A hora do té
Tomo té branco con tomiño pensando en Teki, unha persoa excelente e abnegada coma poucas. Collo a cunca e brindo por ela cara a esa teteira tan bonita que atopei (e nunca mercarei). O té está un chisco frío, pero sábeme mellor ca nunca.
Coma case todos, valoro máis o que me custa conseguir có doado, e abofé que me deu traballiño meter esta foto.
Grazas, Teki. ¡Por ti!
Ningún comentario :
Publicar un comentario