Novelas
Rematei hai uns días esta de Petros Márkaris, un escritor grego de quen non hai moito traducido; coñecino por Defensa cerrada e entráronme ganas de lerlle máis.
A novela negra é coma un xogo, vaite levando paseniño á resolución dun problema asemade que plasma atmosferas moi diversas, mundos e submundos, caracteres e tipos humanos variados. As boas, claro; as malas quedan nun quero e non podo insufrible.
En Suicicio perfecto de Márkaris cheguei a sentirme abafada pola calor de Atenas e indecisa e superada pola conflitiva situación social que amosa; en canto á política, por momentos coidei acharme ante a de España e non a de Grecia, aínda que intúo que en todas partes cocen fabas.
Non a destripo.
Ningún comentario :
Publicar un comentario