Sanchificación/Quixotización
Non deixa de ser curiosa a capacidade de contaxio dos humanos; absorbemos e emanamos fluídos, ideas, esencias, incluso sentimentos, case sempre sen decatármonos, coma quen non quere a cousa. Un bo día sorprendémonos actuando dun xeito, se non oposto, si moi diferente ao habitual, con pleno convencemento de que sempre pensamos igual.
Ás veces abráiame descubrir a B expoñendo o meu punto de vista nun asunto e a Peke defendendo con unllas e dentes a visión de B, que até non hai moito diferían.
¿Cando se produciu a confluencia? ¿Desde que momento as opinións comezaron a camiñar da man?
Tamén me abraia a semellanza -tanto no temperamental coma no físico- entre cans e persoas despois dalgúns anos de convivencia; calquera diría que están feitos un para o outro.
Quizais outro día non me resulte tan inquietante.
Ningún comentario :
Publicar un comentario