Misterio
Con B non podo comentar este tema porque o resolve cun es un encanto e, claro, non me vale porque a súa opinión se basea nun coñecemento ao que ninguén máis ten acceso e que el valora como lle peta.
En verdade intrígame decatarme de que lle gusto á xente da zona coa que trato. Non entendo de música, de programas de televisión, de revistas rosa, de moda, de cine, de bares ou pubs, de personaxes famosos nin me agradan as murmuracións nin as críticas cara ao que non pode defenderse..., nada diso que, en xeral, serve para romper o xeo cos descoñecidos e chantar a primeira pica nunha relación social. Porén, bastantes persoas cóntanme a súa vida, pídenme -sen pedir- orientación nalgún problema e noto nidia a simpatía que esperto neles.
Como son bastante moucho, arroutada, inestable e teño mala uva abondo, este fenómeno resúltame un misterio insondable.
Ningún comentario :
Publicar un comentario