ou indecisos- sen que ninguén se estrañase dunhas clasificacións tan contrapostas.
Hoxe faime (relativa) graza semellante dicotomía, mais houbo unha época en que a pregunta por qué acadaba desacougarme até extremos irritantes, coma se a forza de repetila fose atopar a pedra filosofal que transmutase o chumbo desa faceta da historia en relucente ouro.
Ídolos de perversidad de Bram Dijkstra ou Las hijas de Lilith de Erika Bornay mergúllanse na arte e na literatura para rastrexar a evolución dun tipo de muller que se deu en chamar fatal, malia que a fatalidade era ben distinta da idea que motivou o epíteto.
Will Eisner, o mestre, plasmou coma ninguén esa fatalidade feminina contrapoñéndoa á bondade -mesmo, en ocasións, simpleza- do seu heroe principal, a quen non se resiste a tratar de cando en vez cunha sorna entenrecedora, coma se non acabase de crer que tal cúmulo de cualidades poidan encerrarse nun único envase.
En calquera caso, admiro a obra dun artista capaz de crear unha obra que xa forma parte da Historia.

28.12.04
Na casa
O mal tempo aconsellounos ficar na casa, non vaia ser o demo que deamos un mal paso por esas estradas de deus ou por pontes perdidas nas alturas.
Lamento non poder ver hoxe a Opedriño, mais haberá outras ocasións para que me morda unha man ou me chuche un dedo antes de se lle afiaren os dentes.
Se hai uns días reloucaba de contento pola volta de Ike, ese tenro artista do lapis e a palabra, agora ando algo (bastante) amolada pola despedida de Teki, pois unha acostúmase ao bo e cústalle renunciar ao pracer de mergullarse nuns textos serios e humorísticos asemade, retranqueiros acotío e sempre sempre cargados de cálida humanidade. Pero, ¡en fin!, así é a vida: dá e quita, reparte e retira segundo lle peta. E non hai qué lle facer.
Arestora ocúpome en afacerme ao novo coche (que aos seus dez anos de novo ten pouco), darlle algún golpiño na defensa traseira para non perder os bos costumes e calibrar o tamaño por aquilo de aparcalo sen ferir a ninguén.
O meu ex-coche case seguro que pase a mellor vida -snif, snif-, aínda que espero confirmación oficial. Xa non será posible pasear nel cando B se xubile.

26.12.04
De paso
Chegamos hoxe, marchamos mañá e volveremos para pasar a fin do ano en privado. Somos unha familia de dous e gústanos atopar a nova cana, a nova engurra, o novo número sós, ollándonos un o outro sobre as copas de tinto, charlando ou rindo das nosas cousas.
Estivemos con Cesare, charlamos un pouquiño con Fufli e coñecemos a Akin, máis encantador do que unha imaxina. Un pracer que alivia o bombardeo desta época.
A ver se a sorte acompaña e podo acudir á quedada que se anda argallando por aí.
¡Eu qué sei! Se Cesare vai, sentireime menos cortada entre tanta mocidade.
¡Ah! Case se me esquece. ¡¡Se o traballo deles o permite, verei a Opaco e a súa preciosísima señora e dareille uns achuchóns -suaviños e amorosos- a Opedro, o blogmilleiro máis novo e desdentado do blogmillo!! (¿Que?, ¿moita envexa?).

22.12.04
Na miña época...
Bótome a tremer cando lle escoito a calquera esa frase, preludio de comparanzas que soan a reproche ou a nostalxias de chocolate con pan. Tamén me soa a esa preguiza que acouga a conciencia do emisor e lle serve de coartada para non aprender nada novo ou rexeitar, sen máis, o menor asomo de cambio.
Como nacín hai seis días, preparo os petos do meu chaquetón (segundo B, dunha das marcas máis pijas que existen) para enchelos de saúde, máis anarquía -se cabe-, grandes doses de ledicia e o firme propósito de gozar da vida o maior número de minutos por hora.
Volverei dentro duns días. A coidárseme.

