6.3.04

Trasnos
O Diccionario dos seres míticos galegos trae un feixe de descricións dos trasnos; malpocadamente ningunha me serve.
Áchome perante unha nova especie, nacida ao abeiro da nova tecnoloxía que me permite facer o que estou facendo; o fillo de mala nai presenta unha cor verde-grisácea, ten os ollos grandes e saídos, ningún pelo na súa cabeza de cabaza, enormes dentes roídos polo ácido da maldade e comprácese en levarme os dedos a botóns que non quero premer. O peor del, sen dúbida, é o riso abouxador con que tradea os oídos dos torpes.
Se non fose invisible xa o estaba poñendo fóra da casa.

Ningún comentario :