22.3.04

Regresións
Constato con certa sorpresa unha tendencia regresiva entre a mocidade; casar, ter fillos e seguir as convencións sen cuestionalas constitúen, outra vez, fins en si mesmos.
Experimento decepción ante o que para min é unha limitación de horizontes; paréceme triste que persoas de vinte anos non sintan desexos de saír da vila na que naceron, coñecer lugares e xente distintos nin buscar fortuna xalundes. Diríase que a curiosidade humana esmoreceu, abafada entre comodidades, pais comprensivos e demasiado compracentes e un desmedido afán de seguridade que ten moito de enfermizo.
Refúgase o provisional a idades cada vez máis temperás perseguindo un inmobilismo alarmante; espállase a idea de que o actual xeito de vivir é definitivo; fóxese da capacidade de sorprender e sorprenderse coma se dunha peste mortal se tratase...
Esa canción resúltame tan familiar que me asusta un chisco.

Ningún comentario :