2.5.05
Técnicas de mercado
Non resisto a mentira, qué lle imos facer; cadaquén ten as súas desviacións e a miña é esa: non resisto a mentira. Que un audioprotesista xogue cun xordo para que lle merque o seu produto, provoque inquietude coas súas falsas palabras, esperte ilusións de fume contándolle marabillas inaplicables é a mellor maneira de que esta xorda se cabree. Tamén é a mellor maneira de que deixe de confiar tanto na xente.
1.5.05
Bloquedada: retrincos da primeira parte
Había nervios, claro, ¡non ía haber!, diluídos no transcurso dos primeiros cinco minutos por obra dunhas persoas encantadoras. Coma se de vellos amigos se tratase, recoñecémonos, rimos, falamos coma cotorras en medio dun balbordo ambiental que engulía a metade das palabras, suplidas con sorrisos e olladas cómplices.
A Martin derrubóuselle a imaxe de muller delicada que tiña de min, cousa que non me estraña nada porque son bastante brutiña cando me dá -e dáme bastante acotío-; como tiña información privilexiada, eu xa contaba cunha vaga idea de con quen me ía atopar; confeso que a devandita información non lle fai xustiza.
Aínda que semelle curioso, non me fixera unha idea do aspecto físico de ninguén, pero debo declarar (mesmo pregoar) que Ike é moitíiiiiiiiisimo máis atractivo do que el pretende e tan doce que dan ganas de comelo a beixos; volvín arrebatadamente prendada del. Mágoa non podermos charlar máis. María Bumblecat e Nuala, organizadoras materiais do evento, rebordan simpatía e vitalidade -ben poderían repartir un chisco comigo- tan contaxiosas que daba xenio miralas. Dorfun representou unha sorpresa non só pola súa mocidade, senón porque non fala de tecnoloxía nin de matemáticas e si doutros temas tamén interesantes máis comprensibles para min. Foi un auténtico pracer compartir tanto tempo con el. Con Hans, Wel, Ictioscopio e Arduina non houbo moitas posibilidades de coincidir, aínda que algo se puido intercambiar. Para a próxima espero que as circunstancias nos favorezan. Akin pasou coma unha nube (ao igual ca tres persoas máis das que sinto non poder dar datos) pois quedara con outro grupo noutro lugar.
A cea, deliciosa (as croquetas de bacallau in-des-cri-ti-bles), mais co problema das mesas alongadas: fías cos catro máis próximos e non hai xeito de entender o que din os demais. Para colmo, eu retireime xusto despois -o corpo manda- e perdín a segunda parte. Para informarse cumprirá ir ás ligazóns. ¡Ais!
Non me esquezo do chofer de luxo que o destino me puxo diante, pero del mellor será que non diga moito, non vaia ser o demo que me mire mal.

27.4.05
Quince anos
No instituto chama a atención que unha cría de quince anos reborde tanto sexo por todos os poros da pel; acotío está enriba dalgún compañeiro, provoca os profesores coas súas actitudes e unha escaseza de roupa que non chamaría a atención nas praias do verán. Os conflitos con outras compañeiras son o pan noso de cada día e non será a derradeira vez que apareza cun ollo inchado e ennegrecido. Sábese defender e sabe atacar.
A nai desapareceu un bo día no Levante para pagar as doses co seu corpo; o pai anda embarcado pero, cando volve, convive na súa cabana con ela e súa irmá de doce; a maior parte do tempo emprégaa en fumar canudos mentres ve filmes porno.
A súa aspiración é ser a mala da historia.

26.4.05
Ánimos

Recuperada case por completo da operación, miña nai goza de ánimos abondos que a levan a pintar de novo tras unha paréntese de apatía. Agora anda cun lenzo no que plasma lembranzas da súa nenez valenciana, con engadidos que o tempo foi inventando. A familia anda revolta pola palabra cancro, mais a ela preocúpana máis outros males que padece, pois non a deixan moverse ao ritmo do seu espírito inquedo. Á tardiña, como levan facendo desde que teño memoria, saen dar un paseo cada vez máis curto, van á cafetería do barrio para ler a prensa local e volven á casa collidos do brazo e apoiados en cadanseu caxato, abraiados quizais do rápido que transcorre a vida. Meu pai ás veces esquece como se fai o no da gravata, pero xa vai aprendendo a tomalo con filosofía e rir de si mesmo. Polo momento seguen aí.
25.4.05
Xuntanza blogueira

Imaxe roubada de aquí. Non me puiden resistir.
Pois parece que o artista canario vén con ganas de rachar coa pana. A xuntanza blogueira promete, se nos guiamos polos prolegómenos cargados de marcha. Eu, por se acaso, tomo a semana con moita calma para que o sábado me atope descansada e non me dea un inoportuno baixón. Será a primeira bloquedada do meu currículo (por certo, ¡que nervios!) e a ver como se porta o clima coruñés. ¿Cumprirá paraugas? ¿E chaquetón Haddock?
24.4.05
Sobre linguas
A medida que fun estudando Sociolingüística e impartía clase dela e de historia do galego fóronme quedando claros aspectos que, sen un rigor previo, desatan auténticas paixóns baseadas en erros, que ao rodar, van crecendo e crecendo coma unha bóla de neve. Falar hoxe por hoxe de colonialismo lingüístico en Galicia resulta tan obsoleto coma pretender revivir os lavadoiros para facer a coada semanal. Aquí nunca houbo colonialismo lingüístico, mal que lles pese a algúns, porque xamais houbo invasión nin ocupación reais. Se se coñece un pouco a historia de Galicia, compróbase que só en moi contadas e brevísimas ocasións foi reino de seu, que as circunstancias políticas o dominaron todo en épocas convulsas e que nunca houbo un intento meditado de machucar a lingua por parte de ninguén; o único que se pretendía apagar e machucar eran os rebeldes políticos. Nada que non acontecese -e siga acontecendo- en milleiros de lugares.
Coma case todos os galegos falo, cando menos, dúas linguas e iso nunca supuxo un atranco para o meu desenvolvemento coma persoa; como moito, serviu para acrecentar as miñas conexións neuronais e ampliarme o horizonte, do mesmo xeito que falar francés, comprender catalán, portugués ou italiano me serve para amplialo un chisco máis.
Sería estupendo borrar a historia dun sopro, cambiala ao noso antollo para converternos en heroes incomprendidos, pero iso sería tan falso coma as fotos manipuladas por Stalin a medida que os seus antigos colaboradores caían en desgraza. Pregúntome con serias dúbidas se sería desexable.
Teño a sorte de pertencer a unha comunidade bilingüe e ser bilingüe eu mesma. A segunda lingua permíteme comunicarme de xeito doado e eficaz con canarios, cataláns, andaluces , estremeños ou madrileños, por poñer uns cantos exemplos, e só por iso non renunciaría a ela. Como tampouco renunciaría á miña primeira lingua, a que emprego para escribir este caderno e todo o demais, a que emprego para falar día a día onde vivo, na que penso e soño...
Ese é o feito lingüístico. O demais é política.

23.4.05
Miniquedada

Xanto coa Señora Dot mentres falamos do divino e do humano e intercambiamos informacións varias sobre o blogmillo e arredores. O pracer da conversa prolóngase até a media tarde na casa arredor dunhas cuncas de té e a compañía de B, interesado nos nosos comentarios. Viveza, curiosidade pola vida e unha cortesía exquisita son características sobranceiras da súa persoa que non lle acaban de facer xustiza porque é moito máis; agardo unha segunda xuntanza antes de que a vida separe os nosos camiños, polo de agora bastante próximos. Despois blogueo aquí e acolá para fixarme nalgúns detalles que non tivera ocasión de advertir e boto algunhas gargalladas ao confirmalos. ¡Ai! Non che vos hai coma a risoterapia para aliviar pesares e fortalecer o corazón.
As dúas concluímos que isto dos blogs nos abriu un mundo novo ao que, hoxe por hoxe, ningunha está disposta a renunciar.
22.4.05
Sen guión
Houbo unha época en que me apreixaba o curioso desexo de ser un personaxe de novela; non dunha concreta, senón de calquera que implicase acción e aventura, con tal de afastarme do que eu coidaba unha vida gris. Hoxe, mentres montaba no coche para facer uns recados, lembrei ese remoto anceio de non ser a que era, de converterme noutra distinta. Sorrín meneando a cabeza. Estanme ocorrendo tantas cousas nos últimos tempos que me aledo de protagonizar unha novela sen guión.
O libreiro e eu
O libreiro de Vila Real conségueme por fin un libro de Chesterton pedido no mes de xuño noutra librería; el solucionouno en dous meses, aínda que a distribuidora está na veciña cidade. Isto de encargar os libros ten o seu aquel, pérdese a maxia de remexer entre os andeis e botar ¡ohs! de sorpresa ao atopar un tesouro longamente desexado -ou inesperado-, pero gáñase en paciencia e saber agardar. Conségueme tamén senllas policíacas de dous autores que sigo desde hai anos, non só porque me entreteñen senón tamén porque me serven para aprender pulso narrativo, mal que lles pese a certos puristas. Nin Mankell nin Leon son autores menores nestas batallas de escritura e plasman con xusteza uns mundos remotos deste mais próximos por obra e graza das palabras.
Váiseme acumulando a morea de libros sen ler, de xeito que reborda o metro de andel que lles teño reservado.
O libreiro é un home repoludo e afable ao que lle pido, sen moito éxito, que non me trate de vostede; depois de tres anos coido que as cerimonias están de máis e incomódame ese trato, quizais porque me fai sentir maior do que son. Á fin de contas, coñece parte dos meus vicios, o que crea un vencello abondo íntimo entre nós.

