Calma
Erguerse de novo cedo ten de bo a recuperación das mañás; o día alóngase en infindas posibilidades e sensacións coma se fose de goma; paseo pola praia case baleira respirando o aire cargado de sal, preñado de esperanza; na cabeza bólenme Melquíades e todas as pantasmas que espertaron pola súa causa; intento elaborar unha teoría coherente sobre elas e miles de ideas acoden a un ritmo que non dou seguido. Anoto todo o que podo para non esquecelo, rexeito esta, acollo estoutra e sinto que a historia vai medrando, que quizais non necesite outro ano de espera.
Xogo coas palabras, busco expresións, matizo, púo, repaso, avanzo... e tamén recúo. Nada que se saia do normal nun xogo.
Ningún comentario :
Publicar un comentario