Praceres
- Notar a brisa na face mentres o sol me acaricia.
- Pasear á beira do mar aspirando o seu intenso recendo.
- A luz do outono e da primavera camiñando sobre as árbores.
- Os solpores que se aprecian desde a casa na que vivo.
- A visita dun amigo disposto a unha longa conversa.
- Mergullarme nun bo libro acochada na butaca, ao abeiro da chuvia e do frío.
- As lapas que saltarican xogando na cheminea.
- A mirada sorrinte de B.
Ningún comentario :
Publicar un comentario