21.4.05
Porcos
Vou pola prensa e atopo a E e a M dando un paseo; únome a elas -ou elas a min- e imos até o quiosco pola prensa e o vaso da colección. Charlando, charlando, sae o tema da man ausente de E. Quedo estantía cando me di como a perdeu: comeulla un porco cando ela tiña seis meses. ¡Buf!
E de súpeto...
... a febre, a excitación, o saltaricar dos dedos sobre as teclas posuídos pola présa, obsesivos, inquedos por transmitir, antes de que esvaezan, as ideas que se atrapallan nunha parte do cerebro. A ansiada fase de fluidez está en marcha despois de meses de buscar documentación, de informarse sobre aspectos necesarios para a novela, de pensar que, quizais, non sairía o que desexaba. O suspiro de alivio e a satisfacción por este estado impagable ecoarían neste val rodeado de montañas se tivese voz abonda para berrar tan alto.
20.4.05
Esperanza

Volvo de clase de ioga relaxada e contenta a partes iguais; o primeiro, pola propia práctica, que alivia tensións malia que me doian algúns músculos un chisco; o segundo, pola constatación de que, cando alguén ten un problema, case sempre atopará arredor persoas dispostas a axudar. E, a muller toca da que falei ao principio dos tempos, padece unha ansiedade que non semella mellorar con nada; axiña varias compañeiras buscan solucións e, sobre todo, ofrécenlle a súa compañía para o que precise.
E está xubilada; hai seis anos separouse do home e aínda non saíu desa merda, como di ela. Quere pasar páxina mais ese floco permanece aí facéndoa sufrir, segundo uns ciclos que nin ela mesma comprende. Imaxino por un intre a situación e antóllaseme moi dura; o problema non o pode solucionar ninguén máis ca ela. O meu gran de area é prestarlle un libro de exercicios de relaxación que me leva acompañando desde hai anos e me axudou a erguer a cabeza máis de dúas veces. Parece incrible que algo tan sinxelo posúa tal poder; pero hai que saber, claro, porque aquel que non sabe é coma o que non ve.
19.4.05
No aire
A B sobrevéñenlle ciclicamente ganas de cambiar de profesión, cousa que comprendo porque a min tamén me acontecía, se cadra en menor medida, pero aí estaban. Imaxinar por un intre que vas facer o mesmo durante corenta anos mete medo no corpo, a menos que o que fas sexa tan satisfactorio coma para ocuparche a mente durante vinte horas ao día (ou case).
Agora estamos nunha desas fases; é probable que todo quede en auga chirla mais nunca se sabe. Os desexos dese tipo non poden nin deben deixarse pasar coma se carecesen de importancia porque a teñen, e moita. Polo momento estamos á espera de non se sabe que, quizais a que se definan ou esvaian. Iso de que a vida está feita cando chegas a determinada idade é puro conto, máis ben contos de vellas que hoxe por hoxe semellan fábulas para durmir cativos. Eu amareino de profesor, de camareiro ou de pirata, só porque é el e tanto me ten a que se dedique (mentres me dea aloumiños).

17.4.05
Fotos

Estou encantada coa miña cámara, tanto que a levo nun peto a todas as partes e mantéñoa ben á vista na casa por se xorde algo retratable. Esa da esquerda coidei que non sairía e fun a primeira sorprendida cando a vin. Son os piñeiros malditos que lle poñen perdida a propiedade ao veciño, pero o dono da leira négase a moverse para solucionar o problema. Para nós son motivo de pracer case a diario, cando os esquíos deciden corricar por eles tan preto da casa. O espectáculo da súas acrobacias alegra o corazón e quenta a alma. Mágoa que nunca me dan tempo de desenfundar: cando preparo a máquina xa fuxiron coma lebres.

A outra é unha mostra de canto cambian as pólas da cerdeira de día en día. Dentro duns meses comprobaremos o gordos que se poñen os paxaros petiscando nos froitos que nós nunca chegamos a catar: eles son moito máis rápidos.
É curioso que me guste fotografar o grande e o pequeno, panoramas e detalles ás veces tan ínfimos que poden pasar desapercibidos. As flores en particular marabíllanme pola enorme variedade de formas e colores, coma se o nome xenérico de flor lles quedase cativo en exceso.
Desde que a merquei decátome do moito que botaba de menos facer fotografías. A réflex, por desgraza, pesábame demasiado para levala de paseo e aí está, metida na súa bolsa cos obxectivos e filtros.
16.4.05
Diversidade

De cando en vez lembro un vello telefilme dunha serie titulada La cuarta dimensión que poñían na tele en branco e negro de finais dos sesenta. Por obra do desexo do protagonista -un rosmón impenitente que só sabía fungar para dirixirse aos demais-, todas as persoas coas que se cruza son coma el: homes, mulleres e nenos amosan os seus trazos físicos e de carácter. Decátase, entón, do ríspeto que é e prométese a si mesmo cambiar por completo se o mundo volve ser coma antes da súa irresponsable petición. Por sorte para el, o tempo recúa e el cumpre a súa promesa.
Ignoro como me deixaban ver aquela serie porque os episodios producían en min un estraño desacougo, coma se puxesen en dúbida a seguridade do mundo cotián e todo, incluso o máis inverosímil, fose posible. Escuso dicir que impresionaba en grande maneira a miña mente infantil, daquela bastante ocupada en situarme no contorno.
Tamén lembro as sensacións e o nerviosismo cos que contemplei o telefilme: primeiro o contentamento do home ao ver cumprido o seu desexo, a progresiva perda de entusiasmo ao topar deseguido con malos modos e peores caras e, á fin, o recoñecemento contundente do seu erro e da súa propia esencia.
Foi unha das primeiras leccións que recibín sobre a marabilla da diversidade e dos puntos de vista con que se contempla a vida, e aínda hoxe non a esquecín.
¿Por que me veu á cabeza? ¡Quen sabe...!
15.4.05
Personaxes
Teño comentado algunha vez que non son das que escriben sabendo o que vai acontecer; unha idea vaga axítame e rebole durante meses, anos incluso, até que experimento a necesidade de poñerme con ela, explorala e deixarme levar. Non carece de inconvenientes este sistema, claro, coma cando saen personaxes mesmo de debaixo das pedras e atópome cunha morea de xente que non fai máis que armar barullo. Chegados a ese punto, véxome no dilema de matar algún, borralo do panorama ou fundilo con outro. Tamén ocorre o caso contrario: un personaxe en principio cativo medra e medra até constituírse nun dos protagonistas principais.
Temas que non ía tratar métense no medio e non me queda outra que traelos a colación, se non quero que a cousa se revire.
É certo que ás veces os personaxes se rebelan, teiman en non ir por onde ti queres e os moi fillos de súa nai non se deixan mangonear máis ca se a eles lles convén; resulta interesante observar as conversas que manteñen e nas que te obrigan a inmiscirte para coñecer a túa opinión. Iso cando cha piden, porque con frecuencia te ignoran igual ca se foses transparente.
Varias veces soñei que paría... un libro. A primeira, era moi noviña, case nin chegaba a adolescente, e impresionárame moito contemplar aquel parto, en certo modo decepcionante. As seguintes coincidiron con publicacións reais e xa non me colleron por sorpresa. Agora ando preñada dun que promete ir para longo. Veremos canto de lerchos se me poñen os personaxes.
14.4.05
Sete mil trescentos catro

Onte celebramos que levamos convivindo ese número de días, unha morea de anos aos que, se lles sumamos os catro anteriores, darían para un adulto novo. En fin, a cuestión era xantar fóra, dar unha volta por unha das zonas costeiras máis fermosas que coñezo e ver as evolucións dun galo que fachendeaba coqueto na horta do restaurante. Constatei por enésima vez que na maioría das especies animais quen se decora é o macho, non a femia; B comentou que debía de ser bastante triste a vida dun galo sen galiñas; eu retruqueille que a saber onde estaban as galiñas, que aquel macho tiña un aspecto demasiado lustroso para ser virxe e cacarexaba con excesivo entusiasmo para facelo en balde. ¿A quen querería conquistar?
Nós, madía leva, quedamos prendados das súas plumas. Mágoa a cámara de fotos, esquecida nun caixón.
11.4.05
Momentos
Hai momentos duros coma rochas; cortan o alento coma o aire xeado da montaña ou a auga do Atlántico cando pretendes repararte cun simple baño.
Hai momentos dondos coma a escuma; flúe o alento sen pexas coma cando te sentes feliz. É tan sinxelo como saberte en paz contigo mesmo. E tan breve.
Hai momentos dondos coma a escuma; flúe o alento sen pexas coma cando te sentes feliz. É tan sinxelo como saberte en paz contigo mesmo. E tan breve.
9.4.05
O encontro con Ítaca
Refírome, como é de supoñer, á Ítaca de Paleón, con quen non quedei por preferir B un primeiro contacto sen influenzas nativas; tempo haberá en próximas visitas para coñecer en persoa un dos blogueiros máis encantadores do blogmillo e arredores.
Como sopraba un nordés do demo, estiven a piques de saír voando en tres ocasións, mais a metade de catedral aferroume moi forte e non houbo que lamentar danos persoais; zona máis batida ca esta e menos protexida, promete ventos frecuentes e treboadas espectaculares, sen o abeiro de cordais que freen o embate da Natureza. O porto, un dos maiores e con máis movemento de Galicia, foi o noso primeiro destino -como non podía ser menos- e confeso que ollei con desacougo o revoar de tantas e tantas gaivotas sobre as nosas cabezas, pois non levabamos nin impermeable nin paraugas. Tivemos máis sorte có coche e saímos indemnes da aventura; el, por desgraza, volveu cunha capa branca irregular con reberetes de encaixe orgánico; mañá terei que darlle uns mangueirazos para que recupere a cor verde orixinal.
O instituto está nun outeiro desde o que se divisa a vila, a ría e moito, moito máis, o que fai supoñer unhas aulas luminosas desde as que gozar das vistas ignorando sen disimulo a función das mesmas e as principais tarefas dos ocupantes. Por certo, xusto debaixo del véndese unha casa con horta por un prezo que, en principio, me pareceu excesivo, pero nunca se sabe as voltas que dá a vida.
En fin, que volvemos contentos, ilusionados e convencidos de que será un lindo lugar para vivir. Que así sexa.

