Sesión amenizada
Acudo a fisioterapia unha ou dúas veces por semana; non é unha visita que me esperte paixóns, pero como non me queda outro remedio, vou e calo. Hoxe, por segunda vez este mes, tocoume na mesma sala ca unha señora experta en queixumes e invocacións. "Aiaiaiaiaiaiaiai, ai Dios. Aiaiaiaiaiaiaiai, ai Dios; ai, Dios, ai, Dios, ai, Dios...". Así, sen a penas respirar, durante case toda a sesión.
A próxima vez, por se Deus non anda pola clínica, asegurareime de que me toca nunha sala diferente.
Ningún comentario :
Publicar un comentario