Outono
Gústame poñer unha chaqueta á mañá e á noitiña e notar esa airexa na faciana que fai pingar os ollos; gústame o recendo que me entra polas ventas e me fai lembrar neneces perdidas; gústame tripar as follas secas e oír como estralan baixo os meus pés; gústame o silencio que agoira a volta á rutina e a paz dos paseos solitarios; gústame volver cociñar guisos e abrigarme na cama polas noites; gústanme os solpores cada vez máis temperáns e eses amenceres tardíos preñados de promesas que -case seguro- non se cumprirán; gústame que, tras un día de trebón, o aire teña esta limpeza do principio dos tempos. Por gustar, do outono até me gustan as mentiras cargadas de sal e melancolía: saben distinto.
17.9.04
16.9.04
En fin
Isto da administración ten o seu aquel; un mínimo erro pode converter a un funcionario no home invisible, co conseguinte desacougo e/ou mal café que provoca no afectado. Claro que case todo se arranxa nesta vida, pero o mal corpo tarda en pasar.
Entre iso e que hai que ir preparando bocas e petos para o odontólogo (agárdanos un ano de abrilos por partida dobre)..., pois iso: en fin.

14.9.04
Vida sexta
A máis difícil de vivir, sen dúbida. Cumpriume aprender diplomacia, humanidade, psicoloxía, enteireza e todos os matices de amor; sen esquecer paciencia e enerxía.
Viaxei de boca a oído pretendendo calmar corazóns magoados, consolar ánimos feridos, insuflar valor aos covardes e pulo aos indecisos; percorrín grandes distancias a cabalo do vento soñando con facianas que enchía de esperanza -fracasei moitas veces. Chorei cos sufridores, sorrín cos optimistas, rifei a pesimistas contándolles auténticas miserias. Lembreille ao poderoso que era mortal; ao cínico, que pouco nesta vida é o que aparenta; ao pobre amoseille varias portas, e ao amante frustrado insistinlle en que a dor non era eterna.
Non o tiven doado. Só fun palabra.

13.9.04
12.9.04
Vida quinta
Saltariquei con fervor entusiasta, asei un coello, queimei a man dun ladrón pouco destro, reconfortei un can aterecido, rapei os pelos dun brazo distraído e, cando comezaba a collerlle o tranganillo á vida, cando estaba disposta a converterme en chama inmorredoria, brinquei en charamusca e apagueime.

Dial derramado
Non fixen esforzos, non frecuentei ambientes ruidosos, durmín ben, comín ás miñas horas, comporteime...; pero parece que todo iso non lles importa aos meus fieis acompañantes.
¿Alguén sabe onde podo atopar a Raíña Vermella? Seguro que estaría disposta a facerme un favor pequerrecho.

11.9.04
Vida cuarta
Até que ardín unha noite de San Xoán a miña vida foi longa e completa, quizais a máis feliz das que levo vivido.
Crieime nunha fraga rodeado de parentes varios, onde o luar é tan claro, tan intenso, que escorrenta das sombras todo o medo; absorbín o aire limpo dun cordal semellante ao dos contos, e nutriume, constante, a terra negra a pesar de secas e chuvieiras. Fozou o xabaril nas miñas raíces; o cervo, no meu tronco, calmaba os proídos do seu lombo, e ao meu pé aniñaron Fidel e Filomena, os derradeiros. Desde a miña atalaia gocei de amenceres infinitos, o sol acariñábame sen présa, e fun medrando forte moi engorde, acollendo nas pólas outros niños.
Taláronme xa vello e convertéronme en leito de carballo; así asistín a amores, nacementos, enfermidades, discusións e mortes. Usáronme máis tarde nun valado de onde me roubaron uns mozotes unha tarde.
Ao cabo alumeei na cacharela coas lapas máis ardentes en dez leguas.