20.12.04
Loba de mar
O meu chaquetón mariñeiro estaba tan gastadiño que me vin obrigada a desfacerme del, con gran dor de corazón, se non quería que me desen esmolas cada vez que me detiña nun recanto da rúa; así que me fun deica a Vila Real coa intención de buscarlle substituto, pois unha Peke sen esa peza multipetos non é Peke nin é nada.
Como os mariños adoitan ser homes de pelo en peito, musculosos e/ou tripóns, o principal problema constituíuno a talla, coma sempre. Na primeira tenda, unha 58 dábame un aspecto de dáaaami algo demasiado enganoso; na segunda, non había e acabamos antes; por fin, na terceira, unha amable señora (por certo, con idéntico defectiño ca min) amosoume un par de modelos e ela mesma decidiu que o máis barato dos dous me acaía ben. Mentres marcaba as mangas para acurtalas, comentou de pasada que unha amiga súa o levara, que a ela tamén lle encantaba ese estilo trapalleiro, pero que non podía vestir así cara ao público.
¡¡¿Trapalleiro?!! ¡Carafio coas novas técnicas de márketing!

19.12.04
A muller biónica da clase pasiva
B é un deses homes cun sentido do humor un tanto... especial, ás veces mesmo truculento. A primeira vez que me chamou muller biónica, a raíz da rotura bimaleolar, estaba eu retirando por orde as miñas próteses -audífonos, lentes, muletas, colar, etc.- con bastantes traballiños; o moi ladino miroume con sorriso de coello e, ¡paf!, soltoume a graza que, hei de confesar, maldita graza me fixo.
Agora encántalle chamarme clase pasiva cando fala con alguén de problemas laborais ou, simplemente, cando me escoita comentar algo das pensións e do goberno.
Iso si, creo que nunca lle vin tal expresión de alivio (¿ou de arroubo?) como a de hai tres días, ao aparecer eu na porta do hospital. A súa delicada aperta deu comezo ao proceso de curación.

17.12.04
En tres segundos
Foi o primeiro accidente da miña vida; por mor desta poalla noxenta que nin nome de chuvia chega a ter, formouse unha película no asfalto que confundiu ao meu coche e o levou a coidarse un aprendiz de bailarín; xirando sobre si mesmo achegouse á beiravía, tropezou sobre o muro dunha leira que está a un nivel máis baixo cá estrada, deu a volta e detívose panza arriba. Eu, madía leva, alucinaba dentro, nin tempo me deu a asustarme. Tardei uns minutos en decatarme da nova posición, quitar a chave de contacto, buscar o telefonino no teito e chamar ao 061.
A aparencia do cochiño fai temer o peor: teito, capó, parabrisas e parte traseira desfeitiños (non o vin aínda; contáronmo), pero parece que a conductora é dura e librouse cun par de escordaduras e dores espalladas pola súa xeografía.
Estou bastante ben, disposta a seguir dando a lata a quen mo permita. Iso si, aínda máis consciente de que a vida é un regalo que en calquera momento cómpre devolver.
(Acéptanse mimiños virtuais).

15.12.04
Barallas
Teño unha pequena colección de barallas de Tarot que fun conseguindo pouco e pouco. A primeira (editada por Sargadelos-Castro) merqueina nunha librería da Aldea Sagrada hai moitos anos, pero tiña tal cantidade de cartas truculentas que metía medo mirala. Hoxe está descatalogada. Hai pouco Vizoso e Aneiros acometeron a tarefa de elaborar unha máis galega e nela atópanse naipes ben grazosos*. É divertida e distinta, pero non inspira demasiado.
De todas as que posúo, se cadra a perla sexa a de Visconti polo que me custou dar con ela e por ser a primeira da que se ten noticia. Porén, a miña preferida é a de Waite
porque cada carta, incluso os arcanos menores, representa unha escena que permite deixar a renda solta á fantasía.
Rachel Pollack publicou un par de libros nos que explica o significado de cada unha introducíndonnos nas reviravoltas que conducen do consciente ao inconsciente. Afondar nese camiño supón unha tarefa persoal.
Unha variante desta baralla é a de Scapini, inspirada na anterior pero cun toque humorístico nalgúns naipes que lle restan transcendencia ao engadirlle picardía; nas cores e dourados lembra moito á
de Visconti, o que xustifica a miña primeira confusión.
Ao desatarse a febre do esoterismo saíron ao mercado unha morea de mazos diferentes, o que me obrigou a fiar miúdo para non mercar ao tolo; confeso que, de todos os xeitos, lle metín un par de boas patadas ao meu peto. Quédame o consolo de que nesta leria da investigación e do coleccionismo -como en calquera outra actividade humana- non se pode ser sublime as vintecatro horas do día.
E, como humana, teño unha querenza especial por unha carta en calquera baralla que estea: o tolo, a primeira, sen número, promesa de todo e realidade de nada, liberdade e independencia, anarquía incluso e, ¡como non!, unha certa desorde.
*Das barallas galegas non atopei enlaces.