7.4.05
Dúas notas
1ª Poñendo o cursor sobre algunhas fotos deste blog (as miñas, non) sae unha manciña; se se preme, sae unha sorpresa que aprendín hai unha tempadiña. He, he.
2ª Boto de menos a Akin, Jaio, Martin e Vendell. ¿Falta moito para que se arranxe esa desfeita?
2ª Boto de menos a Akin, Jaio, Martin e Vendell. ¿Falta moito para que se arranxe esa desfeita?
Obras

As obras da casa do lado están comezando a fartarme; entre os ruídos de camións e maquinaria diversa, as peticións constantes de que lles permita usar o meu patio para pasar material de xeito máis doado e o par de desfeitas que xa levan causado (e amañado, ¡madía leva!) paréceme a min que non tardarei moito en dicir ¡até aquí chegamos!
O dono da propiedade, grande e cun bandullo como nunca vira, foi quen construíu todas estas casas de tellados de lousa; seica ten tantos cartos que podería dar de comer e de beber sen problemas aos cidadáns dun país non demasiado pequeno. A raíz do primeiro estrago escoiteino dicir sen alterarse, coma se fose o máis normal do mundo, que a rampla en cuestión -por onde pasamos co coche- non estaba ben rematada. ¿En que quedamos? ¿Fixéchela mal á mantenta? ¡En fin!
Os dous obreiros que cargan co peso do traballo non paran en todo o día, baixo atenta ollada do xefe, e B non resistiu a tentación de alcumalos como Pepe Gotera e Otilio á vista da evidente semellanza. Aínda que carezo por completo de tendencias rexoubeiras, de cando en vez axexo desde o meu impagable observatorio para observar xestos, movementos, actitudes e xeitos de traballar. Unha escritora que se prece debe documentarse e coller apuntamentos do natural. Case sempre resulta divertido.
6.4.05
Ao abeiro da Catedral

Dicía Bruno Bettelheim que vivir é un privilexio, frase que aprendín a compartir a base de desdramatizar os malos momentos e apurar os bos até o fondo.
Repaso un libro mercado no 99 que por distintas circunstancias estaba medio esquecido na sección correspondente, entre ensaios sobre psicoloxía, aforismos de Quevedo, sarcasmos e agudezas de Voltaire e meditacións de Marco Aurelio, entre outros. Concibido coma obra de consulta para especialistas, pero accesible aos profanos, salienta a escaseza de palabras para referirse a emocións positivas fronte ás abondosas negativas, moito máis matizadas e definidas. Isto non deixa de ser un reflexo da realidade: meditamos, analizamos, reflexionamos... bastante máis nas nosas facetas sombrías ca nas luminosas; cun estou contento liquidamos unha sensación que ten matices e aspectos diferentes segundo a súa intensidade, o motivo do que xorde e o que desencadea en nós. Somos avaros co optimismo e o positivo, quizais porque están mal vistos polos intelectuais que ollan con piedade aqueles que coidan simples só porque ven a vida menos negra ca eles.
De feito, existen moitos máis libros serios que tratan as emocións negativas cás positivas, o que non deixa de ser paradoxal nunha sociedade que se pretende do benestar. Quizais aí radica o miolo do asunto: damos por supostos todos os dereitos e praceres e amólanos que algúns se nos resistan.
A min gústanme estas palabras de Henry Miller: É bo o mero feito de ser feliz; é un pouco mellor saber que o es; pero comprender que o es e saber por que, e seguir séndoo, ser feliz séndoo e sabéndoo, ben... iso é máis ca felicidade, iso é unha beizón.
5.4.05
Alegrías

Miña nai saíu ben da operación; telefonoume á mañá e parecía animada. Agradecín escoitarlle firme a voz, amosando ganas de volver á casa para seguir adiante coa vida de sempre. O médico preve ese paso para mañá e non cansa de fornecerlle azos.
O aire está limpísimo, con ese azul intenso que lle pon aquí a primavera; se non estivese tan cansa, daría un paseo, metería os pés nese río que desemboca na praia, perseguiría parrulos e gaivotas, xogaría cos corvos mariños e tomaría o sol.
Se cadra pola tarde teña máis forzas. De non ser así, sentarei no balcón a contemplar a liña do horizonte.
Límites de expresión II
Gustaríame dicirlle que poña os ollos noutro home, que ese que a atrae está ocupado, que o deixe en paz. Pero suponse que son unha muller moderna que respecta a liberdade.
Gustaríame chamarlle catro cousas sonoras, explicarlle que o que fai é un xogo perigoso, que non lle envíe máis correos incendiados porque sería capaz de arrincarlle os ollos. Pero suponse que son unha muller moderna que respecta a liberdade.
Gustaríame presentarme no seu lugar de traballo e armarlle unha ben armada, como facían as actrices italianas nos filmes dos sesenta; cruzarlle a cara cunha ollada de desprezo ou de rabia ou de carraxe; berrarlle a miña xenreira con contundencia inapelable. Pero, como se supón que son unha muller moderna que respecta a liberdade, amólome e mordo as unllas en silencio.

4.4.05
A morte

Tiven que deitar moitas bágoas, sentir a esgazadura da ausencia, consolarme coas lembranzas para chegar a asumir a idea da propia morte. Dito así semella un proceso doado e rápido, pero non: houberon pasar anos. Envexaba a lucidez de B nesa cuestión para min angustiosa que non daba aceptado e que para el semellaba tan clara desde a morte de Ito, seu irmán maior, nun accidente de coche. Xurara entón que nunca, nunca máis, permitiría que esa dor o asolagase de novo.
Acudín durante un par de anos aos funerais de seres queridos que formaban parte do meu mundo; persoas novas con moita vida por diante ás que, de súpeto, se lles crebou o camiño. Doe a noticia, provoca estupor, incluso rabia ou impotencia (non sei moi ben como chamarlle), pero tamén aprende que todo e todos formamos parte dun proceso que non ten volta: nacemos, vivimos e morremos. Desde o momento en que esas palabras se me meteron na cabeza de verdade reconcilieime de vez e vivo moi tranquila, sabedora de que o importa é a do medio, sen outras lerias. Cando toque, tocou, e aquí paz e despois... ¿quen sabe?
Mágoa a miña incapacidade para facérllelo comprender aos seres que amo.
3.4.05
¿Que lle ocorre a blogalia?
Desde hai uns días non hai xeito de entrar nos blogs de blogalia. Agradecería que alguén me explicase que raios lle pasa. Grazas.
Solpor

Ignoro se é unha actitude correcta, sa ou morbosa, pero, en calquera caso, magoa. Oitenta e catro e oitenta son unha morea de anos para os pais dunha, sobre todo se os males non teñen reparo en instalarse neses corpiños mirrados. Caricaturas de si mesmos, agardan mellorías imposibles, transmutacións máxicas ou que sei eu. Quizais esperan de min algo que, probablemente, nunca lles poderei dar, porque a vida é así de puta. Nin teño saúde nin ganas para darlles o que ansían sen sabelo. E dóeme. Sempre me doe.
1.4.05
Calor e suores
Creo que vai sendo hora de cambiar o edredón groso por un cobertor lixeiro; o pixama, por unha camiseta XL, e os xerseis, por camisas liviás; tampouco estaría de máis arrombar pantalóns e carpíns e pasar directamente a saias e sandalias. Escorrégame a suor lombo abaixo mentres fago os recados e teño que enxugar as pingas que me embazan os lentes coma se estivese traballando na obra do lado.

O cheiro a primavera éncheo todo; o pole, en doas de rosario, esvara polo aire provocándome restras de esbirros que me fan chorar, e o estoupido imparable da cerdeira troca o escenario de día en día, de xeito que o que ves á noitiña desaparece á mañá coma se nunca tivese existido.
Mañá iremos á aldea sagrada visitar a parte menos barulleira da familia, un chisco vida a menos por mor da idade e os achaques. O luns operarán a miña nai. Que todo saia ben.

31.3.05
Onte

Baixaba eu pola estradiña do monte con destino á clase de ioga cando se me cruzou no camiño un esquío; detiven o coche para velo de preto e comprobar esa cacarexada axilidade que os caracteriza; o compañeiro, parella ou amiguete animouse tamén a cruzar en vista de que non había perigo: olleino agatuñar a dous metros de min e pararse no cume dun muro para devolverme a mirada e permitirme contemplalo a gusto. Logo proseguiron a súa carreira acacia arriba e perdéronse entre as pólas deixándome unha caloriña interior que me puxo nos beizos un sorriso do máis parvelo. Acababan de engadirlle ao día un misterio especial. ¿Por que me sentín tan ben despois deste episodio?
A sesión de ioga non foi suave para min porque estaba moi cansa; tanto, que non facía máis que devecer pola relaxación final para calmar varias dores detectadas polo fisio. En fin.
Agardamos até as doce coma campións para mirar isto. Por fin saíron os traslados e déronlle a B o que quería; o mellor, sen dúbida, é saber que imos vivir nun lugar escolleito por nós, non produto do azar; tamén, que rematou a tensión dos últimos veráns, pendentes de listaxes e comisións de servizos salvaxes. E máis cousas que non veñen ao caso.
Agora B atópase co corazón dividido: ilusión polo que está por vir e tristura polo que deixa atrás. Así é a vida.
30.3.05
Encontro e sociolingüística
Atópome con F, a promotora daquel taller de escritura que tan mal se inaugurara; asegúrame que me ipso non volverá e convócame para o xoves da vindeira semana por teren ensaio de teatro xoves e venres ela e outras mulleres rurais. Sen querer, vou analizando* as súas competencias lingüísticas en galego e en castelán, e a miña deformación profesional lévame a sacar unhas cantas conclusións. De primeiras emprega o segundo, pois o tema tratado para ela é serio; ao comprobar que eu uso o primeiro, vese arrastrada a pasar a el.
Muller cunha formación básica, accedeu pouco e pouco á poesía -á literatura en xeral-, identifica como lingua de cultura o castelán, exprésase nel con seriedade, medindo as palabras, mesmo ás veces buscándoas de xeito evidente no seu dicionario cerebral; non dubido de que o escribe con corrección. Porén, o seu galego é moito máis fluído, espontáneo, sen vacilacións e directo; non lle percibo ningunha incomodidade por usalo comigo. Tampouco dubido de que non sabe escribilo. As súas competencias lingüísticas orais son coma o día e a noite nunha lingua e noutra; as escritas tamén, pero invertidas.
E así, coma se nada tivese mudado en vinte e tantos anos, a xente de certa idade continúa utilizando dúas linguas para funcións distintas: a lingua A -considerada máis culta e prestixiosa- para falar con persoas consideradas cultas de temas considerados serios; a lingua B -percibida como non culta e carente de prestixio- para falar do cotián e, só en casos moi concretos coma o presente, dunha cita para dentro dunha semana. A famosa diglosia de corpo presente unha vez máis.
*Si, Cesare, tiñas razón: todos analizamos constantemente.

28.3.05
Límites de expresión I
Quixera dicir que non a soporto, que me ataca o nervios, que é unha das persoas máis deplorables que coñezo, que, de as circunstancias seren outras, habería moitos anos que non lle dirixiría a palabra. Pero suponse que son unha muller civilizada.
Quixera berrar ben alto cando berra, explicarlle con puntos e comas por que fracasa no que emprende, por que a xente non actúa como ela quere, por que non volverei poñer un pé na súa casa. Pero suponse que son unha muller civilizada.
Quixera non volver poñer un pé na súa casa, non ter que verlle a cara outra vez, non aturar nunca máis ofensas disfrazadas de azar, non asistir ao penoso espectáculo do que está facendo cos seus fillos. Pero suponse que son unha muller civilizada.