9.9.04
Paroxismo
Rematei -vaia con quen queira- a novela de todos e todas. Con todos os meus respectos, é a primeira vez que vexo estragar unha obra a prol do que se supón correcto en política. Se a trama non me chega a enganchar (a pesar dalgúns defectos bastante evidentes, déixase ler), dubido moito que alcanzase o final sen mordela, rompela ou pateala.
E é que, meus, mesturar allos con cascallos para quen lle preste; a min a literatura gústame sen interferencias.

8.9.04
Vida terceira
Formeime no ceo ao abeiro de ventos furiosos, que insuflaron en min ansias destrutoras; madurecín baixo o manto tremelucente da noite; engordei hora a hora coas achegas de moitos parentes. Atizado por eles baixei até a terra coa única orde de arrasar todo canto se me cruzase no camiño.
Derrubei edificios de todas as castes sen deixar pedra sobre pedra; agredín seres vivos sen facer distinción: engulín paxaros, árbores, cadelos; arrastrei cabalos, vacas, cans e persoas chorosas; esmaguei nenos indefensos, caciques cabróns, curas, militares, labregos, obreiros... Destruín tanques, coches, camións; arrinquei valados, ermidas, alpendres; estraguei colleitas e comín insectos. Sementei desolación.
Entón vina a Ela e quixen determe, mais non podía ir contra o meu natural; collina nos brazos, intentei bicala, arroleina un instante e ceibei ao baleiro o seu corpo roto, tan fermoso, si, e tan fráxil tamén.
Non fun malvada; simplemente, deseñáronme furacán.

7.9.04
Todos e todas (¡ai!)
Non abondaban estas aberracións lingüísticas en campañas políticas, bandos municipais, cartas ao director e proclamas varias, que agora tamén se coaron na literatura. ¡O que nos faltaba!
O xénero masculino chámase tamén xénero non marcado por contraposición ao feminino ou xénero marcado. O plural que os engloba é masculino por ser precisamente o non marcado. En lingüística non hai máis voltas. Nin lerias.
Unha novela que, en principio, non está nada mal, faime chiar os ollos ademais dos oídos a base de nenos e nenas, homes e mulleres, profesores e profesoras, libros e libras... ¡oi!, este último non, que foi un desliz dun conferenciante (bo escritor, por certo) hai moitos anos en Auria.
O dito; se de agora en adiante cómpre escribir así para ser ben mirados, eu consigo decontado unha capa invisible. ¡Por estas!

Vida segunda
Tan intensa foi que sería unha das poucas que repetiría. Arrastrei cardumes de sardiñas e pillei un mero; permitín a unha serea adobiarme a crista cun colar de algas, e a un tritón cabalgar, bébedo de sal, no meu lombo arcado; vin o lumbrigante chorar cara á tona do mar pola perda dos seus; albisquei desde lonxe o derradeiro centolo da caste; sentín moi adentro o sabor dos mariñeiros perdidos; axudei aos compañeiros a izar unha rede preñada; envorquei iates evitando pesqueiros; arrinqueille o sostén a unha bañista distraída, e os calzóns a un chuleta de barrio (aínda río ao lembralo).
E por fin, como todas as ondas, estoupei en escuma.

6.9.04
Vida primeira
O que máis claro me quedou dela é a súa prolongada duración; daquela non se contaban os días, só se deixaban transcorrer, por iso non podo situala coa precisión que se estila hoxe. Porque ¿canto vive unha pedra desde que xorde, enorme, até que se desfai en minúsculas partículas de area? Dese meu primeiro envoltorio non permanece nada, apenas unhas tenues lembranzas.
Vin erguerse e derrubarse varias veces a mesma vila por xentes distintas; vin axitación e silencio alternárense en quendas; vin medrar árbores e vinas talar; vin como a fraga veciña desmestaba até esvaecer, e vin, en fin, a morte de homes a mans doutros homes.
Non tiven ocasión de intervir máis que cando, xa area, me deixei empurrar polo vento e cubrín as ruínas da vila para sempre.
Co derradeiro alento xureime a min mesma que, de poder escoller, xamais sería humano.

