Sorriamos
La revelación (Bocas del tiempo de Eduardo Galeano)
Un ciudadano recién llegado al mundo estaba durmiendo, desnudo, en la cuna.
La hermana, Ivonne Galeano, lo miró y salió corriendo. Golpeó las puertas de sus vecinas, y con un dedo en los labios las invitó al espectáculo. Ellas abandonaron sus muñecas, a medio vestir, a medio peinar, y en puntas de pie, tomadas de las manos, se asomaron a la cuna del bebé. No se pusieron coloradas de envidia, ni palidecieron por el complejo de castración. Aguantándose la risa, comentaron:
-¡Mirá lo que se trajo este loco para hacer pipí!
(Mellor será que non engada máis nada).
31.7.04
Mano de obra (Bocas del tiempo de Eduardo Galeano)
Mohammed Ashraf no va a la escuela.
Desde que sale el sol hasta que asoma la luna, él corta, recorta, perfora, arma y cose pelotas de fútbol, que salen rodando de la aldea paquistaní de Umar Kot hacia los estadios del mundo.
Mohammed tiene once años. Hace esto desde los cinco.
Si supiera leer, y leer inglés, podría entender la inscripción que él pega en cada una de sus obras: Esta pelota no ha sido fabricada por niños.

Sentidos
Excursión duns quince adolescentes; parados diante do autobús, ocupan a beirarrúa; métome no medio para pasar, salpicando "desculpa", "permíteme", "por favor", palabras que fan efecto relativo. Noto algo raro, demasiada quietude en xente tan nova, movementos curtos, conxelados. Fíxome nos lentes de sol, nos ollos perdidos, nalgún bastón branco...
Veume á cabeza J, un alumno cego que tiven. Movíase igual ca eles, a cabeza inclinada cara ao chan, aguzado o oído, a expresión concentrada e alerta.
Continúo o meu camiño, no corazón un oco dorido. Non o terán doado.

30.7.04
29.7.04
A miña fauna
-Moucho: Ave impredicible que adoita agachar a cabeza baixo a á no momento menos axeitado.
-Tigre: Félido áxil e feroz que sofre ataques de agresividade diante das cebras.
-Cebra: Équido salvaxe, polo xeral pacífico, que bota a correr presa de pánico cando atopa un tigre ao seu paso.
-Paporrubio: Paxariño miúdo, amante do miolo do pan e das faragullas de mazá, cuxa misión nesta vida é achegarlle algo de cor.
-Aguia: En perigo de extinción, esta maxestosa ave aparece moi de cando en cando, segundo as circunstancias (unha ou dúas veces ao ano).
-Rato: Roedor miúdo moi afeccionado aos libros; devora cantos pilla no seu camiño. En ocasións, mesmo os busca.
-Mono: Como o seu nome indica, encántalle facer monadas para ver rir a xente.
-Paramecio: Protozoo ciliado que vive en augas estancadas alimentándose da súa propia merda. É un dos máis perigosos.
-Miñoca: Anélido sensible e delicado moi prezado como engado polos pescadores.
-Gato: Félido, por veces domesticable, amante das caricias cando lle peta. Se lle tocan a moral, saca as unllas.
-Biosbardo: Mamífero fuxidío, anoxado cos humanos que negan a súa existencia. Prepara a súa vinganza desde tempo inmemorial.
-Mula: Caracterizada pola súa obstinación, consegue sacar dos eixos os máis temperados. Non cae da burra até que non leva un par de boas *******.
-Peke: Animaliño indefinido e improbable, caracterizado polo gusto patolóxico de aloumiños. Impredicible e desconcertante, encerra no seu cativo ser tantas contradicións que a súa domesticación resulta imposible. Non adoita ser perigoso, pero tampouco convén confiarse.

27.7.04
Abafo
Visita rápida e familiar á aldea sagrada que me serve para comprobar o aviso (ou ameaza) de Cesare: Xa verás que calor vai aquí. ¡Ufff! Non lembraba tal, abofé, non lembraba tal. Por riba, a vivenda dos pais está no quinto andar dun edificio vello, que non antigo, onde o sol bate coa mesma inxustiza dos inconscientes; o tipo de construción é o normal da zona nova desta aldea, malo, malísimo, e non hai ascensor. Se temos en conta o estado (precario) e idade (avanzada) dos meus proxenitores, comprenderase moi ben que cada unha das súas saídas á rúa se convirta nunha expedición, sobre todo o retorno ao campamento base: setenta e pico chanzos percorridos en oito ou dez etapas separadas entre elas por outros tantos descansos. ¡Meus! Mellor non pensalo.
Contra ás seis, non aturo máis os asubíos, a calor, o afogo, a sensación de vaime dar algo e emprendemos o regreso. Nunca agradecín tanto atopar o fogar envolto en fría néboa.
O que non impediu que a praia estivese ateigada até a bandeira.