27.3.05
Cambio de hora
Onte levamos a Cesare até Teucro e aproveitamos para visitar a banda máis barulleira da familia. O adianto da hora cóllenos por sorpresa despois dunha noite pasada por auga baixo beirados de edificios e carreiras aos treitos.Volvo cos oídos ateigados de berros (infantís e non tanto), abouxadores ladridos de can e caos indescritible, a medias arrombados en canto poñemos o pé na nosa casa.
Algúns proxectos de Cesare chámanme a atención, mais aínda non tiven vagar para determe neles cos sentidos necesarios; o máis probable é que noutros nin sequera me deteña. O seu exceso de traballo consegue atafegarme e rífolle un pouco por enredarse en tanta leria sen peneirar abondo; quédame o consolo de que, cando menos, aquí descansou o corpo durante unhas horas.
Sacia a miña curiosidade respondendo preguntas sobre persoas que el coñece máis de preto; en poucos casos me sorprenden os datos fornecidos entre licor café (el) e viño tinto (eu), aínda que hoxe non estou tan segura.
Agora a min tamén me toca remoer.
24.3.05
De probas
Isto é como navegar por un mar proceloso cuxos cons máis traizoeiros saben a inglés. Áchome torpe en extremo e pido papas; a primeira cullerada veume de Teki (a medias con MH), a segunda de Akin, a terceira de Paco Penas e a penúltima de B (¡e as que lle quedan!). Non acabo de entender o tecnolecto informático, linguaxe específica e abstrusa para os profanos na materia. O ordenata pregunta cousas dando por suposto que unha entende. E non. Unha quere, dálle ás teclas e... ¡En fin! Reflexións á marxe, iso de aí arriba é a foz do Miñor nun serán en que a luz axudaba. A min gustoume o resultado.
Destinos

Horroriza pensar que o noso destino estea escrito en non se sabe que páxinas ocultas, coma se fósemos personaxes de calquera conto marabilloso tipificado por Propp. Teriamos unha función definida nunha historia na que, se cadra, só estariamos para axudar ao heroe a avanzar un chanzo na escaleira que o conduce ao éxito, pero careceriamos de vida propia que se xustifica a si mesma. Quizais serviriamos, consonte Bettelheim, para apoiar os cativos na súa construción mental do mundo, e aí remataría a nosa utilidade.
Apréixame ás veces a inquietante sensación de non ser máis ca un minúsculo elemento dun relato alleo do que nun momento dado se podería prescindir sen que a historia cambiase demasiado; o labrego que lle indica ao protagonista onde se atopa a chave que busca, a árbore cuxas raíces non poden medrar por teren un tesouro ensarillado nelas, a bruxa que persegue a noite nun carro roubado, ese mesmo carro... Princesa, nunca.
22.3.05
Menciñas
Tomo as menciñas da noite de xeito mecánico e sorpréndome soñando por un intre que non me cumprisen, tan só un intre. Coa mesma vénme á cabeza unha escena vivida na barra dun bar de Auria hai, cando menos, unha década; acababa de morrer Carlitos de sida (¿xa pasou tanto tempo?) e eu arrastraba a fase máis amolada da doenza cíclica que me acompaña desde adolescente. Tamén atravesaba un episodio de licuefacción provocado por isto, daquela xustificado polas circunstancias. Entre unha cousa e outra, ollaba a B cunha dor que comezaba pouco e pouco a vivir con dignidade, sen saber aínda con certeza que outros regalos me tiña destinados a vida. Véxome a min mesma dicíndolle sen dubidar: Prefiro perder dez anos de vida a causa das menciñas que seguir con esta montaña rusa. De fondo, a desolación pola morte temperá do -ás veces, só ás veces- sensato Carlitos, o amigo da nenez de B a quen eu aprendera a querer.
Quizais se deba a que esta noite teño vagar (e talante) para observar con distancia ou a que, sinxelamente, lle ía tocando, que me decato do fermosa que é a vida, a pesar de atrancos, molestias, dores e dificultades. Por veces acho de menos unha maior cota de saúde, malia a consciencia de que apreciala non deixa de ser unha cuestión persoal. Ao tempo, coma se todo acontecese asemade, escoito do pasado voces expertas insistíndome -ignoro se para consolarme- en que eu era moi forte. ¡Ha! ¡En absoluto! Só me adapto coma as ratas. E, coma a elas, gústame vivir.

Cute tersa e corazón maleable
Desde que aprendín que remoer vellas coitas non conduce a ningures, esfórzome con todo o meu ser en pasar páxina eliminando a xenreira. Din que o rancor lle senta mal á cute e endurece o corazón, e a min gústame ter a primeira tersa e maleable o segundo, escoitar opinións alleas e contrastalas coas miñas para, dese xeito, obter unha visión máis complexa do mundo. Non sempre consigo ver a parte positiva dun pensamento diverxente, pero sei que o respecto mutuo, máis ca básico, resulta elemental en calquera convivencia.
Quero crer que o que nos pasa, bo e malo, pretende ensinarnos algo con frecuencia valioso, por moito que no momento ignoremos de que se trata. Ao mirar o camiño que levo percorrido, decátome de canto cambia a maneira de pensar, do necesario que é seguir evolucionando e da importancia de arrombar o falso orgullo para dicir síntoo cando metemos a pata ou ferimos sen querer.
Hoxe non subscribiría ideas que berraba hai vinte anos pero tampouco me apetece renegar delas: formaron parte de min, influíron para converterme no que son e contribuíron a ampliar os matices do meu mundo.
Teño unha camiseta cunha lenda que subscribo: Contra o pensamento único, contrabando de ideas.

20.3.05
Ansiada chegada

Supoño que o de menos é saber canto durará; o de máis, aproveitar este respiro de tanto sol e secura que estaba acabando co noso equilibrio. Non estamos afeitos á ausencia prolongada de chuvia nin aos seus efectos; os encoros baixo mínimos ameazan cunha primavera e un verán perigosos, cando menos nesta zona turística que se enche de xente ávida de mar e calor.
Malia non chover a cachón, a auga lava a atmosfera e dá gloria respirar a lentura que emana da terra; semella un agasallo do mesmísimo Zeus.
Consólame unha miga do que coido o rexeitamento por parte da miña enxiva da cartilaxe de vaca enxertada hai unhas semanas. Sacódenme arrepíos cando me imaxino así.
19.3.05
Abismos
É demasiado tarde para atopármonos. O seu xeito de ver o mundo irrítame, quizais tanto como a ela lle irrita o meu. Colgo o teléfono cun sabor agre na boca que me tensa a face, sabedora de que nada vai cambiar por moito que eu o soñase un día xa tan remoto. Porén, continúo anoxándome coma a primeira vez, zarrapicándome insultos por ilusa, demorándome máis da conta en serenarme de novo.
O abismo segue aí, afastándonos sempre. Imposible erguer pontes que se apoien só nun lado.
O abismo segue aí, afastándonos sempre. Imposible erguer pontes que se apoien só nun lado.
18.3.05
Por fin

Xa sei que non son grande cousa e que decepcionarei a Dorvisou, pero son as primeiras que podo poñer aquí e facíame ilusión. As Cíes, aí á dereita, quedan case enfronte da casa na que vivo; a luz cambia a cada hora do día e esta saqueina á mañá, cando o sol empezaba a acariciar -coma quen non quere a cousa- o que pillaba ao seu paso co permiso dunhas nubes reticentes. Esa pequena chepa que se aprecia á esquerda da foto é unha das Estelas, onde o noso caseiro vai de pesca no verán, actividade que algunha vez nos resolveu o xantar.

Na outra está Vila Real, brillando baixo o mesmo sol e agochando vidas, algún drama e unha evidente especulación inmobiliaria que, máis tarde ou máis cedo, acabará sendo a súa perdición -se non o é xa.
Ao erguerme cada día saio ao balcón a comprobar que aínda está todo no seu sitio, que a ningún diaño burleiro se lle ocorreu a malévola idea de escondelo para deixarnos cos fociños dunha cuarta. Por sorte, cada día descubro que o que me rodea, cando menos, continúa ocupando o seu lugar.
Grazas, Akin. Es un encanto.
17.3.05
O pecado de entreter

Hai días coma o de hoxe que me levanto co abraio prendido das perfebas e non se me vai por moita auga que lles bote; entón remexo na miña beira razoable e rífome a min mesma por seguir mantendo en determinados aspectos esa especie de inocencia que algúns críticos literarios desprezan cunha condescendencia digna de mellores causas. A claridade na escritura está mal vista, é unha concesión a un lector que non a merece, rebaixa a santidade da letra impresa e, por suposto, non di nada a prol do autor que quere ser entendido. A categoría do mesmo sofre un grave revés se, para maior inri, os seus libros entreteñen, achegan unhas horas de pracer e converten en doadas de aprehender ideas profundas... ou que eles coidan profundas.
Así, establecen categorías, separan a palla do gran e clasifican os escritores segundo uns criterios elitistas que pretenden deixar moi claro qué deben ou non deben ler aqueles que aspiran a pertencer ao círculo dos escolleitos. Como non son unha intelectual nin me deixo arredar a estas alturas pola opinión de aparentes puristas, continuarei actuando como adoito: fiarme só dos que me semellen honestos e non insulten.
16.3.05
Cousas de nais I
A nena non aprendía nada no colexio, todos os días volvía á casa triste e doída porque os compañeiros se burlaban dela; as conversas da nai co equipo de orientación non resolvían o problema nin fornecían alternativas; entrementres, a cativa sentíase infeliz.
A nai, farta da situación, decidiu cambiala a un centro especial para rapaces con síndrome de Down; quería recuperar o sorriso da filla, o seu benestar, que progresase e aprendese de verdade.
Cando a cativa volveu á casa o primeiro día rebordaba alegría; lanzouse ao colo da nai con palabras atrapalladas e satisfeitas: ¿E sabes o mellor, mamá? Todos son chineses coma min.

