Máis que latiña
Pois xa comeza a ser algo máis que amolada esta teima do corpo por acoller con tanta hospitalidade as alteracións do espírito. Hoxe o fisio deixoume desfeitiña de vez e instoume a volver pasadomañá, supoño que para rematar a faena con gusto. Marabíllame a capacidade destes profesionais para levar o dedo xusto onde máis dano vai facer, coma se tivesen un radar específico para identificar contracturas. Iso si, porteime coma unha campiona -¡que carafio!-, inda que nestes momentos, francamente, me importa unha mincha.
Ningún comentario :
Publicar un comentario