Trebóns
Teñen algo hipnótico, sobre todo cando van acompañados dun corte de electricidade. Como non hai outra, miras para fóra e só ves grisalla, torrentes de chuvia e, de cando en vez, a luz atenuada dun barco asustado. De súpeto comezan os lóstregos a furar o aire, as árbores méxense confusas ao capricho do vento, os tronos ecoan sen tregua na badía e o mar, cor pizarra, encréspase de furia.
¿E non tes medo?, pregúntame T. ¿De que?, contraataco eu. Para sentir medo hai que ter algo valioso que temas perder.
Ningún comentario :
Publicar un comentario