3.10.04

Estupores recentes
- Ao César o que é de César, a Deus o que é de Deus. Díxoo Cristo hai unha morea de tempo. ¿Por que a igrexa católica non o aplica e deixa de meter os narices nas competencias de César?
- Aos psiquiatras só van os tolos. Escoiteillo a un señor hai uns días. Así lle vai.
- Somos illas, illas, Peke. Negueime a aceptalo no seu momento. Agora navego nun mar de incertezas. Nado fatal.
- A xente fala, xa sabes como é. Non, non sei cómo é. E se fala, ¿que?
- ¿Como permites que B che limpe as botas? ¡Que abusona! Soltoumo unha presunta feminista. Sen comentarios.

Ningún comentario :