5.9.04
Trebóns
Teñen algo hipnótico, sobre todo cando van acompañados dun corte de electricidade. Como non hai outra, miras para fóra e só ves grisalla, torrentes de chuvia e, de cando en vez, a luz atenuada dun barco asustado. De súpeto comezan os lóstregos a furar o aire, as árbores méxense confusas ao capricho do vento, os tronos ecoan sen tregua na badía e o mar, cor pizarra, encréspase de furia.
¿E non tes medo?, pregúntame T. ¿De que?, contraataco eu. Para sentir medo hai que ter algo valioso que temas perder.

4.9.04
Actitude vital
A vida é raposona abondo como para amolar entusiasmos e coutar frenesís; disque pretende aprendernos. Cando tiña menos anos parecíanme contos de vellas, consolos baratos de quen non sufriu de verdade; agora que teño máis (anos, claro), agradezo seguir neste mundo polo que me ten aprendido, sobre todo polo que me fai sentir.
Sentimentos e emocións son a única bagaxe que levaremos cando partamos; os cartos, desde logo, aquí quedarán.
Moitas cousas dependen de cómo as percibimos. Convivo con B desde hai moito tempo; está amolado pola situación administrativa que o converte en suxeito paciente, xoguete (até certo punto) de decisións alleas; mais é capaz de abstraerse, de recoñecer que o lugar no que residimos compensa moitos desgustos, malia cagarse (sen perdón) na nai de quen pariu a burocracia.
Hoxe na sobremesa nocturna -a pesar da incerteza- dicíame que a actitude vital axuda ou atranca segundo llo permitamos. Para os que non nacemos optimistas, palabras así contibúen o seu a facernos donos do destino.

3.9.04
Calma
Erguerse de novo cedo ten de bo a recuperación das mañás; o día alóngase en infindas posibilidades e sensacións coma se fose de goma; paseo pola praia case baleira respirando o aire cargado de sal, preñado de esperanza; na cabeza bólenme Melquíades e todas as pantasmas que espertaron pola súa causa; intento elaborar unha teoría coherente sobre elas e miles de ideas acoden a un ritmo que non dou seguido. Anoto todo o que podo para non esquecelo, rexeito esta, acollo estoutra e sinto que a historia vai medrando, que quizais non necesite outro ano de espera.
Xogo coas palabras, busco expresións, matizo, púo, repaso, avanzo... e tamén recúo. Nada que se saia do normal nun xogo.

2.9.04
Fochicando
Ando descifrando novas linguaxes coa paciente axuda do meu mellor amigo, moito máis atrevido ca min nestas lides informáticas. Unha cousa tan elemental como pasar un correo a un carpeta resultábame tan ignota coma a selva amazónica e xa me ía dando algo de vergonza.
O malo do asunto é que son mala alumna, sobre todo cando hai confianza; aínda lembro que os p**** problemas de matemáticas os facía decontado (só) en canto me caía o primeiro par de labazadas maternas, despois de pasarnos media hora longa analizando o encabezamento. Eu chámolle á miña actitude intelixencia selectiva: queda rimbombante e o ego non se sente insultado.
Mais parece que vou madurando, abrindo a cabeza a un presente complexo e repleto de posibilidades. Irei lenta, madía leva, pero cando menos xa me puxen en camiño.
(A ver se dentro de nada me animo co maldito inglés. B colocoume os CDs á man hai uns días; está visto que me quere políglota).

1.9.04
O retorno
Hoxe o mar está en total calma, tan plano e sereno que acouga miralo; a praia volve aos seus donos, e gaviotas e xentes do lugar ocupan os postos dos que foron desterrados. Á esquerda da casa están talando piñeiros, se cadra para habilitar un xardín no terreo; agora vemos tamén Vila Real case completa. Para abranguer o panorama cumpriría un ollo de peixe; en adiante poderemos contemplar o solpor a diario, incluso tras os montes da vila veciña no inverno.
Temo polo humor dos esquíos; esa tala non lles ha gustar nadiña.

Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)