26.7.04
¿Malas palabras?
Sinto unha particular querenza polas palabras contundentes, expresivas, gráficas e sonoras, que che enchen a boca ao pronuncialas e baleiran-se o tes- o enfado. Na fala non ando con miramentos e salpico o discurso cuns cantos *******, ***** e ******* que, dado o meu aspecto, chocan ao interlocutor e lévano a mirarme dúas veces por se escoitou mal. Á terceira ou cuarta, xa se decata de que escoitou de marabilla e de que o meu verbo fácil e fluído non é obra de tres días.
Na escrita..., en fin, na escrita non se me dá ben, máis ca nada porque os signos de puntuación non conseguen suplir o ton de voz, o aceno das cellas, o movemento da boca, o axitar de mans e todos eses miúdos detalles que converten un ¡carallo! no súmmum da elocuencia.

Malas palabras (Bocas del tiempo. Eduardo Galeano)
Ximena Dahm andaba muy nerviosa, porque aquella mañana iba a iniciar su vida en la escuela. Corriendo iba de un espejo a otro, por toda la casa; y en uno de esos ires y venires, tropezó con un bolso y cayó desparramada al piso. No lloró, pero se enojó:
-¿Qué hace esta mierda acá?
La madre educó:
-Mijita, eso no se dice.
Y Ximena, desde el piso, quiso saber:
-¿Para qué existen, mamá, las palabras que no se dicen?

25.7.04
O pracer máis intenso
Recuperar esta febre, esta ansia, este ferver de cabeza que semella poñerme ás nos dedos; seguir as revoltas duns seres que se van formando a golpe de teclas; intuílos completos; sentir no máis fondo que esta vez si, esta vez teñen futuro e acabarán adquirindo formas que aínda descoñezo; experimentar isto e algo máis despois dun período de pavor ante a idea de que nunca volvese.
Gustaríame cantar, bailar..., non sei, celebralo a berros. (¡Que alivio tan grande!).

Multitudes
Como cada 25 de xullo as praias énchense de xente disposta a pasar o día como se supón que é o mellor xeito, inda que para moitos sexa un sacrificio incruento.
Vai tanta calor que decidín ir mercar a prensa en coche, ante o risco de caer redonda no medio da foz. Ás veces teño ideas peores. Por sorte, puiden aparcar á sombra dunha árbore sen dar moitas voltas.
O tráfico aumentou tanto nestas semanas que a rotonda ferve de decibelios; apenas escoito as palabras da quiosqueira, malia que xa perdeu o costume de tapar a boca coa man mentres me fala. Marcho despois dunha conversa interrompida por un ronsel de clientes medio espidos á última moda; o teléfono dos taxistas non cesou de soar na parada deserta intentando sobrepasar sen éxito o ruído ambiental. A terraza do bar onde adoito tomar un té con xeo está ateigada de xente, só quedan libres as mesas petadas de sol; o teíño tómoo na casa, ao abeiro da miña cova en penumbra, lonxe de rebumbios. Ogallá que os veciños non fagan unha das súas festas.
Por momentos acho de menos a tranquilidade do inverno.

24.7.04
Cacao
Ocórreme de cando en vez sentirme confusa, como se o que me rodea se convertese nun galimatías inintelixible ou eu, nunha analfabeta da vida. Amólame polo meu lado práctico, que se desconcerta unha barbaridade e anda perdido coma ánima en pena. Polo outro (non me atrevo a chamarlle teórico), non me preocupo en exceso; sempre atopa calquera miudeza coa que entreterse.

23.7.04
Sen ánimo de levar a contraria
Que a ninguén lle gusta sufrir é unha verdade coma unha catedral; que cando atravesa unha etapa amolada rebélase coma un peixe prendido no anzol, outra; pero que se negue a ver a utilidade dun deses períodos xa me parece discutible.
Non, non creo que esteamos aquí para sufrir nin que isto sexa tan só un val de bágoas (o masoquismo non me vai nadiña), pero estou convencida de que tras o trebón vén a calma; de que, se nos mantemos receptivos, sabemos observar e atamos cabos, esas tempadas amargas teñen moito que dicirnos.
O problema, coma sempre, é (non) querer escoitar.

