A primeira vez que vin un pano do nariz de papel acababa de caer do vehículo
(o meu modelo era ben máis antigo có da dereita) que miña irmá atara cunha corda ao seu porque lles retrasaba a marcha a ela e mais á súa colega; foi a única vez que dei unha volta de campá e é doado supoñer cómo quedou a carrocería, de carne e pel aínda tenrísimas. Só unha persoa se detivo a limparme o sangue dos xeonllos e calmar os meus doridos berros; unha muller estranxeira subiume ao seu colo e sacou un papel suaviño como nunca eu vira,
Se me guío polos arranxos do vehículo citado, debeu ser pola mesma época que subía ás carreiras os últimos metros da empinada costa do barrio para chantarme diante do escaparate onde estaba o meu ídolo: un marabilloso boneco que se encollía e estiraba coma por arte de maxia.
Xa non lembro algúns detalles, pero gardo nidia a emoción que me enchía cando me achegaba a el e o vía comezar, nada máis verme, a súa danza. Estaba convencida de que bailaba para min.
Ningún comentario :
Publicar un comentario