2.5.04

Curiosidades
Se damos unha ollada á poesía (atreveríame a dicir que á literatura en xeral) de todos os tempos, é doado constatar que a melancolía, a tristeza e os sentimentos desa gama resultan moito máis doados de expresar cós da ledicia. Aínda non descubrín se se debe a que a primeira se pode matizar mellor, se é máis rendible literariamente falando ou se ese tema interesa máis.

Porén, estou contenta, incho a tope os pulmóns e sinto a forza do osíxeno percorréndome as veas; latexa o corazón acompasado, lixeiro e feliz, coma outros días quizais, pero máis pleno. ¿Por que? Por nada en especial, se cadra só por saberme viva.

Ningún comentario :