Xenio e figura...
Non hai qué lle facer: caín nas gadoupas da morriña, no tremor de mans e beizos, no proído de ollos acuosos, no cariño arrombado por un tempo pero sempre presente.
Unha antiga alumna, a florista xorda, dous ex-compañeiros de traballo (e porén amigos), un dos meus libreiros preferidos, o dono dun pafeto da zona ao que operaron dunha úlcera perforada hai tres meses (a cicatriz aínda está tenra), o propietario da nosa cervexaría, o seu antigo socio, a miña audioprotesista... (¡Ai!).
Menos mal que marchamos de Auria a media tarde, porque a min xa non me cabía tanto pasado no peito. Cando volvamos en decembro, xa sei o que me espera (cando menos, estarei preparada).
Ningún comentario :
Publicar un comentario