Tópicos que me cansan I
-Falar galego implica ser nacionalista. Unir o uso dun idioma a determinadas ideas políticas seméllame tan simplista que riría se non me fixese chorar.
-A esquerda faino todo ben; a dereita, todo mal. Maniqueísmo ridículo e empobrecedor que limita calquera intención de diálogo a unha conversa entre xordos ou a un intercambio de insultos que non achegan nada produtivo.
-Todos somos iguais. Pois non, non somos todos iguais, afortunadamente. A única igualdade desexable é a legal; o demais resulta tan absurdo como pretender que os garavanzos se convirtan en lentellas ou viceversa.
-Idénticas oportunidades para todos sen distinción. ¿Incluso para quen non as quere? ¡Por favor!

15.3.05
A tintureira e as diferenzas
Ma posúe dúas tinturarías, unha na Ramallosa e outra na Vila Real. Muller emprendedora, non lle ten medo ao traballo nin a tomar decisións difíciles. Hai pouco despediu unha empregada que duplicaba o soldo mensual roubándolle cartos da caixa todos os días; grazas á cámara oculta instalada nun recanto comprobou o que non quería crer. Levámoslle á primeira a roupa da semana para lle pasaren o ferro e ela tráenola de volta ao cabo duns días.
Como lle encanta a lectura, cada vez que vén préstolle un libro e charlamos. Anda preocupada pola súa filla de doce anos, mala estudante e pouco responsable, por iso dálle voltas á idea de cambiala de colexio; consultounos sobre o que lle ofrece máis garantías, pois non lle fai graza a tendencia do centro a pesar das cualidades observadas.
Eu xa lle manifestara a miña opinión, nada ambigua por certo, e onte escoitou a de B, distinta en enfoque e conclusións.
Ao marchar, fíxonos un comentario que non escoitaba desde había tempo: Non sei como estades xuntos se pensades de xeitos tan diferentes.
Se cadra esa é unha das razóns.

14.3.05
Electricidade

Agora que a primavera está ás portas, e a pesar de seguirmos padecendo unha seca esaxerada -e exasperante-, parece que vai descendendo o meu nivel de electricidade; cando menos o coche, as ventás e todo canto obxecto metálico toco xa non me dan xostregadas a traizón.
Ignoro como se produce o fenómeno, malia consultarllo a un físico que traballaba comigo a raíz dunha descarga fortísima que lle soltei a B cando empezaba a bicarme (saíu despedido cara atrás e a min quedáronme os beizos ardendo co proído), pero é real coma a vida mesma: acumulo enerxía eléctrica de tal xeito que lla comunico a calquera ao mínimo roce asemade que reverte sobre min. Non me cómpre tocar algo metálico nin tecidos de fibra artificial: algodón, la, liño ou cánabo rebélanse tamén contra as caricias dos meus dedos e déixanme tremendo coma se os acabase de meter nun enchufe de alta voltaxe.
Non sei se este descenso é só un breve respiro ou se converterá en tregua prolongada, pero resulta un descanso.
12.3.05
Quinta cousa: a blusa
Fixéronme de seda nunha factoría chinesa; as mans que me cortaron e coseron eran tan expertas que nin unha soa vez cravaron a agulla en sitio errado, por iso saín perfecta. Viaxei moitos quilómetros acomodada nunha caixa á medida e, tras algúns abaneos, fun dar a unha das tendas máis exquisitas dun remoto país. Alí acaricioume con desexo unha muller que, de inmediato, me sacou do leito, logo despregoume para verme ben e, por fin, proboume. Descubrín con abraio qué se sentía envolvendo un corpo como aquel, lanzal e firme; seguín as curvas dos ombreiros asentándome á primeira, esvarei por uns seos xenerosos procurando non quedar prendada das mamilas -sabía que sería a miña perdición-, porteime con decoro para non espantala e ben que me custou non morrer de pracer. En cuestión de minutos as miñas sensacións brincaron dun cabo a outro do espectro, decepcionoume que me retirase, desespereime cando me dobraron outra vez e chorei de alivio ao comprobar que a muller me levaba canda ela.
Amosoume orgullosa a un señor elegante que lle pediu sorrindo próbaa para min. Non tiven que esforzarme para lucir espléndida, o roce desta pel transpórtame ao paraíso e sei que son a blusa máis feliz do Universo.

11.3.05
Atraco
Cóntanos un camareiro que un dos locais onde traballa debe pagar á SGAE a mesma cantidade de diñeiro todos os meses. Durante xullo e agosto abren a diario; durante os demais, só as fins de semana. A min non me cadran as contas (son de letras). Non me estraña que a xente se cabree.
¿Obrigaranme a pagar por prestar os libros da miña biblioteca ou os nosos discos? ¡Que o intenten!
¿Obrigaranme a pagar por prestar os libros da miña biblioteca ou os nosos discos? ¡Que o intenten!
Concesión
A vella estación do tranvía na Ramallosa, convertida en cafetería e club da terceira idade, pechou hai unha semana; débese, ao parecer, á concesión do Concello, segundo me informa unha compañeira de ioga. Non coñezo os detalles -raro sería o contrario-, pero sospeito que o prezo pedido por ese caramelo sobrepasaba con moito o que os últimos concesionarios estaban dispostos a pagar.
Paso por diante a diario cando levo a B ao instituto; sábados e domigos adoitaba parar a tomar un té en compañía dos xornais; era un lugar estupendo para quedar con calquera ou observar o comportamento humano. Desde a súa terraza vese o esteiro ao completo, sempre animada de bicherío e vida bulideira; incluso ten á beira un parque infantil para solaz de críos, alivio de papás e tormento de oíntes. Desde que pechou, non é o mesmo ir mercar a prensa e o pan. Espero que non tarde en volver abrir.

9.3.05
Saudades
Hoxe acho de menos o acougo que dá sentirse parte dun lugar; a barra da cervexaría O Moucho ante a que sentaba case todos os días a compartir palabras, sorrisos e tristuras con seareiros e patróns; os encontros inesperados en calquera rúa que traían ecos dun pasado convertido en lembranza; as conversas serenas con Matilde, que me aprendeu a crecer; a chegada dos birrios a finais de abril enchendo de chíos o ceo de Auria; os paseos pola beira do Barbaña observando como medraban as crías de parrulos e pitas de auga; a Elvira e as nosas coincidencias vitais; as visitas de Nino cando estaba de baixa e as charlas que mantiñamos os tres; as quedadas con Rubín e o seu fardelo de problemas; os bicos dos amigos despois de tempo sen vernos; a ledicia tola dunha cita inesperada con Cesare; a satisfacción por notar o interese na cara de Seoane, Toño ou Troiti cando lles contaba as andanzas de Rosalía; a emoción dunha Torga ateigada de amigos atentos ás palabras de Pedro...
Hoxe veu visitarme o pasado.
Hoxe veu visitarme o pasado.
8.3.05
Portas

Non digo nada novo ao afirmar que o motor dos avances é a curiosidade, ese interese por saber que se agacha tras unha porta pechada. Nos dicionarios de símbolos oníricos as portas abertas ou entreabertas son invitacións a dar o paso que conduce a un cambio; se permanecen pechadas, o propio soñador crea pexas para avanzar.
Con frecuencia soño con portas; unha das últimas veces aparecían varias a ambos os lados dun corredor e eu atravesaba dúas para atoparme con senllos cuartos que en tempos pertenceran a dous soldados de distinta clase social. A miña reflexión sobre o clasismo no exército, mentres saía do segundo, quedou coutada polo espanto cando descubrín, ao fondo do corredor, unha quimera moi semellante a esta, mais coa diferencia de que o lado dereito do corpo era branco e o esquerdo, negro. Corricaba choutando coma un cachorro brincadeiro, perdido -ou quizais avivado- todo rastro de fereza; o meu eu soñador non confiou na aparente falta de perigo e lanzouse a percorrer corredores e escaleiras para afastarse axiña de alí. O aprendiz de cachorro viña detrás, grande coma un mundo, amosando un sorriso cheo de dentes nada tranquilizador.
Aínda que tiña outros elementos desconcertantes, aquel soño intrigoume moitísimo. Consultei algúns manuais e neste atopei unha referencia que me deu que pensar; nunha soa frase o autor afirmaba que era símbolo da perversión complexa, ao igual ca outros seres teratolóxicos.
De súpeto decateime de que ese día estivera lendo unha reportaxe sobre outras quimeras que incluía fotografías de persoas cos ollos de distinta cor, sinal inequívoco de seren dous nun só. A mente fixo o resto.
6.3.05
Cuarta cousa: a boquilla
Xazo na gabeta superior do escritorio da miña dona; non me atrevo a reprocharlle que me colocase no lado dereito, con facturas e documentos que non frecuenta acotío, pois sei que evita terme presente a todas horas. Coma antes. Estraño as caricias dos seus dedos longos, expertos en tocar, encaixando á primeira un cigarro que sabía a gloria; os bicos dos seus beizos apreixándome suaviño permanecen nidios na miña embocadura, lenes roces de ás de bolboreta a piques de caer rendida, sen mancar. Só ás veces, alterada por unha idea que temía fugaz, aferrábame entre os dentes cuxas marcas conservo coma lembranza dunha vida preñada de sentido. Non me doía.
O fume xa non me percorre o interior do corpo; o lixo non desloce a miña cor de mel de romeu; os anacos de tabaco non atoan desde hai tempo o meu conduto; estou limpa. Só ás veces, moi de cando en cando, sácame do encerro no que vivo des que deixou de fumar. Unha vez, só unha, achegou de novo a súa boca á miña provocándome un tremor esperanzado, axiña malogrado.
Desde aquela eu..., eu adoezo de morriña.

5.3.05
Celebración

A festa grande de Vila Real lévanos a pasear por lugares con menos rebumbio, lonxe da riada de xente que todos os anos por estas datas colapsa a vila e provoca caos circulatorio, choros de nenos cargados de angustia e atascos atafegantes de peóns, atrapados entre dúas rúas sen poder avanzar nin recuar. Nesta ocasión reduciron o número de postos a douscentos e pico -fronte os máis de catrocentos do ano anterior-, demostrada a imposibilidade de moverse entre tantos atrancos. Viño, embutidos, doces, artesanía en madeira, antigüidades... enchen as estreitas rúas para pracer dos visitantes e desesperación dos veciños, que non poden acceder ás súas vivendas até o remate da xornada.
Baixo as roupaxes de época (abondo indefinida) entrevense zapatóns contundentes, pantalóns actuais e xerseis para protexerse do frío. Non é caso de, por celebrar a Arribada, coller unha catarreira ou algo peor. Durante os días da festa os altofalantes espallados por todos os recunchos emiten música ambiental a un volume prohibitivo que semella non molestar a ninguén.
Malia todo, resulta unha festa linda para ver unha vez na vida.
4.3.05
Soños estraños
Hai unha reunión importante á que acudirán persoas de varios lugares; momentos antes recibo un correo de Vendell, con foto incluída, que me explica a súa ausencia polo vento reinante. A chamada do surf non se pode desoír, e menos se vén dun lugar coma este. A foto móvese (sospeito que niso ten algo que ver a relectura do segundo libro de Harry para o foro de Akin).
Xanto co meu mellor amigo nun restaurante da Vila Real; na sobremesa, entre té e café, cóntame que algo o desequilibra: unha compañeira de traballo está namorada del ou cre estalo e a súa ansia imperiosa é satisfacer ese desexo que lle proe os adentros. Para o meu amigo a fidelidade á súa parella -da que se sente fondamente namorado- está por riba de calquera outra cousa, pero saber que forma parte dos soños de alguén pono nervioso. Confésame que non lle importaría probar. ¿Que penso eu? ¡E eu que sei! (Aquí si que non sospeito nada de nada).
O único que sospeito é que a catarreira me fixo subir a temperatura habitual.