14.12.04
Método
En Cinco decenios de Günter Grass aparecen fotos del, amais de reproducións dos seus debuxos, gravados e manuscritos. Á parte da letra, bastante maliña de ler por certo, chamoume a atención unha folla na que figuraba un minucioso plan de traballo para un mes; comenteino na casa un día que tiñamos a Nino de visita comparándoo coa miña falta de método. Como bo matemático, Nino solidarizouse decontado coa orde e previsión que reflectía aquel folio e, de paso, miroume con esa expresión indescifrable tan súa que semella insinuar dúbidas sobre as miñas capacidades.
Cando debía repartir o tempo entre o traballo e a escritura, nas fins de semana e nas vacacións entregábame de xeito compulsivo á tarefa de teclear coma unha posesa as historias que pululaban nas reviravoltas do meu cerebro, antes de que este decidise tomar un respiro e desconectarse de min. Tiña que aproveitalo ao máximo mentres funcionase ben. Non elaboraba plans de traballo; sentábame diante do ordenador e deixaba voar os dedos apreixando ideas e ocorrencias, dándolles corpo e faciana e gorentando lambeteiramente os camiños laterais que os personaxes emprendían sen eu ser demasiado consciente.
Ao xubilárenme iso cambiou. Arestora ando con dous cadernos de acá para alá; nun deles anoto o que pretenden ser capítulos da novela fantasmal; noutro percorro moi amodo luzadas de futuros relatos, apunto escenas que vexo na rúa, frases illadas ou impresións do momento.
Sempre tiven caderniños deses, anárquicos, un pouco tolos, nos que se mesturan anacos de libros xa publicados con frases herméticas que nin eu entendo, pero deberon de xurdir por unha boa razón. Se cadra algún día recobren o sentido.
O novo método promete e, sobre todo, introduce un pouco de orde neste deambular entre ideas e palabras. Cando menos sei que non escaparán das miñas poutas.

12.12.04
Mans
Creo que me estou facendo maior; sorpréndome revisando o pasado, lembrando actitudes, xestos, desexos non cumpridos, repasando...
As miñas mans baleiras dos catorce anos obsesionábanme; nunca souben por qué se produciu aquela intensa sensación de desamparo que me levaba a pedirlle á compañeira de pupitre que enchera as miñas coas súas. Logo, a ausencia de mans tendidas foi unha constante; camiñaba ás apalpadelas por un mundo cercado, carente de saídas e de entradas, labirinto sen paixóns que non conducía a ningures. Tardei tanto en medrar, tanto, tanto, que aínda hoxe me pregunto ás veces se son mentira ou realidade. ¿Sexismundo, quizais?
Non comparo o presente co pasado, pero teño certezas, unha cando menos: sempre atoparei una man tendida. E non, as miñas xa non están baleiras.

11.12.04
Coincidencias..., se cadra
Dous ou tres días antes de atopar a Bukowski no Moucho de Auria, recibo un correo dunha editorial (mellor dito, do responsable dunha das coleccións) que me informa do seu interese por editar un libro meu. Unha nube embaza a miña natural ledicia: non levará ilustracións.
A novela -por chamarlle dalgún xeito a esa mestura de xéneros- carga sobre o lombo moita vida, mesmo lle encargara a este artista deseños para animala. Aceptou o proxecto e púxose a el con afán, pero outras tarefas cruzáronse no camiño e pasaron catro anos. Nada máis saudármonos na cervexaría que inspirou a obra, comunícame a súa intención de comezar de novo. ¡Chof!
Malia conservar unha mínima esperanza de que o editor volva pensar na proposta de que o libro vaia ilustrado, sospeito que se rexen por patróns tan establecidos que resultan indiscutibles e non caberá esa posibilidade. Unha mágoa, por certo; os debuxos de Bukowski fornecerían á historia outra categoría. Pero está visto que os libros ilustrados non serven para lectores maiores de quince anos (pregúntome cántos terei eu).
Á parte de que quero moito a Bukowski -que me abriu o seu corazón innumerables veces-, cóidoo un artistazo dos pés á cabeza, e desexo máis ca nada no mundo embarcármonos xuntos nun proxecto; máis tarde ou máis cedo lograremos levalo a bo porto.