22.7.04
Touro
A B non se lle ocorreu mellor símil ca este para cualificarme despois de contarlle..., en fin, iso é o de menos. Mal, mal, non me pareceu, por aquilo do signo, aínda que a miña pertenza a el sexa só nominal e non sirva para nada. Pedinlle que matizase:
- Beeen -comezou cun sorrisiño que non agoiraba nada bo-, un chisco irreflexiva, se cadra.
- ¡Irreflexiva eu! -exclamei sen saber se cabrearme xa ou permitirlle continuar.
- Para estas cousas, si, Peke -o sorriso xa era tenro e os olliños, pillabáns.
- Pero eu penso moito, doulle voltas a todo, escoito... -retruquei, consciente de que mesturaba allos con porros.
- Si, claro que si, pero cando te cegas...; a xenética, Peke, xa sabes como é. Cuspidiña a teu pai; he, he. Cotades o trapo vermello como se vos fose a vida nel.
Calei un anaco para pensar, deglutir e suspirar.
- Vale, será así, pero tampouco me meteron tantas estocadas...
A conversa, ao meu pesar, non daba máis de si. Á fin, non lle podes tomar nada a mal a alguén que te mira como el me miraba.

21.7.04
De verzas
O problema das verzas coma min é que nos inchamos a meter a pata sen encomendarnos a santos nin a diaños e, claro, pásanse uns apuros bochornosos do máis incómodo, sobre todo nesta época estival. Xa vai calor abonda no exterior como para, por riba, ser de súpeto consciente de que acabas de deixar un rastro escrito do teu estado semicatatónico: a fogaxe castiga a face, a suor empapa a camiseta e o berro de trágame, terra chouta coma un lóstrego de circuíto en circuíto, co risco de rebentar... algo, non sei qué, pero algo.
Con este van tres, TRES, nos últimos días. Terei que facer... algo, non sei qué, pero algo (¿quizais esconderme?).

Só quedou nun susto
Empezo a pensar que este modelo de coche me persegue. A primeira vez case me enredo a golpes co conductor por convidalo con amabilidade a retirar o seu vehículo do medio porque molestaba. Se se me ocorre citarlle á nai, non sei cómo reaccionaría. Onte un aprendiz de geipollas estivo a piques de varrerme preto dunha rotonda por tomala en dúas rodas no centro urbano.
Conteillo a B despois de cear, en afable sobremesa, e vin como se lle demudaba a faciana. Acababa de escoitar na radio unha desas tertulias que trataban dos accidentes de tráfico e na que non podía faltar o comentario o peor é que os accidentados non pasan dos vinte anos. Claro, pobriño, só tiña vinte anos. E a muller de mediana idade á que case saca do medio, ¿que? Pois nada, unha estatística máis, unha pensión menos á conta do Estado e outro viúvo que engadir ás excepcións.
Nota: Geipollas: termo achegado por unha alumna de B, tan gráfico e expresivo que o fixemos noso. O significado é doado de enxergar.

20.7.04
Precisión, indecisión, confusión
Aborrezo as rimas na prosa e os adverbios en -mente, ata o punto de revisar un texto moreas de veces na súa busca e captura. O safari só esixe unha arma: atención; ben, minto sen querer, tamén se precisa calma e bo ollo -ou bo oído, depende- na tarefa de identificar os solapados.
Gústanme a precisión e os matices, de aí que ande sempre á regueifa co exceso de adxectivos, un dos meus vicios, a pesar de que, ao eliminar algún, me quede ás veces certa sensación de perda.
Unha idea pódese expresar de moitos xeitos, de aí que, perante tres ou catro opcións, haxa días en que permaneza varada sen saber cál escoller, comesta pola incerteza.
Ao remate, xa non sei se o mellor método é tirar para adiante á boa de Deus ou converterme nunha inquisidora da lingua.
Nota: Si, teño escoitado falar do término medio.

Obrigada
A Martin Pawley por descubrirme a Mariasun Landa, autora de Un crocodilo debaixo da cama. Lino onte pola tarde cun sorriso interior que me durou varias horas. Pasen e vexan; ¡non se corten!

19.7.04
Obras
É un dicir, porque a obra está máis parada có monumento a Torrente.
Todo comezou cunha pingueira no garaxe que proviña dun cuarto de baño; formouse un charco e avisamos o dono da casa. Este chamou a súa aseguradora e veu o fontaneiro. Picou, levantou os sanitarios e atopou a humidade, pero... velaquí que barrunta a orixe na casa veciña. Cómpre agardar.
Os veciños só están deseguido durante o verán; sería esperable que a humidade medrase, ¿non? Pois non. Xa non hai pingueira, o cuarto de baño segue inutilizado á espera de que decidan volvelo montar; as cousas deben seguir o seu ritmo, nunca coincidente có dos inquilinos. E aquí estamos, empantanados desde hai quince días.
Menos mal que no desconcerto coincidimos todos: perito, fontaneiro e inquilinos. Veremos qué pensa o propietario.

Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)