Eufemismos
Expresión con que se disfrazan, disimulan ou atenúan palabras tabú, expresións malsoantes, etc. Diccionario Xerais da Lingua.
Pregúntome qué pode ter de malsoante ou tabú palabras como cego, negro, branco, xordo ou xitano -por poñer uns poucos exemplos- para que se vexan substituídas por invidente, afroamericano ou persoa de cor, caucásico, discapacitado auditivo e membro de etnia itinerante.
Xa de cativa me chamaba a atención esa teima de non chamar as cousas polos seus nomes; agora, por riba, irrítame moitísimo e, como parte implicada, síntome ofendida se me din que son unha discapacitada auditiva. Non, señores, son xorda. ¿Que pasa?
Se buscamos transparencia, diálogo, claridade, comunicación, etc., etc., etc., ¿non se debería dunha boa vez chamarlle ao pan, pan e ao viño, viño.
Pois iso. Deixémonos de escurantismos lingüísticos. ¡Por favor!
Ningún comentario :
Publicar un comentario