13.10.04

Tacháaaaaaan... (A Teki, cun sorriso)
Robaliza.jpg Esta cara de pasmo é a miña afillada. As últimas novas que teño dela é que xa abandonou o niño e anda por libre, aínda que se reúne de cando en vez cos irmáns.
Supoño que agora o seu aspecto non se semellará tanto a unha mopa nin os ollos, á luz ámbar dos semáforos. A primeira vez que a vin pensei nun alucinado, e gustoume.
A súa independencia foi precoz, seica; saíu de excursión antes cós irmáns. Non hai coma as femias decididas. Para tímidos abondan os machos.

Ningún comentario :