10.12.04
Estupores recentes
Dúas perlas. A primeira, máis ou menos doméstica, produciuse cando abrín unha caixa de media ducida de ovos de mediana confianza e vexo que só hai cinco, un deles escachado. A teoría do encargado do súper inclínase por un fallo na máquina de envasado; a caixeira, pola contra, suxire que puido deberse á actuación de calquera cliente e fornéceme outros datos que corroboran a idea: desde atopar que o contido dunha caixa non corresponde ao que indica (máis barato) até o que se lle ocorra a unha imaxinación non demasiado delirante. De entrada abráiome, pero logo decátome de que forma parte da picaresca nacional.
A segunda chégame da man de B: a carta dun sindicato dirixida á ministra de educación asegura que a selectividade segue sendo unha peneira sen outro obxecto que impedir o acceso á universidade dos fillos dos traballadores.
Deducimos que o devandito sindicato considera os fillos dos traballadores incapaces e ignorantes, xa que a selectividade pode con todos eles, sen distinción. Confeso que tamén me perdo un chisco con iso de fillos de traballadores, pois, se fago memoria, case todos os pais dos meus compañeiros de universidade (incluída eu) pertencían ao grupo dos que tiñan que gañar o pan coa suor da súa fronte; xente excéntrica, ¿non si?
O último detalle que me parte polo eixe é a divinización do ensino universitario, coma se resultase imprescindible para realizarse na vida e progresar. Será por iso polo que hai tantos profesionais universitarios sen vocación, frustrados, atafegados e furiosos, incluso parados.
Pasaron moitos anos desde que caín do limbo ao constatar a inmensa tristura dalgúns que me confesaban as súas ansias de montar unha perruquería, un taller de automóbiles ou unha carpenta, pero víanse obrigados a comezar unha carreira superior que non os atraía só porque mamá e papá se empeñaran.
Non sigo porque sería o conto de nunca acabar e, por riba, deprímeme unha barbaridade lembrar algúns casos sangrantes.

9.12.04
Mudar de pel
Polo xeral non nos decatamos de cándo comeza a producirse un cambio en nós, se cadra porque vivir leva bastante traballo e non estamos para mirarnos o embigo a cada momento.
Pero o caso é que, un bo día, caemos na conta de que non pensamos nin actuamos como adoitabamos, de que xa non nos sobresalta o fero can do veciño ou de que até sentimos simpatía por esa señora tan túzara e rabechuda que nos cruzamos acotío.
E menos mal que ocorre iso, pois sería bastante triste arrastrar sempre as mesmas manías, permitir que nos guíe unha única teima ou considerar que a idea do mundo que tiñamos aos vinte anos serve para os corenta.
Recoñezo que me gusta mudar a pel, decatarme de que o paso o tempo me trouxo algo que necesitaba saber e, en suma, descubrir que non son un estanque, senón un regato, ás veces calmo, ás veces avolto, mais sempre en movemento.
Polo xeral non nos decatamos de cándo comeza a producirse un cambio en nós, se cadra porque vivir leva bastante traballo e non estamos para mirarnos o embigo a cada momento.
E menos mal que ocorre iso, pois sería bastante triste arrastrar sempre as mesmas manías, permitir que nos guíe unha única teima ou considerar que a idea do mundo que tiñamos aos vinte anos serve para os corenta.
Recoñezo que me gusta mudar a pel, decatarme de que o paso o tempo me trouxo algo que necesitaba saber e, en suma, descubrir que non son un estanque, senón un regato, ás veces calmo, ás veces avolto, mais sempre en movemento.
8.12.04
Esgotamento
Teño a mente saturada de emocións e compañía, coma se os estímulos destes catro días enchesen todos e cada un dos seus recunchos até o punto de bloqueala por unha boa tempada. Dóeme tanto a parte dereita do corpo que mover o brazo arríncame ais irreprimibles; malia prometerme non mover un dedo, dobrei caixas de cartón e rompín anacos de cortiza sintética, desa branca que solta burbullas redondiñas que se usan nos beléns para simular unha neve imposible.
No hotel, un dos recepcionistas da noite fora alumno meu na prehistoria, no remoto primeiro ano de mal recordo. Os cartos que montaron o emporio son indianos, mexicanos para máis datos; á luz dos seus comentarios explícanse moitas cousas, incluída a transformación de estrelas en lámpadas de vinte vatios, a deficiente limpeza, a escaseza de persoal e, en suma, o querer e non poder ou -o que sería peor- o querer dar gato por lebre.
Semellan incribles as reviravoltas da vida e, aínda máis, o meu estupor ante elas; camareiras, arquitectos, recepcionistas, enxeñeiros, xornalistas, médicos, tradutores, profesores, asistentes sociais, artistas, militares...; o presente dos que un día foron alumnos dun instituto de provincias, moitos con fillos xa, felices pais dos que serán nun futuro adultos con profesións inesperadas, impensadas incluso.
E mentres, en Auria, perviven comportamentos que eu coidaba tan pretéritos coma o mundo vitoriano de Anne Perry; pero xa debería saber que o afán de humillar a quen se coida inferior non ten época nin coñece fronteiras.
Creo que nunca me darei acostumado.