2.3.05
Observar sen ser vista

A primeira catarreira forte que pillo en dous anos consegue poñerme a pel do nariz do grosor dun papel de fumar e tan vermella que fai dano miralo. Atordadas as miñas facultades mentais, dedícome a pasmar máis do habitual, coa boa fortuna de que están facendo obra na casa veciña. Vinte metros escasos -a ollo- sepárannos dese pareado de catro plantas, piscina azulexada e terreíño en pendente nada desprezable; un obreiro con funda azul e xaruto apagado entre os beizos afánase na construción do que será unha escaleira, mentres o compañeiro -con pantalón e xersei de hai trinta anos, bandullo poderoso e movementos convulsos- cavaba hai dous días nunha zona onde agora coloca bloques; trabuqueime ao pensar que aí iría unha hortiña ou un xardín.
Observar sen ser vista prodúceme a curiosa sensación de ser indiscreta, nada máis absurdo por eles traballaren ao aire libre; mais os seus movementos contidos, as súas furtivas olladas ao contorno cando queren afastarse para mexar -ou o que sexa- indícanme que o pudor humano ten tales raíces que, incluso nun deserto, obrigaría a algúns a aturar as ganas até non estar seguros da súa soidade.
Se cadra para o verán, se seguimos aquí, teñamos veciños a menos de vinte metros. Prefiro non pensalo.
28.2.05
Ires e vires

Doulle voltas á historia da pantasma sen decidirme polo ton que mellor lle pode acaer. Como me encanta a mestizaxe, emprego elementos en principio dispares, capaces de levarme moi lonxe ou, pola contra, a ningures; imposible sabelo a priori.
Poucas veces teño unha idea clara do que vou contar; con frecuencia non pasa dun leve e inconcreto desacougo que me vai roendo por dentro até que estoupan as ganas de indagar de qué se trata. O tempo de incubación oscila; tanto poden ser unhas semanas coma varios meses, durante os cales se produce a transformación da rocha bruta en croios que, se todo vai ben, se desfarán en areas miúdas sen que eu comprenda moi ben o proceso. Quizais comprendelo sexa o de menos -a pesar de intrigarme moitísimo- e o de máis, experimentalo.

Hai uns anos desesperábame a aparente inmobilidade na que caía porque a temía permanente; despois de varias veces, aceptei ese desconcertante funcionamento que me arrandeaba da alegría tola da redacción fluída á calma podre de golpe e sen previo aviso. Entón, durante días, atenazábame o medo."¿E se isto rematou, e se non hai máis?" preguntáballe a B presa de temor-pánico. El, moi tranquilo, ollábame sereno mentres soltaba "sempre che pasa o mesmo, muller; xa volverá".
Ignoro como o sabía, pero sabíao.
Agora que lle collín o tranganillo, non forzo a marcha, limítome a agardar. Confío en que nos recunchos do cerebro se estea cociñando a lume manso parte do estufado. E non acepta que lle metan présa.
26.2.05
Terceira cousa: a estilográfica
Veño dunha estirpe co prestixio que dá ser a primeira casa en construírnos; teño, pois, nome e apelido coñecidos a fartar. Por capricho do destino fun caer nas gadoupas -que non mans- máis torpes do Universo, incapaces de tratarme coa delicadeza esixida a un instrumento tan fino coma min. De xeito inopinado, nunha pausa no laborioso riscar, mentres intento tomar o aire que os dedos ao premerme me furtaron, zarandéanme a traizón obrigándome a trousar a metade da tinta entre mareos e arrepíos de verdadeiro espanto. Non se decata se caín ao chan ou me atopo en perigo de caer; corro riscos continuos de acabar tragada polo aspirador ou -peor aínda- tripada por enormes zapatóns. O dono desas mans é tan chambón, tan brután, que me esgallou a plumiña catro veces, rachoume a carapucha en dúas ocasións, polo van tronzoume un día de excitación febril e tenme o corpo todo rabuñado coma se o gato me usase de pedra de amolar.
Doce viaxes fixen xa á clínica suíza encargada de devolvernos a saúde; alí, entre algodóns, manexada por dedos amorosos, recupero a forma perdida, o amor propio, iso que agora chaman autoestima. Na mesa onde me opera espállanse lacas, baños de vapor, utensilios cativos expertos en cóxegas amables... O home que me arranxa sabe tratarme cos aloumiños e a firmeza xustos, nunca me manca.¡Gustaríame tanto ficar aquí e escribir só para el!

25.2.05
O que non contei onte

Na xuntanza de onte eu era a máis nova dos presentes e a única que falaba galego (ollo, non a única galegofalante). A promotora da idea, unha muller da zona que escribe poesía e pertence a unha asociación centenaria de escritores e artistas, comentaba o seu desexo de que ese taller literario chegase un día a converterse en asociación -aí empecei a alarmarme; carezo por completo de necesidade gregaria-; en canto dixo que se podía escribir en galego porque había que defender o da nosa región, a algúns escapáronselles varios brrr con sacudida de cabeza incluída e a outros, elocuentes e mudos acenos de rexeitamento. A min o da región retrotraeume ao século XIX con Manuel Murguía á cabeza e provocoume un leve arrepío; a reacción máis clara dos asistentes (ah, no, en gallego, no; yo en castellano), tamén.

Antes de chegar me ipso descubrín que todos eran galegos, da propia vila ou arredores; como moi lonxe, da cidade prehistórica. ¡Velaí a explicación de acenos e rexeitamentos! Debín de ter caído decontado.
Se ese ambiente non abondase para espertar en min a famosa e desacougante pregunta (¿que raios fago eu aquí?), logo pasou o que pasou. O devandito me ipso padecía case todos os males dos militantes de calquera partido gañador -á parte dos particulares-, manifestados en comparanzas desafortunadas, estereotipos máis ca rancios do inimigo e explotación do éxito.
Decateime de que pertencemos a mundos distintos, de que non procedía dar unha clase de historia nin de lingüística e de que xa non teño paciencia para escoitar estupideces nin para rebatelas. Que cadaquén se sublime como mellor lle praza, pero que non conten comigo como membro da claque; moléstame moitísimo o ruído dos aplausos.
24.2.05
Darlles sebo ás canelas
Des que chegou un dos participantes no presunto taller -eu chamaríalle con máis propiedade faladoiro-, o tema que motivara a xuntanza desapareceu de escena e centrouse nel. Loitador contra o franquismo, articulista, experto en historia e arte, conselleiro de todas as figuras importantes da veciña cidade, íntimo de canto nome coñecido lle saía pola boca, excelente cantante...; en fin. Había tempo que non me atopaba un caso tan puro de pedante irredento que se adora a si mesmo sen ningún disimulo.
Comecei a anoxarme á primeira barbaridade (esa cidade ten unha historia antiquíiiiiiiisima -insinuou que prehistórica-); ao escoitar a segunda (Viriato e Xulio César estiveron cara a cara -intúo que no alén-), xa me picaba o nariz; ante a terceira (o "emperador" Xulio César -os idus de marzo, unha anécdota sen importancia-), ardíanme as orellas. Cando ía pola cuarta, erguinme e marchei, feliz por non terme deixado levar pola mal entendida boa educación.
Unha hora antes asistira a unha charla sobre Alimentación e nutrición que non me achegou nada que ignorase; escoitei o resumo da enfermeira -nerviosa, a pobre- con interese, aínda que falaba coma un foguete, pero non resistín as preguntas do público, ávido por comentar o seu caso particular, concreto, detallado, con pelos e sinais....
Deilles sebo ás canelas dúas veces na mesma tarde. Dentro de nada poderei correr en calquera maratón.
(A persoa que pretendía enredarme acaba de telefonar para saber se sobrevivín. Tranquiliceina).

Enredos
Hoxe acudirei a unha reunión dun grupo de persoas que queren poñer a andar un taller literario, non sei se de escritura activa ou de comentarios de libros. Teño a sospeita de que quen me enredou pretende facer de min a guía e orientadora, papel que me atrae e repele a partes iguais, pois sería como volver á docencia pero sen os seus inconvenientes. Conto con material abondo para levalo adiante, así como con desexos de compartir, pero ignoro se as ganas e a saúde responderán. B anímame, claro; está empeñado en que saia do tobo e me relacione, en que semente o que el chama os meus saberes. Non sei por que, a miña reacción roza a timidez.
Será cuestión de ver como se desenvolve a xuntanza e observar a xente que quere participar, pois nestes casos a primeira impresión é importante para decidir. Supoño que acaberei picando. Á fin de contas sempre fun unha muller fácil.

