10.5.04

Funís
Hai imaxes que insisten en permanecer na retina; todos sabemos cáles son. Onte, día 9, Vendell amosa unha abondo estarrecedora, pero hai máis; circulan nos xornais.
Non son tan inocente como para preguntarme por qué suceden cousas coma esa; humillar outros seres humanos semella un deporte que se practica de xeito gratuíto, non se sabe con qué fin; quizais eses soldados necesitan sentirse poderosos -a escusa de obedecer ordes só merece un se ti o dis...- esmagando dignidades.
O peor do asunto é que, de acontecer ao revés, non chegarían as armas existentes para borralos do planeta.
Sinto unha especie de noxo tan profundo que me retorce a face.

Ningún comentario :