7.12.04
Fogar, doce fogar
Non lembraba o frío intenso que pode mergullar Auria; chegamos dous días despois de que comezara e aínda sinto cómo me percorren as costas ondas e ondas de xeados arreguizos abríndose paso até o miolo dos ósos. Coido que os aurienses están modificados xeneticamente para resistilo sen caer aterecidos no medio e medio da rúa.
Non cansei de bicar facianas conxeladas e sorrintes, abrazar corpos embutidos en grosos abrigos e comentar con todos que aquilo era inhumano. A iluminación do Nadal lucía en papás Noel, zorras arrastradas por renos, velas e bólas de colores e non sei cántas formas máis que me lembraban os tempos en que me divertía mirar escaparates, ir de compras e pasear ben protexida con luvas, bufanda, gorro e un mesto chaquetón agora superfluos.
Cando viviamos alí, fartabámonos de comentar que Auria non pertencía a Galicia por ese clima continental que converte os invernos en aprendices de Islandia e os veráns, en parentes do deserto; durante estes días comprobamos que as lembranzas temperaran a crueza dos extremos.
No Moucho, a mellor cervexaría da cidade, eterno lugar de encontro, estiven con Bukowski e cun cento máis de coñecidos, amigos e antigos alumnos que conseguiron borrar por unhas horas os tres últimos anos afastada de alí.
Volvín co corazón quente; o resto do corpo aínda tardará en recuperar a temperatura habitual.

3.12.04
Uns poucos nervios
Pois nada, que mañá iremos a Auria e pararemos nun hotel (non hai ligazón porque non ten páxina destas) rematado de acondicionar hai pouco tempo. Reservei tamén cuarto nun da Aldea Sagrada para as festas do Nadal, porque xa gañan as ganas de estar coa familia, bastante vida a menos en cuestión de saúde. Se as circunstancias o permiten, verémoslle a face a Cesare, o que sempre é unha alegría, xa supoñen por qué (os axóuxeres latexan sen que un se decate).
Ai, si, qué nervios. Será a primeira vez que durma nun hotel en pleno centro da cidade onde vivín moitos, moitos anos; verei amigos, pasearei por rúas máis que coñecidas e, de seguro, terei encontros indesexados, pero tanto me ten porque estou contenta. Sorrisiños de compromiso, cariña de non ter roto un prato na vida e moita présa por cumprir datas e compromisos abondarán para sacudilos de enriba.
Porque, aínda que pareza mentira, eu tamén son bastante antisocial cando me peta.
Pois iso, até a volta.

