23.7.04

Sen ánimo de levar a contraria
Que a ninguén lle gusta sufrir é unha verdade coma unha catedral; que cando atravesa unha etapa amolada rebélase coma un peixe prendido no anzol, outra; pero que se negue a ver a utilidade dun deses períodos xa me parece discutible.
Non, non creo que esteamos aquí para sufrir nin que isto sexa tan só un val de bágoas (o masoquismo non me vai nadiña), pero estou convencida de que tras o trebón vén a calma; de que, se nos mantemos receptivos, sabemos observar e atamos cabos, esas tempadas amargas teñen moito que dicirnos.
O problema, coma sempre, é (non) querer escoitar.

Ningún comentario :