11.11.04

En globo
Había tempo que un libro non me provocaba tal sacudida. Remateino onte e non o dou sacado da cabeza.
A aparente economía de medios consegue introducir o lector na mente do narrador, un adolescente cuxo talento son as matemáticas e o mundo, o seu peor inimigo. Desde a súa perspectiva observamos as relacións entre adultos considerados normais nun mundo en aparencia normal; percorremos o proceso que o leva a abandonar o pai e buscar a nai que el coidaba morta. Unha bagatela para os capaces de relacionarse con fluidez, mais unha odisea para un autista.
Christopher non só consegue chegar a Londres e atopar a nai, senón que tamén supera con sobresaliente o exame de bacharelato en Matemáticas. Logo soña co título de bacharelato en Física e licenciarse con Matrícula de Honor na universidade.

"E sei que podo facer iso porque fun a Londres eu só, e porque resolvín o misterio de ¿Quen Matou a Wellington? e atopei a miña nai e fun valente e escribín un libro e iso significa que podo facer calquera cousa".

Ningún comentario :