1.5.04

Achado
Onte lin Paycheck y otros relatos de Philip K. Dick. Aínda que Blade Runner me entusiasmara no seu día -tanto que teño o vídeo na casa-, nunca lle lera nada, quizais por falta de ocasión ou de...valor.
Como agora xa non teño medos que me impidan durmir, mergulleime nos tres relatos sen saber moi ben qué ía atopar; engulinos nunha hora, máis ou menos, e conteillos a B mentres ceabamos. O segundo, 'Colonia', deixoume un sabor algo amargo, como cando era cativa e me amolaba que os heroes non se salvasen. Curiosa reacción. O terceiro, 'Roog', exerce un efecto inquietante que permanece nas neuronas entre calafríos e mal corpo. Eterno problema o da falta de comunicación entre as especies.
En fin, 'Paycheck (La paga)', o primeiro, é o menos desacougante, probablemente porque o protagonista demostra ser máis listo cás circunstancias, por suposto adversas.
Sospeito que recuncarei.

Ningún comentario :