22.2.05
Balances
Primeira parte
Escangallóuseme un rodete da impresora (bastante arcaica, polo que acabo de descubrir) e dinme na tenda que non compensa arranxala. Pois que ben.
A funcionaria da recadación municipal negouse a agardar un minuto a que o meu amigo M sacase cartos do caixeiro para pagar un recibo meu, necesario para vender ou dar de baixa o coche; pechoulle o portelo nos fociños porque xa era a unha. A iso chámaselle colaboración, si señora.
Unha amable señorita telefona do banco para informar de algo; pregunta por B; como non está, suxírolle que mo explique. Prefire volver intentalo cando el regrese. ¡Estupendo! Nin tempo me deu a dicirlle (quizais fose o mellor) que nesta sociedade os bens son gananciais.
Convídanme a participar nunha mesa redonda sobre a muller traballadora sen máis datos; procuro aclarar o tema concreto, mais a única resposta que obteño é: ti vai. A min, ¡que lle imos facer!, non me gusta improvisar máis ca en privado e a porta pechada. Ademais, xa non pertenzo á clase activa.
Segunda parte
Mañá fará un ano que comecei a escribir neste caderno (a presentación oficial foi algo posterior) sen saber moi ben por onde irían os tiros, animada polo inesgotable Cesare e a súa incombustible querenza cara a min. Non sinto esa ledicia unha miga tola que me enche cando chega o meu aniversario, pero estou contenta. Atopei un mundo ignoto con milleiros de cousas boas e unhas cantas non tanto, estreitei lazos que se semellan moito á amizade -ou sono- e descubrín a enorme gama de posibilidades que estes trebellos ofrecen. Pero sobre todo achei un afán colaborador e didáctico por parte dalgúns -en principio- descoñecidos que rebordou calquera expectativa (se a houbese). Imposible citar todo o que aprendín ao longo deste ano, nomear os blos que me interesaron e interesan ou as actividades que xurdiron a partir dos intercambios de opinión; aínda máis imposible explicar sentimentos provocados pola lectura dalgúns posts e a estraña rede de afectos que se me foi creando cos autores.
A pesar de que camiño menos tempo cada día, de que non tomo o aire tanto coma antes, de que por veces me meto en discusións baldías e de que incluso meto a pata con matemática frecuencia, foi e é unha boa experiencia. Así que, se mo permiten, felicítome a min mesma por aceptar a idea e dou as grazas a todos os invisibles que andan por aí. ¡Que dure!

21.2.05
Soidade

Paso bastante tempo en soidade e gústame pola cantidade de ocasións que me fornece de observar sen présa, cavilar sobre o que sucede e saborear a calma, acotío aparente, desta parte do mundo.
Sei que, se gozo dela, se debe ao lento proceso de aceptarme a min mesma e acabar por comprender que, á fin, non resultei tan mala compañía. Tamén me decato de que cómpre falar con outros de cando en vez, escoitalos e saber como pensan e senten. O bo da miña situación actual é a posibilidade de decidir cando e como podo relacionarme, sen experimentar o peso desa obriga que traen as circunstancias.
Decote me abafaron até romperme por dentro as obrigas excesivas, esas que unha non escolle nin está disposición de asumir mais non lle queda outro remedio que facelo. Cando lembro momentos así, volvo notar a angustia de atoparme no sitio trabucado e o desexo entolecido de fuxir. ¡Ah! A fuxida; ¿onde quedou esa necesidade xamais cumprida, esa ansia desbocada de estar xalundes? Por fortuna, hai tempo que non me visita, tanto que algunha vez me acode á cabeza, case sempre unida a unhas caras e a unha situación concreta que me atafegaban. O pracer é infinito cando sacudo a man e me digo: iso quedou atrás.
Fotografía: Tina Modotti.
19.2.05
Segunda cousa: a política
Nacín hai moitos séculos co fin de poñer un pouco de orde na convivencia humana. Catro cousas debían quedar claras: o benestar social, a colaboración entre as partes implicadas, o diálogo sensato e repousado e o intercambio de ideas. Semellaba sinxelo.
¿Por que, entón, me sinto tan aldraxada?; ¿por que o meu nome soa a obscenidade?; ¿como puido devir a miña nobreza en contubernio vil? Os que xuraron defenderme, ¿ulos? ¿Onde ficaron os intereses daqueles polos que xurdín?
¿Que me importan a min estas partillas de destras e sinistras? ¿Que valor teñen insultos, mentiras e montaxes? Escápame a utilidade da teimosía que descualifica; aínda menos comprendo retesías pasadas que en nada contribúen ao porvir. Perdeuse o meu espírito; utilízanme; engánanme; empórcanme... Convertéronme en rameira sen me consultar. E dóeme. Son xa maior para emprender batallas; non teño valedor capaz de limpar o lixo que me cobre. Esmorezo escoitando barbaridades multicolores no meu nome, languidezo de mágoa, sufro.
¡Por favor!, ¡que alguén me acuda!

18.2.05
Muxicas
Cóntame B, mentres xantamos nun local de Vila Real, que a aspiración de moitas alumnas é casar de branco e pola Igrexa, non por crer nun sacramento, senón pola festa e o banquete; ante os seus argumentos, a máis pelexona retrúcalle un contundente e iso qué máis ten que racha calquera intento de proseguir. A maioría está convencida de que, desde ese momento, contarán coa liberdade de facer o que lles pete da súa vida.
Para o seu estupor, case todos os alumnos de Alternativa á relixión acoden ás charlas preparatorias á Confirmación, malia ignoraren en qué consiste ese acto; van porque alí se atopan cos amigos e botan uns risos, amais de gozar do viño que lle rouban ao cura, de quen se burlan sen ningún reparo.
Continúan as ameazas, insultos e batallas a golpes entre mociñas ás que lles gusta o mesmo rapaz -neste caso, repetidor de 1º de ESO, pendente na orella e actitude de castigador-, se cadra porque lle ven un atractivo irresistible sen o que non poden vivir. O xefe de estudos viuse obrigado por algúns pais a mediar no asunto antes de que chegase o sangue ao río.
Damos os últimos grolos ao tinto e machicamos os últimos bocados escollidos buscando explicacións ao que, quizais, non as necesita. A pesar de todo, seguimos buscando (polo menos eu).

17.2.05
Corpo

Un dos aspectos positivos de practicar ioga é que nos fai máis conscientes do corpo, até o punto de descubrirnos músculos cuxa existencia ignorabamos e revelarnos o mal que respiramos acotío.
O profesor, pequenote, peludo e indeciso á hora de escoller unha postura, insiste moito en que non forcemos, que vaiamos pouco e pouco e que cada un chegue até onde poida sen fixarse nos demais. A min, que son flexible case coma unha contorsionista, corríxeme os excesos inconscientes cun semisorriso difícil de interpretar.

Esta semana trasladámonos ao pavillón, pois no local onde adoitabamos practicar vai demasiado frío; agora, grazas a un teito máis baixo, a calor non foxe e podemos concentrarnos mellor en respirar polo abdome, manter a postura, activar as coxas e chantar mans e pés con firmeza no chan, todo ao mesmo tempo. Imposible pensar asemade no obreiro que non apareceu a pesar de xurar que viría, no cabreo provocado polos amables funcionarios locais ou na maldita billa da bañeira que se estragou outra vez. A mente vese incapaz de abranguer tanto.
Se cadra acho de menos unha relaxación final máis dirixida, aínda que non me chegasen todas as palabras; coa liberdade que nos dá para percorrer o corpo e soltalo, para observar como se espalla a distensión, corremos o risco de centrarnos nun xeonllo cando deberiamos ter chegado xa ás meixelas.
Sospeito que, dalgún xeito, consegue o esperable: que saiamos do recinto sentindo que a calma navega indolente polo noso corpo.
15.2.05
Creatividade
Leo un libro sobre este tema para min intrigante, tratado, máis ca con amenidade, coa curiosidade que inspira o funcionamento desa faceta nas persoas que a posúen. Malia estar aínda nos primeiros capítulos, quédanme claras unhas cantas características do creador: a obsesión por unha idea, a perseveranza para levala adiante e a paciencia para non deixarse achicar polos erros. Unha grande parte deles pensa que a sorte tivo moito que ver no seu éxito, mais, como afirma o psicólogo de nome impronunciable, a sorte cómpre procurala (pon exemplos moi ilustrativos).
Caio por casualidade nos comentarios ao último post de La coctelera e non podo evitar que se me desate unha fervenza de sensacións; non coñezo a Almu en persoa nin a ningún dos seus comentaristas, non son psicóloga nin psiquiatra, nin me vai nada persoal neste asunto, pero saco unhas poucas conclusións a partir do meu particular xeito de ver a vida.
Primeira: Vénme á cabeza a frase dun antigo compañeiro de traballo cando me comentaba, hai algúns anos, unha charla ofrecida por unha poetisa bastante nova: Nesta cidade de provincias, Peke, o que non se perdoa é o talento. Seguimos, deduzo asombrada, nunha cidade de provincias.
Segunda: Internet encerra un cúmulo de aspectos positivos sen conseguir desterrar os negativos. Como ben di B, só é un medio empregado polos mesmos humanos que nos cruzamos cada día; a posibilidade de permanecer ocultos ábrelles as bocas para trousar a mala baba que lles empezoña a alma.
Terceira: A letra impresa continúa sacralizada para unha gran maioría; dá igual de que trate; o feito de venderse en librerías abonda para coidar afortunado o autor e, se é o primeiro libro que publica, para envexalo e desexarlle todas as pragas de Exipto.
Cuarta: Unha vez máis, alédame non posuír nada que poida suscitar a envexa de ninguén. Mesmo teño a boa sorte de contar cunha saúde nefasta.
Quinta: ¿Conseguiremos algún día un mundo feliz?

13.2.05
Primeira cousa: a sandalia
Fíxenlle un calo no pé, si; ¿e que? Así aprenderá a limparme e a mirar onde me mete. Tenme até as mesmísimas fibelas de envorcarme nas merdas de can; alí onde hai unha, ¡zas!, o zoupón tripa con saña por moi miúda que sexa. Logo coida arranxalo todo refregándome na herba, coma se a humillación inflixida se borrase dese xeito. ¿E o meu orgullo ferido? ¿E a miña dignidade? O coiro que me conforma, ¿non padece?; ¿a goma da miña sola non merece un chisco de precaución? ¡Que se amole!
Como non sabe pisar, fun desgastando unha febra, con paciencia, sen que el se decatase. Pensaba terme domado cando empecei a actuar; amodiño, ¡eh!; tanto, tanto que aínda río lembrando a cara de desconcerto que se lle puña ao sacarme.
Agora estou de vacacións.

