Touro
A B non se lle ocorreu mellor símil ca este para cualificarme despois de contarlle..., en fin, iso é o de menos. Mal, mal, non me pareceu, por aquilo do signo, aínda que a miña pertenza a el sexa só nominal e non sirva para nada. Pedinlle que matizase:
- Beeen -comezou cun sorrisiño que non agoiraba nada bo-, un chisco irreflexiva, se cadra.
- ¡Irreflexiva eu! -exclamei sen saber se cabrearme xa ou permitirlle continuar.
- Para estas cousas, si, Peke -o sorriso xa era tenro e os olliños, pillabáns.
- Pero eu penso moito, doulle voltas a todo, escoito... -retruquei, consciente de que mesturaba allos con porros.
- Si, claro que si, pero cando te cegas...; a xenética, Peke, xa sabes como é. Cuspidiña a teu pai; he, he. Cotades o trapo vermello como se vos fose a vida nel.
Calei un anaco para pensar, deglutir e suspirar.
- Vale, será así, pero tampouco me meteron tantas estocadas...
A conversa, ao meu pesar, non daba máis de si. Á fin, non lle podes tomar nada a mal a alguén que te mira como el me miraba.
Ningún comentario :
Publicar un comentario