19.3.04

Sobremesa nocturna
Punto de partida:
- Na miña vila e na vila onde veraneo gañou o PP, así que gañamos.
- Que non se achegue ese petroleiro á nosa costa, porque lle mandamos un canonazo e punto.
Entre medias:
- ¿Decátaste de que ten a mesma idade có Papa e meu pai?
- ¡Vaia trío! Capitán Trueno, Goliat e Crispín.
- Telo difícil para distribuír os papeis.
- Polas bobadas que di, será Crispín.
- Polas arroutadas e a vitalidade, Goliat.
- Por "Santiago y cierra España", o capitán Trueno.
- (A coro:) He, he, he...
Desenlace:
- Polo menos meu pai non vai facendo o ridículo en público.
- Nin lle fai dano a ninguén...
- ¿E se se presenta outra vez? ¡Terá oitenta e cinco anos! É antinatural.
- Si, pero sabe que é o único que pode manter unido o PP galego, hoxe por hoxe, unha gaiola de grilos.
- Vai quedar seco o día menos pensado nunha desas festongadas ás que se empeña en acudir.
- Aos seus, con tal de manter a súa parcela de poder, dálles igual.
- ¡Pero chochea! ¡Fíxate nas bobadas que di! É vergonzoso...
- Por suposto, pero... se o seguen votando...
Epílogo:
En ano e medio poden pasar moitas cousas, incluso que se derrame un marcapasos de xeito irreversible.

Ningún comentario :