De verzas
O problema das verzas coma min é que nos inchamos a meter a pata sen encomendarnos a santos nin a diaños e, claro, pásanse uns apuros bochornosos do máis incómodo, sobre todo nesta época estival. Xa vai calor abonda no exterior como para, por riba, ser de súpeto consciente de que acabas de deixar un rastro escrito do teu estado semicatatónico: a fogaxe castiga a face, a suor empapa a camiseta e o berro de trágame, terra chouta coma un lóstrego de circuíto en circuíto, co risco de rebentar... algo, non sei qué, pero algo.
Con este van tres, TRES, nos últimos días. Terei que facer... algo, non sei qué, pero algo (¿quizais esconderme?).
Ningún comentario :
Publicar un comentario