2.12.04
De cando en vez...
...non vén mal unha alegría.
Recibo a chamada de Mo rifándome porque non saben de nós desde hai bastante tempo. Asegúrolle que nos veremos o domingo en Auria se todo vai ben. Non irei a ningunha das quedadas que se organizan aquí e acolá, na capital do reino, pois debo axudar a B a baleirar un faiado que deixará de pertencernos en breve.
En realidade eu non vou baleirar nada; máis ben acudo en calidade de chofer-dama de compañía, a pesar de que de dama non teño moito.
Onte, coma cada luns e cada mércores, tiven sesión de ioga; no local vai un frío que aterece,
malia o radiador aceso e o deshumidificador a toda potencia, así que fun preparada con dúas camisetas, un xersei e unha chaqueta, igualiño ca unha cebola. Só necesitei desprenderme da capa superior durante uns momentos, despois de que o profesor decidise poñer a proba o noso equilibrio sobre as nádegas.
Cando estamos en movemento non teño problema para saber qué cómpre facer: miro e copio; mais cando chegamos á relaxación final, tombados e cos ollos pechos, á parte de respirar como mandan as normas, debo seguir as miñas propias indicacións: as do profesor chegan a min igual cós bssbssbssbssbss que escoitaba na igrexa de cativa. As palabras perden as vogais e gran parte das consoantes polo camiño e xa desisto de indicarlle de novo ao home que se poña tras miña. Di que non importa, que me relaxe, que me centre nas distintas partes do corpo e note cómo se afrouxan.
Antes irritábame, máis ben frustrábame, ese illamento en medio da xente, pero xa non; agora déixome levar.
(A alegría contareina outro día; antes teño que dixerila para que non me dea sede).
Recibo a chamada de Mo rifándome porque non saben de nós desde hai bastante tempo. Asegúrolle que nos veremos o domingo en Auria se todo vai ben. Non irei a ningunha das quedadas que se organizan aquí e acolá, na capital do reino, pois debo axudar a B a baleirar un faiado que deixará de pertencernos en breve.
En realidade eu non vou baleirar nada; máis ben acudo en calidade de chofer-dama de compañía, a pesar de que de dama non teño moito.
Onte, coma cada luns e cada mércores, tiven sesión de ioga; no local vai un frío que aterece,
Cando estamos en movemento non teño problema para saber qué cómpre facer: miro e copio; mais cando chegamos á relaxación final, tombados e cos ollos pechos, á parte de respirar como mandan as normas, debo seguir as miñas propias indicacións: as do profesor chegan a min igual cós bssbssbssbssbss que escoitaba na igrexa de cativa. As palabras perden as vogais e gran parte das consoantes polo camiño e xa desisto de indicarlle de novo ao home que se poña tras miña. Di que non importa, que me relaxe, que me centre nas distintas partes do corpo e note cómo se afrouxan.
Antes irritábame, máis ben frustrábame, ese illamento en medio da xente, pero xa non; agora déixome levar.
(A alegría contareina outro día; antes teño que dixerila para que non me dea sede).
30.11.04
Tardes morriñentas
Hai xa algún tempo que lles collín o gusto a estas tardes de grisalla preñadas
de humidade e unha melancolía sen causa nin orixe coñecidas. Butaca favorita, lámpada de pé, mantiña para tapar as pernas e o libro que nese momento ocupe os nosos desvelos van da man con elas, listos para acollernos mentres a noite avanza pouco e pouco.
Outrora desacougábame a paréntese que impoñían, coma se o mundo se acabase de deter e unha non soubese cómo encher tanto silencio; pero un bo día decateime de que esa morriña era agradable, que non estaba emparentada nin de lonxe coa dor e a soidade forzosa, que traía momentos de impagable intimidade consigo mesmo.
Agora, cando a noite avanza, B pelexa coas piñas e a leña para acender o lume; ás veces o proceso resulta laborioso: non hai xeito de que prenda ou apágase enseguida ou o ventarrón empurra o fume para dentro da casa. Pero, en xeral, gozamos cada día dunhas lapas que saltarican frenéticas, agáchanse detrás dun leño e ascenden de novo lambendo as paredes de non se sabe qué soños.
Así, contemplándoas, transcorren dúas ou tres horas de intimidade calada até que a fame di que cómpre cear. É outro dos meus tesouros.

28.11.04
Un home sen palabra (por sorte)
Acabo de sabelo e estou encantada da vida. ¡¡¡IKE VOLVEU!!!
Tarirotariroooooooo. :)

Enquisa orientativa
Como este ano me portei ben, vou pedirlles aos Reis Magos unha cámara dixital. Dorvisou fala de tres que lle enchen o ollo (el tamén foi bo, ou iso asegura), o cal me axuda bastante, mais gustaríame coñecer outras opinións. Á parte dos requisitos técnicos, debe reunir as seguintes características:
-Non pesar nin avultar moito.
-Ser doada de transportar (moito mellor se cabe nun peto amplo do chaquetón).
-Zoom versátil e con nitidez en todos os casos.
-Aínda que o prezo non constitúe un gran problema, tampouco quero que os Reis se empeñen pola miña causa.

Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)