12.2.05
Praceres solitarios
A reflexión de Ferran sobre Una historia de la lectura de Alberto Manguel retrotráeme varios anos, cando descubrín este autor que durante un tempo leu en voz alta para Borges. Daquela eu tamén lía en voz alta para gravarlle a un alumno cego o que el non podía acadar de seu; era unha tarefa moi gratificante que multiplicaba a ledicia de ler, se cadra porque implicaba compartir un pracer acotío solitario.
Esas tardes de accidentada gravación facíanme recuperar aqueloutras xa remotas en que, ao abeiro de calquera mirada, rodeada de andeis con libros ou sentada no chan do meu cuarto, absorbía o ambiente dun sanatorio de tísicos, secaba as salpicaduras dun mar pirata que me mollaban a faciana ao ritmo da tormenta ou reprimía con dificultade os arrepíos provocados polas miñas primeiras escaramuzas co crime. Lecturas desde unha inocencia que a mesma lectura comezaba a gretar.
Durante unha época esvaeume ese intenso pracer case físico de percibir recendos, perseguir malvados, pasear por parques e, en suma, conmoverme ante uns mundos construídos con palabras, e unha indiferenza alarmante insinuou o temor de non recuperalo xamais. Coma adoito, o tempo non entende de premuras; trabucábame, claro, pero aínda o ignoraba.
Desde entón volvín sentir bastantes veces a emoción xenuína ante unha imaxe ben elaborada, un pensamento exposto con xusteza e unha acción que arrastra sen atrancos. A última, en Marte da man de Ray Bradbury, nunha moi digna tradución, hai apenas dous días. O mellor, sen dúbida: pechar o libro e preguntarte desnortado ónde estás en realidade.

Cristal (cor)
Que me desculpe MH, pero creo que hai certa relatividade nos asuntos humanos. A desgraza pode adoptar moitas caras -ou se cadra perspectivas-, ao igual cá felicidade. O que sería no chamado terceiro mundo unha fortuna, no primeiro non pasaría de anécdota patética, e viceversa, que de todo hai.
Dóeme a cara por un implante que me debían ter feito anos atrás; grazas a el dentro duns meses poderei comer dese lado da boca. Digo poderei comer dese lado da boca con plena consciencia de que moitos non poden facelo de ningún; o que para min supón unha molestia pasaxeira -algo amolada- para outros sería síntoma dunha vida mellor, pois indicaría que ata ese momento podían comer dalgún lado.
Sen cinismo e con total sinceridade, estou convencida de que comer é un dos verbos máis fermosos de calquera lingua -e de calquera realidade.

10.2.05
Olladas
Din que os ollos comunican máis ca mil palabras, pero non o creo. Se os illásemos do resto da face, non entenderiamos a linguaxe; faltarían os pequenos e inapreciables movementos de pálpebras, cellas e meixelas, incluso os miúdos rictos da boca e do nariz, para interpretar a lectura. Grazas ao conxunto sabemos se unha ollada nos acolle ou nos rexeita, transmite empatía ou indiferenza, afecto ou aborrecemento; así e todo, podemos trabucarnos. Se o mirón usa lentes, as posibilidades de erro aumentan coas dioptrías, e non vale de moito que os retire porque os ollos conservan o embazamento típico de quen contempla a vida corrixindo a deformación.
En realidade, iso carece de importancia; o malo é ollar deforme desde dentro e negarse a recoñecelo.
9.2.05
Aboiando
Unha catarreira incipiente auméntame a verza varios graos e diminúe outros tantos a miña capacidade de concentración. Neste estado son capaz de cometer os erros máis rechamantes e babecos sen decatarme; as ideas deciden revoar polos arredores do cerebro sen aterrar en ningures e, así como pretendo pillar algunha, desaparece sen deixar rastro; certa frouxeira melancólica instálaseme nos adentros malia o meu pesar, e desisto de facer algo de proveito no que resta de día.
Mañá despedireime do coche para sempre; un dos mecánicos do taller mércamo antes de levalo a despezar para sacarlle o motor e as portas, pois ten un modelo igual ao meu ex. Alédome por el, que lle tirará proveito, e por min, que deixarei de romper a cabeza co asunto.
Unha cousa máis da miña vida recente á que cómpre dicir adeus, aínda que o xeito non sexa o máis desexable. Ás veces sospeito que as circunstancias se encargan de soltar lastre para obrigarnos a tirar para adiante e non mirar cara atrás, se cadra porque queda xa moi pouco que mirar.
Será verdade que a mellor maneira de pasar páxina é rachala.

7.2.05
6.2.05
Corrección de probas
Remato a primeira corrección das probas coa certeza de que, se escribise o libro agora, sería bastante diferente, exploraría outras vías e, se cadra, tería outro remate. Porén, malia os anos transcorridos, lembro en que condicións o escribín, o alento que me animaba, a mestura de xéneros que empreguei con plena consciencia, curiosa por indagar qué sairía de aí.
Daquela a escritura supoñíame unha fuxida da rutina, unha febre liberadora de tensións que aproveitaba ao máximo durante as vacacións arredándome de todo. B tiña que avisarme de que cumpría comer ou saír a pasear, pois eu permanecía amarrada ao ordenador apreixando ideas e perseguindo personaxes, ignorante de cal deles se ía desmandar, pero sabedora de que, máis tarde ou máis cedo, algún destacaría (sempre o fan). Malia que remataba o día cansa, mesmo apampada, gozaba cada minuto coma se fose o primeiro da vida.
Cando lin Fluir de Mihaly Csikszentmihalyi comprendín que iso era o que me ocorría ao embeberme na elaboración dunha historia. Sen dúbida, un dos estados máis prezados e gratificantes que coñezo.

5.2.05
Crebadura
Crébame o ánimo por enésima vez desde que se me instalaron os acúfenos. Están a piques de cumprirse seis anos do momento en que as circunstancias me deixaron este agasallo envelenado. Acotío vounos soportando porque a vida é, en xeral, fermosa e teño moito que agradecerlle, mais dez días seguidos con eles a tope de volume acaban por romperme, por facerme desexar un presente distinto. Aférrome á intuición de que o que son, o que me conforma, lle debe algo importante a esta doenza menor que, hoxe en día, continúa sen garantía de solución, pero témoa un consolo para non desesperar.
A propia existencia aprendeume que as épocas veñen por ciclos, que a unha fase de tormentas a segue outra de calma; seino; lévoo comprobado ao longo dos anos porque case todo é circular, coma a cegoña de Karen Blixen, pero isto rebórdame. O esquerdo, constante desde o comezo, varía segundo os avatares que concorran; o dereito -moi moi agudo- flutúa e experimenta subidas entolecedoras sen saber moi ben a qué responden, malia as probas realizadas (o cansazo físico ten que ver). Hoxe comportouse de xeito intolerable.
Agardo. Sigo agardando a que regresen a un nivel máis aturable.

3.2.05
Patíns
Esta é unha das dúas figuras que teño (amais dun pin coa súa cabeza) deste sabio distraído, un nadiña duro de oído e unha forza da Natureza cando se decata de que o ofenden. Na imaxe está a piques de sucumbir a unha falcatruada de Abdalah, o repelente e consentido fillo do emir Ben Kalish Ezab, mentres realizaba ensaios para un dos seus inventos: un fantásticos patíns a reacción.
O que máis me gusta das aventuras de Tintín é a variedade de escenarios en que se desenvolven, os detalles de ambientación de cuartos, vivendas e paisaxes e algúns personaxes, entre os que se non se conta o protagonista principal, quizais porque tal cúmulo de virtudes nunha soa peza me produce sarabullo; onde estean un ou dous defectiños que se quite a perfección.
Un aspecto semellante ao de Tornasol debino de ter eu a última vez que puxen uns patíns; non se me ocorreu mellor idea que lanzarme costa abaixo para coller carreira, despois de cinco anos sen usar ese medio de transporte. En canto me decatei de que non controlaba as marchas, intentei achegarme a un farol coa intención de frear polas bravas, mais non me deu tempo: o mozo coa que saía daquela montou no seu cabalo, cabalgou lixeiro e amarroume dun brazo antes de que eu chegase ao farol.
Aínda conservo a intriga de qué ocorrería se me tivese permitido salvarme a min mesma.
2.2.05
Rapazada
Por esta época do ano empezaba para min unha fase de tremor ante o mundo exterior que me facía conmover por case todo, dubidar do aprendido, emocionarme até as bágoas ao ollar a rapazada apertando os bolígrafos contra o papel mentres intentaban desvelar os misterios dos pronomes persoais. O futuro, o seu futuro, semellábame tan incerto e ateigado de atrancos que desexaba acollelos nos meus brazos e consolalos baixiño sen dicirlles o motivo da miña mágoa.
Nunca fixen tal, claro; non sería politicamente correcto e, se cadra, até me acusarían de acoso a criaturas indefensas ou de abuso de poder. Debía tragar os meus sentimentos, mais non podía evitar acariñalos coa voz, adozar o trato e esmerarme en explicar máis clariño o que lles custaba asimilar. Eles notaban que algo estraño sucedía e permanecían quietiños en silencio coma cachorros que reciben agarimos. Case sempre comezaba as clases léndolles un conto, debullando as palabras para eles, intentando darlles corpo aos personaxes para que, así, a aula se enchese coa presenza de Samba Bimbiri Baramba, a lingua cociñada por Orula para o poderoso Obatalá ou o doutor Sabelotodo que atinaba por azar; libros, cadernos e apeiros de escritura permanecía durmidos a unha beira mentres nós deambulabamos por África, Cuba ou Alemaña. As súas faces ávidas e relaxadas sabíanme a mel.
Ilusionábame a idea de que, durante uns intres, os nosos problemas se convertían en pequenas e remotas sombras, tan alleas, que non tiñan cabida no escenario; tan só estabamos nós, limpos de tristuras.
(Fotografía de Sebastião Salgado).
1.2.05
Última lectura
Mergulleime durante tres días nun mundo paralelo, ávida por saber qué ocorrería; Cornelia Funke e o seu Corazón de tinta foron os responsables. Malia determinados momentos nos que decae un chisco a intensidade, mantén o interese ao longo das súas case seiscentas páxinas.
Enganchoume a idea da que parte: algúns personaxes saen de Corazón de tinta pola voz dun lector. De cativa pasei unha tempada obsesionada coa posibilidade de que sucedese iso; ollaba os libros da casa con certo temor, preocupada por que de súpeto xurdise unha bruxa, un malvado ou -peor aínda- un orco pretendendo seguir a súa historia entre as nosas paredes. Eu estudaba na cociña, mais deixaba a porta aberta para controlar os ateigados andeis do corredor e asegurarme de que todo seguía en orde, de que ningún ousara traspasar as fronteiras de papel.
Volvinme ver cos deberes sobre a mesa de formica erguendo a vista de cando en vez cara á luz e sorrindo por dentro ao constatar que ningúns monstro horrendo me espreitaba para saltarme ao pescozo. Alédome de que aquela obsesión esvaese de seu, máis ca nada porque agora teño una sección abondo nutrida de asasinos e psicópatas.

Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)