29.5.04

Cousas que Peke non sabe
Prodúcese un fenómeno curioso de cando en cando nos comentarios dalgúns blogs; como non quero ferir susceptibilidades, non poñerei nomes nin citarei ningún en concreto.
O asunto ao que me refiro é o seguinte: coinciden nos comentarios varias mulleres, intercambian opinións e ideas de xeito pacífico, sen acritude ou cunha miga dela, pero sempre con cortesía. Algún home chega alí e, non sei por qué, apenas entra en materia, descúlpase por participar ou faino con reticencia, mesmo con certo temor.
Posibles explicacións:
- Non lle interesa abondo o tema.
- Interésalle máis ou menos, pero cóutase. (¿Por que?).
- Asústalle atoparse só entre as mulleres. (¿Por que?).
- Menosprézaas.
- Considera certas cuestións típicamente femininas e exclúese porque cre que non van con el.
- En calidade de macho historicamente privilexiado, non ten a conciencia tranquila e foxe do que intúe polémico.
- Descoñece aspectos da mente feminina que se nega a intentar comprender; demasiado esforzo, pensa.
- É un covarde.

O fenómeno contrario rara vez ocorre. Comprobeino.

Ningún comentario :