7.9.04

Todos e todas (¡ai!)
Non abondaban estas aberracións lingüísticas en campañas políticas, bandos municipais, cartas ao director e proclamas varias, que agora tamén se coaron na literatura. ¡O que nos faltaba!

O xénero masculino chámase tamén xénero non marcado por contraposición ao feminino ou xénero marcado. O plural que os engloba é masculino por ser precisamente o non marcado. En lingüística non hai máis voltas. Nin lerias.

Unha novela que, en principio, non está nada mal, faime chiar os ollos ademais dos oídos a base de nenos e nenas, homes e mulleres, profesores e profesoras, libros e libras... ¡oi!, este último non, que foi un desliz dun conferenciante (bo escritor, por certo) hai moitos anos en Auria.
O dito; se de agora en adiante cómpre escribir así para ser ben mirados, eu consigo decontado unha capa invisible. ¡Por estas!

Ningún comentario :