Fochicando
Ando descifrando novas linguaxes coa paciente axuda do meu mellor amigo, moito máis atrevido ca min nestas lides informáticas. Unha cousa tan elemental como pasar un correo a un carpeta resultábame tan ignota coma a selva amazónica e xa me ía dando algo de vergonza.
O malo do asunto é que son mala alumna, sobre todo cando hai confianza; aínda lembro que os p**** problemas de matemáticas os facía decontado (só) en canto me caía o primeiro par de labazadas maternas, despois de pasarnos media hora longa analizando o encabezamento. Eu chámolle á miña actitude intelixencia selectiva: queda rimbombante e o ego non se sente insultado.
Mais parece que vou madurando, abrindo a cabeza a un presente complexo e repleto de posibilidades. Irei lenta, madía leva, pero cando menos xa me puxen en camiño.
(A ver se dentro de nada me animo co maldito inglés. B colocoume os CDs á man hai uns días; está visto que me quere políglota).
Ningún comentario :
Publicar un comentario