10.3.04

Conta atrás
Xa queda menos para que remate a campaña. Como xa levo algunhas decepcións enriba, intento que a ilusión non se me desmande, porque logo pasa o que pasa. Se cadra fago mal, por aquilo de que de ilusión tamén se vive, pero estou farta de chascos, a verdade.
Se por min fose, reaccionaría coma moitos: con carraxe e impotencia. Pero convivo cun "Pepito Grillo" que me lembra a cada pouco que a democracia consiste niso: en aceptar a decisión da maioría. Claro que cantidade non implica calidade, por suposto, pero hai que roela.
Por se acaso, aos soñadores recoméndolles que vaian mercando 'Almax' (chámase así, ¿non?) en cantidades industriais, por se teñen que repartir...

Ningún comentario :