Goma e cartón
Hai persoas que son coma pelotas de goma: dáslles un golpe, perden a forma durante uns segundos e axiña a recuperan sen máis secuela ca unha tenue lembranza (ás veces, nin iso). Porén as que son coma caixas de cartón acusan o golpe, quedan deformes un tempo, case paralizadas, e devagar volven á forma primitiva con algunha marca ou pregue que antes non estaba.
As de goma rebotan; as de cartón desgástanse.
Ningún comentario :
Publicar un comentario